O Concello de Alfoz organiza un Ciclo de Música de Primavera en abril

Será os sábados 13, 20 e 27 ás sete e media da tarde no salón de actos da Casa da Cultura. 

O 13 de abril actuará a Orquestra de corda do Conservatorio de Viveiro. 

O día 20 a protagonista será a Asociación de Acordeonistas da Mariña. 

E o 27 de abril terá lugar a actuación da Coral Polifónica de Foz. 

Desde o Concello de Alfoz animan a asistir: “fai un oco na túa axenda para vir desfrutar da música a Alfoz”.