musica

Etiquetas:
22/04/2022

O Concello de Viveiro, en colaboración co Conservatorio Profesional de Música, oferta durante o mes de maio cursos gratuítos de diferentes especialidades. A iniciativa busca facilitar un primeiro achegamento á musica aos mais pequenos/as, coa fin de fomentar neles o gusto por esta arte, que tanto arraigo ten no Concello de Viveiro.

Impartirase un curso de Iniciación Musical, dirixido a nenos/as nados/as no ano 2015, baseándose na idea de aprender xogando. 

Tamén se impartirá un curso de iniciación ao instrumento de: Clarinete, Frauta Travesa, Gaita, Saxofón, Trombón, Trompa, Trompeta, Tuba e Violonchelo. O curso está dirixido a nenos/as de entre 8 e 14 anos e supón un primeiro contacto con estas especialidades instrumentais para nenos/as sen coñecementos musicais.

O prazo de matrícula...

leer más
Etiquetas:
10/04/2022

De luns a mércores, de 11H a 14H os nenos e nenas poderán desfrutar das actividades realizadas en Enredos, mentres que pola tarde gozarán do torneo de fútbol 7 e o láser tag, a través de Xuventude.

O mesmo mércores 13, de 17H a 20H, haberá inchables na Praza dos Campos para os nenos e nenas, e xa pola noite, dentro do ciclo de concertos de O Son do Nordeste, actuará The Corporation a partir das 21H.

O xoves 14 tocará La Disquetera dentro do ciclo A Caixa de Música, ás 13:30H na Praza do Souto. Xa pola noite será a quenda para Rachel & The Blue Batons, a partir das 21:30H na Praza dos Campos.

O venres 15, ás 21:30h Os Carunchos ofrecerán o seu espectáculo na Praza dos Campos.

O sábado 16 será a quenda para a Festa do Mexillón. Ao longo do día poderán...

leer más
Etiquetas:
10/04/2022

O Concello de Ribadeo comeza o proxecto Argadelo. As voltas da música ao teatro, incluído no ciclo Cultura nas Parroquias.

Este obradoiro, dirixido a todas as idades, desenvolverá a súa primeira sesión o 18 de abril na Escola das Anzas. A actividade continuará todos os luns en horario de 19:30 a 21:00 horas.

Este proxecto, con vocación comunitaria e arredor do teatro e da música, será impartido polo músico, actor e compositor, veciño de Foz, Mano Panforreteiro. 

 

Etiquetas:
08/04/2022

O colectivo cultural ribadense As Vacas Fracas representa Ay, Carmela. A actuación terá lugar o venres 15 de abril, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal Hernán Naval. O prezo da entrada é de 3 euros. A historia, baseada no texto de Sanchís Sinisterra, conta como uns cómicos republicanos vense obrigados a traballar no bando franquista.

Tamén o 15 de abril, ás 13:00 horas, no quiosco da música ou no Teatro en caso de choiva, actuará Mabel Flores en concerto. A artista fusiona raíces mediterráneas e sudamericanas con pinceladas electrourbanas.

O sábado 16 de abril, ás 20:00 horas, no Auditorio Hernán Naval, presentarase o espectáculo Fala-me!. Trátase dunha fusión de cabaré con música, danza e cultura tradicional coa lingua e o apoderamento como fío condutor da man de Nelson Quinteiro e un magnífico elenco de...

leer más
Etiquetas:
08/04/2022

Mañá sábado ás 12:30 horas na Praza do Souto, de Cervo, haberá un taller infantil de Ovos de Pascua. Vai enfocado a nenos de 5 a 12 anos e as inscricións farase antes de comezar o obradoiro na propia praza.

Tamén mañá sábado ás 21:30 horas na Praza dos Campos, dentro do ciclo de concertos O son do Nordeste, actuará o grupo de versións de rock THE NUNZIA'S ROCK COVER BAND. 

