Deputación de Lugo
A Fundación TIC da Deputación, a través do InLugo, impartirá 36 cursos e obradoiros gratuítos de novas tecnoloxías para lucenses de máis de 55 anos no segundo trimestre de 2017. O Presidente, Darío Campos, presentou este xoves o programa de actividades, que suman un total de 471 prazas, da que 371 requiren inscrición previa.
Campos Conde, que estivo acompañado pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, afirmou que “con estas actividades, todas elas gratuítas, prestamos un labor social e promovemos o envellecemento activo dos lucenses, xa que o uso das novas tecnoloxías axudan á xente maior no benestar do seu día a día e facilitan a comunicación cos seus familiares e amigos”. Ademais, o Presidente anunciou que “algunhas das novidades deste trimestre están orientadas ao fomento da vida saudable e a favorecer habilidades cognitivas e psicomotrices...
leer más