A Mariña

27/08/2024

Esgotadas as prazas para a segunda xeoruta en barco ao Fuciño do Porco, que organiza a Mancomunidade de Concellos da Mariña ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística. Esta viaxe terá lugar o 21 de setembro. 

A primeira foi o pasado domingo, 25 de agosto. Os participantes puideron embarcarse nunha lancha a través da ría de Viveiro ata este peculiar lugar, pasando por fermosas praias e cantís. Esta nova xeoruta permitiu coñecer dun xeito diferente a xeoloxía da ría de Viveiro; en especial, puideron observar a gran diferenza de rochas entre ambas marxes, así como a orixe da ría en relación coa falla de Viveiro.

As persoas que puideron gozar desta espectacular xeoruta chegaron procedentes de Madrid, Ribadeo, Foz, Mondoñedo e O Vicedo.  

Aínda quedan prazas libres para as outras actividades...

leer más
22/08/2024

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense vén de abrir novas datas na programación de actividades de Xeoturismo, posto en marcha o pasado mes de decembro a través do Plan de Sostibilidade Turística 2022-2024, logo do éxito acadado na convocatoria lanzada a pasada semana, que cubriu practicamente a totalidade de prazas ofertadas. O PST está cofinanciado pola Mancomunidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.

Fuciño do Porco
A ruta en barco ata o Fuciño do Porco esgotou as 12 prazas ofertadas para o 25 de agosto en cuestión de horas, polo que foi programada unha segunda data para o 21 de setembro que, ao igual que a primeira, será unha xeoruta en barco ao Fuciño do Porco con saída desde Viveiro, guiada polo xeólogo Fran Canosa.

O acceso desde terra a este punto a través das populares...

leer más
Etiquetas:
12/08/2024

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense retoma a programación de actividades de Xeoturismo, posto en marcha o pasado mes de decembro a través do Plan de Sostibilidade Turística 2022-2024, que está cofinanciado pola Mancomunidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.

O 25 de agosto terá lugar unha xeoruta en barco ao Fuciño do Porco desde Viveiro, guiada polo xeólogo Fran Canosa. Esta actividade volverá programarse en setembro con data pendente de confirmación. 

O acceso ao Fuciño do Porco desde a terra ata ese punto a través das populares pasarelas está pechado actualmente e ata novo aviso, polo que esta actividade é unha proposta única para poder coñecer de preto o Fuciño do Porco desde a perspectiva que tiñan os mariñeiros que o bautizaron con este nome, coñecer e entender moito mellor...

leer más
22/07/2024

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro Profesional promovido pola área de Cultura, que inclúe 59 representación de 14 compañías por toda a provincia.

Trécola Producións, Xamón Producións, Ítaca Teatro, Ubú Teatro,
Pinconús, Teatro do Miolo, Señor López Producións, Satori Teatro, Baixo
da Area Teatro, Lîlâ Teatro, Bátega Teatro, Mocromina Títeres, A
Compañía Solitaria do Dr. Monifate e Loia Producións xirarán cunha
vintena de representacións ata decembro. As propostas escénicas están
destinadas a distintos públicos, desde teatro de títeres para público
novo ata montaxe con gran peso do baile tradicional e da música en
directo na escena ata adaptacións teatrais de textos literarios como
Poeta en Nova York.

A deputada de Cultura, Iria Castro, sinalou que con este ciclo “a...

leer más
Etiquetas:
19/07/2024

A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López Moreno, participou este venres na presentación da XI edición do Festival Bal y Gay, que se celebrará en diferentes escenarios da comarca da Mariña entre o 8 e o 23 de agosto e que conta cunha colaboración por parte da institución provincial de 12.000 euros. Neste acto de presentación, que se desenvolveu no CENIMA focense, tamén participou a Presidenta da Mancomunidade da Mariña Lucense e Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López Hermida,e o Presidente da Fundación Bal y Gay, Enrique Rodríguez Baixeiras, entre outras autoridades. 