E o domingo ás 13:30 horas na Praza do Souto, dentro do ciclo de concertos A Caixa de Música, actuará o grupo Axóuxere de Roupar.

Para todas actividades están habilitadas dúas carpas, tanto na Praza do Souto como na Praza dos Campos.

 

Etiquetas:
28/03/2022

Prestoxove organiza a XXXI edición do Curso de Música Semana Santa que se celebrará os días 9, 10, 11, 12 e 13 de abril, patrocinado polo Concello de Xove.

Baixo a dirección de Xan Carballal, este curso dará comezo o 9 de abril con clases de cordas e vento polas mañás e durante as tardes o grupo infantil e cámara. As xornadas desenvolveranse de 10:30 a 20:00 horas e as clases serán impartidas por Nazaret Canosa, Nara Carballal, Saúe Canosa e Benjamín Iglesias.

O martes 12 ás 18:00 horas celebrarase un concerto de cámara e o mércores 13 tamén ás 18:00 horas, haberá un concerto de clausura. Ambos terán lugar no salón de actos do Centro Cívico de Xove.

 

Etiquetas:
23/03/2022

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá este xoves, 24 de marzo, o Festivaliño 2022 que presenta Valentina.

De 10:00 a 12:00 horas terá lugar a representación para os colexios de infantil e primaria de Viveiro e ás 18:00 horas para o público xeral.

É unha película dirixida por Chelo Loureiro coas voces de Andrés Suárez, María Manuela, Uxía e Pilocha.

O Teatro Pastor Díaz acollerá ademais este venres, 25 de marzo, o espectáculo A Música e a Palabra coa actuación do grupo de corda do Conservatorio de Música de Viveiro e o grupo de teatro Andanzas de Viveiro. Dará comezo ás 20:00 horas e a entrada é de balde.

A reserva pódese facer no número de teléfono 982 56 01 62 ou en rbg.cultura@viveiro.es

 

Etiquetas:
23/03/2022

Segue en Cerco o ciclo de concertos denominado “A Caixa de Música”. O encargado de amenizar o mediodía do vindeiro domingo será o grupo de música tradicional Fol do Raxal. A actuación será ás 13:30 horas na Praza dos Campos.

Etiquetas:
04/02/2022

A Concellaría de Cultura de Ribadeo anuncia que xa están á venda as entradas para o concerto que Ugia Pedreira ofrecerá  o día 12 de marzo ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal Hernán Naval. O prezo da entrada é de 10 euros e pódese reservar en enterticket.es. 

Ademais, este sábado, 5 de febreiro, celebrarase o obradoiro do programa Apego Os Minimundos dirixido a crianzas de 3 a 6 anos. Terá lugar no espazo Apego, na rúa Viejo Pancho, en horario de 12:00 a 13:30 horas. Trátase dunha proposta de xogo baseado na recreación de escenarios da vida cotiá ou hábitats reais ou imaxinarios a pequena escala. As prazas son limitadas e é necesario inscribirse en cultura@ribadeo.org

Este domingo, 6 de febreiro, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal Hernán Naval, Sarabela Teatro porá...

leer más
Etiquetas:
19/01/2022

Esta mañá inaugurouse en Ribadeo a mostra “A memoria do son”, con fondos instrumentais e do arquivo documental do Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O deputado provincial, Efrén Castro, e os concelleiros de Cultura e Turismo, Pilar Otero e Pablo Vizoso, presentaron  a mostra que pode verse na Oficina de Turismo de Ribadeo ata o 20 de febreiro. 

A exposición, cun formato itinerante pensado para achegar as distintas localidades o patrimonio musical da Colección de Instrumentos e Obxectos Sonoros do Centrad, inclúe unha giga, unha rota, unha cítola, unha viola de perna, unha viola de brazo, unha zanfona e un organistro, construídos a partir de representacións escultóricas destes instrumentos en lugares emblemáticos como o Pórtico da Gloria ou o Pazo de Xelmírez ou dos datos recollidos en...

leer más