musica

Etiquetas:
07/04/2026

Concello e Acisa poñen en marcha unha nova edición da campaña Domingueo en Ribadeo co obxectivo de promocionar as compras no comercio local os domingos pola mañá e o consumo na hostalería local. A música inundará os recunchos da vila durante os mediodías de sete domingos desde o 19 de abril ao 21 de xuño. 

A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, dixo que “a primavera en Ribadeo é época de domingueo, unha campaña que ten como obxectivo promocionar o comercio e a hostalería local. O feito de que o comercio abra en domingo xa atrae a moitas persoas durante todo o ano e do Domingueo en Ribadeo é un atractivo máis  para vir pasear por estas fermosas rúas, comprar no noso comercio e terracear con amigos e familia disfrutando dun vermú acompañados dun toque musical”.

E indicou: “desde o Concello xunto con Acisa...

leer más
Etiquetas:
23/03/2026

Rinlo acollerá a terceira festa gastronómica do mexillón o vindeiro 3 de abril. O evento foi presentado pola Asociación de Veciños o Cantal e polo Concello de Ribadeo. 

Conchita González, presidenta de O Cantal, comentou que “dende a Asociación de Veciños O Cantal, vimos de presentar, e como non a animarvos a que nos acompañes na terceira edición da festa gastronómica do mexillón. O vindeiro 3 de abril temos unha cita imprescindible en Rinlo, un fermoso pobo mariñeiro, coñecido polo seu carácter tradicional, polas súas cetarias e pola excelente gastronomía ligada ao mar. Nesta ocasión volve ser o gran protagonista o mexillón, un produto estrela que poderedes degustar nun ambiente festivo e mariñeiro único”.

E relatou que “para acompañar esta xornada gastronómica contaremos coa actuación dos Festicultores e coa...

leer más
Etiquetas:
12/02/2026

O Grupo de Corda do Conservatorio de Viveiro e a compañía teatral Andanzas ofrecerán un espectáculo conxunto este venres, día 13 de febreiro, ás 20:00 horas no Teatro Pastor Díaz. A entrada é de balde.

O Concello de Viveiro anuncia que “con motivo do Día de San Valentín, Viveiro énchese de emocións, música e literatura. O Grupo de Corda do Conservatorio de Viveiro e o Grupo de Teatro Andanzas, de Viveiro, únense nun espectáculo único onde a música e a palabra dialogan sobre o escenario. Unha proposta cultural para sentir, escoitar e compartir”.

11/11/2025

Burela acollerá este sábado, día 15 de novembro, o evento Ritmo pola esperanza, organizado pola Asociación Esperanza. A música e a ximnasia rítmica únense nunha cita para a loita contra o cancro, anuncia o Concello de Burela.

Actuarán a Escola de Ximnasia Porta Norte, os grupos Blood Skeleton e  Desta Vai, de Burela, e tamén haberá algunha sorpresa. Ademais intervirá Jorge Barbazán García, investigador principal Laboratorio de Oncoloxía Médica Traslacional (ONCOMET).

Será na Casa da Cultura de Burela desde ás 20:00 horas.

Etiquetas:
16/09/2025

A Escola Municipal de Música de Burela pon en marcha este curso unha nova materia, de produción musical, “pensada para todas as persoas que desexen achegarse por primeira vez ao mundo da creación sonora. Non se requiren coñecementos previos nin equipamento profesional, aínda que se recomenda dispoñer dun ordenador para aproveitar mellor as prácticas”, anuncia o Concello de Burela, que explica: “a materia, de carácter eminentemente práctico, permitirá ao alumnado gravar varios temas ao longo do ciclo, explorando todo o proceso creativo; dende a composición e os arranxos ata a gravación, mestura e mástering. Tamén se traballará con estacións de audio dixital (DAWs), síntese, sampling, programas de notación musical, protocolo MIDI e procesamento de sinais. O obxectivo é que cada proxecto persoal sexa motor da aprendizaxe e permita coñecer de primeira man as técnicas e...

leer más
Etiquetas:
09/09/2025

Do luns 15 ao venres 19 de setembro haberá Xornadas de Portas Abertas na Escola Municipal de Música de Burela, que está na Casa da Xuventude (Rúa da Igrexa). Serán de 17:00 a 20:00 horas.

