A Mariña
O Pazo de San Marcos, en Lugo, acolleu este martes a presentación da XIII edición do torneo de fútbol sala base Heroes do Orzán, que reunirá na Mariña equipos de base en memoria de Rodrigo Maseda Lozano, policía burelés que perdeu a vida ao intentar rescatar a un mozo na praia coruñesa do Orzán en 2012 xunto a outros dous compañeiros -José Antonio Villamor e Javier López-
O torneo, organizado pola Fundación Imdecum co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, celebrarase do 25 ao 29 de xuño en pavillóns de Burela (Vista Alegre e Monte Castelo), San Cibrao (A Veiga), Xove, Viveiro e Foz (Marzán), “unha sede compartida que estende pola comarca o seu impacto social e económico, ademais de reforzar a proxección do Burela FS como referente deportivo”, explica a Vicepresidencia da Deputación, que anuncia: “o torneo reunirá máis de 1.100 xogadoras e xogadores de 97...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense mantivo este martes a primeira reunión con representantes das 20 empresas de produtos e servizos turísticos novos que aspiran a acadar a distinción Compromiso de Turismo Responsable dentro do programa de Sostibilidade, Intelixencia e Calidade Turística no Ecosistema do Destino (SICTED). A adhesión ao SICTED na Mariña é totalmente gratuíta e contempla no seu proceso a realización de catro seminarios formativos e diversas visitas individualizadas para os establecementos participantes.
Esta reunión é a primeira das formacións presenciais previstas nesta convocatoria. Neste mes de xuño están tendo lugar ademais visitas individuais aos servizos adheridos, para sentar as bases de coñecemento e de traballo para cada entidade de nova inscrición máis os que xa estaban no programa. O proceso retomarase...
leer másO Foro Social da Mariña organiza unha conferencia coloquio titulada Transporte, Mobilidade e Accesibilidade na Mariña: Situación e alternativas. Celebrarase este venres, día 19 de xuño, ás 20 horas no salón de actos do CENIMA de Foz e terá como ponente a Miguel Pazos Otón, profesor titular de xeografía humana da Universidade de Santiago de Compostela, integrante do grupo de investigación ANTE (análise territorial) e do IDEGA.
O Foro Social da Mariña anuncia que a conferencia versará sobre cuestións como “A Mariña funciona como unha cidade lineal de 70.000 habitantes repartidos pola costa, con ramificacións cara o interior; na actualidade existen importantes carencias no eido do transporte, mobilidade e accesibilidade; estas eivas afectan á mobilidade tanto cara e desde o resto do territorio galego como á propia vertebración...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense está presente na feira de turismo TUREXPO Salón Turístico de Galicia 2026, que se celebra desde hoxe e ata o vindeiro 7 de xuño na Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda. A entidade participa por primeira vez neste foro turístico, fortemente vinculado ao medio rural e que este ano chega á súa 48ª edición. Trátase dun punto de encontro principal no noroeste peninsular cunha gran capacidade para xerar negocio, interacción e información sobre o sector turístico, tanto a nivel nacional como internacional.
A Mancomunidade está presente cun stand situado no pavillón 2 no que se atenderá a todas as persoas que se acheguen na procura de información sobre o destino. Ademais, o persoal técnico da Mancomunidade aproveitará para establecer sinerxias no obxectivo de consolidar o destino...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense xunto a SEGITTUR presentaron hoxe en Barreiros o Plan de Impulso para a Creación e Consolidación de Experiencias Agroturísticas. Este proxecto desenvólvese ao abeiro do programa MISEA, impulsado pola Secretaría de Estado de Turismo a través de SEGITTUR, e ten como obxectivo mellorar a competitividade dos destinos turísticos mediante a innovación e a sostibilidade. Así, apoia especialmente aos destinos rurais, promovendo experiencias agroturísticas que diversifiquen a oferta turística, atraian novos visitantes e contribúan á desestacionalización. Ademais, este tipo de iniciativas xeran novas oportunidades de negocio, emprego e ingresos complementarios para as explotacións agropecuarias, favorecendo tamén a colaboración entre o sector turístico e o sector primario.
A Mariña foi o único destino...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense inicia o proceso de ampliación e seguimento do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos (SICTED) para este 2026, abrindo un novo período de adhesión dirixido ás empresas e servizos turísticos da comarca. O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 12 de xuño.
A adhesión ao SICTED na Mariña é totalmente gratuíta e contempla a realización de catro seminarios formativos e diversas visitas individualizadas para os establecementos participantes. As prazas estarán limitadas por sectores para garantir unha representación equilibrada dos servizos adheridos.
As persoas interesadas en obter máis información ou formalizar a súa adhesión deben contactar a través do correo electrónico ...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense e a Universidade da Coruña (UDC) organizan para o vindeiro mes de xullo un curso de verán baixo o título Emprender no sector turístico na Mariña Lucense, que se desenvolverá do 6 ao 9 de xullo en horario de 16 a 21 horas na antiga escola de San Cosme de Barreiros. Esta acción formativa, dirixida tanto ao alumnado universitario, como ao público en xeral e profesional, ten como obxectivo achegar coñecemento, habilidades e competencias profesionais interesantes de cara ao emprendemento.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explica que “a través de obradoiros e diferentes dinámicas con profesionais do sector, traballarase en temas tan interesantes como a análise de competencia, o modelo de negocio, o descubrimento de clientes, a avaliación financeira, a estratexia e o posicionamento...
leer másEste luns, 4 de maio, partiu desde Foz un grupo formado por representantes técnicos da Mancomunidade de Concellos da Mariña e de establecementos distinguidos no SICTED, xunto con persoal técnico dos Concellos, para visitar durante os vindeiros tres días a Reserva Natural da Biosfera de Urdaibai, no País Vasco. Esta viaxe de prospección -no marco do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña e máis concretamente no programa do SICTED, cofinanciado pola Mancomunidade, Xunta de Galicia e Secretaría de Estado de Turismo (SETUR)- ten como obxectivos “coñecer o modelo de gobernanza e xestión deste enclave natural vasco, así como achegarse ás experiencias e boas prácticas de xestión turística que as diferentes entidades desenvolven na zona”.
A través desta iniciativa, impulsada pola Mancomunidade, "trátase de observar no territorio como se...
leer másA oitava edición do Rallye da Mariña Lucense celebrarase esta fin de semana, do venres 8 ao domingo 10 de maio e será a terceira proba do Campionato Galego de Rallyes de Asfalto 2026. A súa base estará no concello de Viveiro e transcorrera tamén polos municipios de O Vicedo, Cervo, Xove e Burela.
A organización explica que “constará de 3 treitos diferentes, todos eles a triple pasada, tendo un total del 105,09 quilómetros cronometrados e un total de 365,41 quilómetros”.
“A gastronomía é un elemento singular na identidade dun territorio, polo que recuperala, coñecela e difundila é un exercicio que enriquece e achega recursos propios para medrar de maneira sostible”, destaca a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense. E neste contexto, foi presentado en Barreiros o Receitario básico da cociña tradicional da Mariña, un libro que recolle unha parte da riqueza gastronómica deste xeodestino a través de diferentes elaboracións culinarias. A publicación foi promovida pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense no contexto do proxecto Turismo Slow Norte de Galicia e en colaboración co Colectivo de Gastronomía de Galicia no marco dos convenios anuais de colaboración en turismo coa Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia. “O seu obxectivo é poñer en valor as materias primas e as súas elaboracións máis vencelladas ao...
leer más