Carmela López avanzou que “este encontro de música clásica é xa un auténtico referente no panorama artístico, non só da comunidade galega, senón tamén no resto de España” e sinalou que “a comarca da Mariña converterase no epicentro da música...

leer más
04/07/2024

A Xunta de Galicia impulsa unha variada oferta cultural en  10 concellos da Mariña a través do programa CulturON 2024. O delegado territorial, Javier Arias, presentou hoxe na Delegación Territorial os detalles da programación, ques se prolongará ata setembro e abrangue espectáculos de teatro, música ou maxia pensados para todos os públicos.

Arias destacou a aposta pola descentralización deste programa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, con iniciativas en boa parte dos municipios da provincia e moi especialmente nas zonas rurais, en liña cos obxectivos da futura Rede Adival e da Lei de Cultura inclusiva e accesible de Galicia. Ademais, brinda ás industrias culturais galegas a oportunidade de amosar o seu traballo ao público en todo o territorio.

Inclúe proxectos propios da Administración autonómica ou...

leer más
03/07/2024

A Mancomunidade de Concellos da Mariña organiza este sábado, 6 de xullo, unha xeoruta polo pregue xigante, en Barreiros. Esta actividade enmárcase dentro do programa de xeoturismo do Plan de Sostibilidade Turística, que está cofinanciado pola Mancomunidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.

A xeoruta do pregue xigante dará comezo ás 10 da mañá e será guiada polo xeólogo Iván Rodríguez. A duración será dunhas tres horas. Os asistentes terán a oportunidade de coñecer a incrible viaxe dunhas rochas que se depositaron hai 500 millóns de anos na costa dun antigo continente do hemisferio sur para atoparse hoxe no  litoral de Barreiros despois de pasar polas raíces dunha montaña tan alta como o Himalaya. As persoas que acudan a esta actividade verán os pregues que as deforman e as intrusións de magma que as atravesaron. E...

leer más
Etiquetas:
25/06/2024

En  Viveiro foron presentados o Plan Director de Turismo Gastronómico da Mariña e o Colectivo de Gastronomía da Mariña, xurdidos ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística xestionado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña. 

A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, dixo que “o Plan Director de Turismo Gastronómico na Mariña é un proxecto que xurde no contexto do Plan de Sostibilidade Turística xestionado pola Mancomunidad de Concellos e cofinanciado pola Xunta de Galicia, a Secretaría de Estado de Turismo e pola propia entidade coa colaboración tamén da Deputación de Lugo”. 

López contou que “con este acto, que celebramos hoxe en Viveiro, pretendemos darlle visibilidade ao traballo realizado nos últimos meses no ámbito do impulso e promoción do turismo gastronómico na Mariña. Un destino, que pola súa...

leer más
24/06/2024

O Foro Social de Mariña organiza ás 20 horas dos días 27 e 28 de este mes, no CENIMA de Foz, sendas mesas redondas, coa intención de coñecer máis de preto a realidade e o alcance da xestión que nos concellos da comarca estase a realizar na área de servizos sociais básicos, e dar visibilidade ao traballo social despregado para atender as necesidades dos maiores e das persoas e colectivos vulnerables, así como avaliar a suficiencia dos recursos humanos e materiais empregados na súa atención.

Así mesmo, o Foro Social da Mariña quere agradecer a tódolos concellos da comarca e ás súas áreas de servizos sociais comunitarios a súa colaboración para facilitar a información e os datos precisos para obtermos unha mellor comprensión da realidade e posibilitar a celebración das palestras.

Na primeira mesa redonda, a do día 27...

leer más
Etiquetas:
18/06/2024

O Portiño de Morás, en Xove, acolleu esta tarde a presentación das dúas novas audioguías ficcionadas da Mancomunidade de Concellos da Mariña. Son as de Xove e Burela, que se unen ás outras sete xa estreadas hai tempo. No acto intervirona presidenta desta entidade e alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, a alcaldesa de Burela, Carmela López, a xefa de área de Turismo de Galicia en Lugo, Paloma Vázquez, e Xesús Ron, de Chévere Teatro.

Trátase dun produto turístico que, coma noutros casos, se realizou co participación dos respectivos Concellos, responsables de Concellerías e dos seus técnicos, historiadores e veciños que axudaron a transmitir a historia de cada lugar a Chévere (Premio Nacional de Teatro, 2014), quen se encargou de darlles forma.

Un produto turístico que, nesta...

leer más