O Concello de Burela explica que é “unha ocasión perfecta para: coñecer o centro e o profesorado, probar instrumentos, informarte sobre a oferta educativa. A Escola ofrece clases para nenas e nenos dende os 4 anos, ademais de formación para persoas adultas e agrupacións musicais. O prazo de inscrición está aberto ata o 30 de setembro. Non quedes sen a túa praza! Ven descubrir a música con nós e forma parte da Escola Municipal de Música de Burela!”.

As persoas interesadas poden obter máis información a través dos teléfonos 982.879.483 ou 982.580.720.

Etiquetas:
01/09/2025

O Concello de Xove informa que do 2 ao 30 de setembro de 2025 permanecerá aberto o prazo de solicitude de matrícula para a Escola Municipal de Música de cara ao vindeiro curso 2025-26.

As persoas interesadas deberán cubrir a ficha de solicitude, que poderá recollerse directamente no Rexistro do Concello ou ben descargarse da páxina web municipal www.xove.es. Unha vez cuberta, poderá entregarse no devandito Rexistro ou a través da Sede Electrónica adxuntando o impreso de solicitude cuberto.

Dado que as prazas son limitadas, dende o Concello recoméndase inscribirse canto antes.

O 6 de outubro publicarase o listado definitivo de persoas admitidas para o curso 2025-26 na Escola Municipal de Música de Xove.

 

Etiquetas:
01/09/2025

O Concello de Burela informa de que xa está aberto o prazo de inscrición para o curso 2025/2026 na escola de música municipal desde este luns, 1 de setembro, ata o vindeiro día 30 deste mesmo mes. As prazas, dispoñibles para todas as idades a partir de 4 anos e en diferentes instrumentos, son limitadas.

Para matricularse e para obter máis información, a veciñanza poderá chamar ao número de teléfono 982.580.720, escribir ao correo electrónico escolademusica@burela.org ou acudir á propia escola na súa ubicación, en rúa do Cancelo, 1.

O tenente de alcaldesa en Burela e concelleiro responsable da Escola, Mario Pillado, anima á veciñanza “a participar neste novo curso aprendendo un novo instrumento ou coñecendo máis sobre esa fermosa arte que é a música” e destaca que “a...

leer más
Etiquetas:
27/08/2025

Burela prepárase para vivir unha semana na que a música será protagonista coa celebración do XV Curso Interdisciplinar de Música, organizado pola Escola Municipal de Música de Burela. A actividade desenvolverase do 2 ao 7 de setembro en horario de mañá, de 10:30 a 12:00 horas, e está dirixida a nenos e nenas a partir dos 4 anos de idade.

“Durante o curso a cativada participará en actividades musicais variadas, nas que traballarán o ritmo, a voz e a práctica instrumental, adaptadas á súa idade. Terán a posibilidade de familiarizarse cos instrumentos de corda, vento e percusión, convertendo cada sesión nun espazo de aprendizaxe creativo e divertido”, segundo explicou o tenente da alcaldesa de Burela, Mario Pillado.

O broche final desta edición será o domingo 7 de setembro cunha actuación do alumnado no Cantiños da...

leer más
Etiquetas:
21/08/2025

O Campo da Cabana en Foz será o escenario da V Panceparty, unha cita gastronómica e musical que terá lugar o sábado 23 de agosto a partir das 20:00 horas.

A festa arrincará xa ao mediodía cunha sesión vermú desde as 13:00 horas, que servirá para ir quentando motores nun ambiente festivo.

Os asistentes poderán gozar de dúas opcións gastronómicas: ración de lagostinos con pan e bebida ou ración de panceta e chourizo con pan e bebida, ámbalas dúas por 12 euros. Os máis pequenos tamén terán a súa propia ración adaptada.

Na parte musical, a xornada estará animada co mellor ambiente grazas ás actuacións de Puzzle Animación, a batucada Peta Pouco e o Dúo Tropical.

As entradas anticipadas xa están dispoñibles a un prezo reducido de 10 euros a través da web...

leer más