Alfoz
A asociación veciñal de Mor, no municipio de Alfoz, organiza unha andaina pola Fraga das Vigas para este domingo, día 8 de novembro. A saída será desde o CEIP Castro de Ouro ás 09:00 horas.
“O domingo 8 de novembro saímos a camiñar e descubrir a natureza nunha andaina á Fraga das Vigas”, anuncia a asociación veciñal de Mor, que tamén explica que o percorrido será de 12 quilómetros con dificultade moderada. O prezo é de 12 euros por persoa e inclúe avituallamento.
Recomendan levar roupa e calzado de montaña, axeitados á climatoloxía, e bastóns para facer o percorrido con maior comodidade.
Comeza a programación do mes do teatro en Alfoz coa representación de Paixón de Bulevares, unha comedia a cargo de Quemaistén Teatro, de As Pontes. Será este sábado, 7 de novembro, ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Alfoz, con entrada de balde.
O Concello de Alfoz explica que é unha proposta para todos os públicos que permitirá “desfrutar dunha tarde de teatro, risas e entretemento para toda a familia. Non perdas a primeira das catro citas teatrais teremos durante o mes de novembro!”.
A parroquia de Bacoi, no municipio de Alfoz, celebrará un magosto este sábado, día 7 de novembro, desde as 21:30 horas.
O menú está composto por sopa; pataca cocida con xamón e chourizos; biscoito, chocolate e castañas; bebidas, pan, café e chupito.
A foro é limitado e hai que apuntarse antes deste venres, 6 de novembro.
O Concello de Alfoz anuncia que “un ano máis, novembro será o mes do teatro en Alfoz, cunha programación de catro comedias para todos os públicos que poderemos desfrutar durante os sábados do mes”.
O día 7 de novembro a obra será Paixón de Bulevares, de Quemaistén Teatro (As Pontes); o 14 representarase Terra, voz e... acción!, de Metátase Teatro (Palas de Rei); o día 21, Ai! Señor, señor, de A Adala (Fazouro-Foz); e o 28, O autobús, de O Centiño (Foz).
Todas as representacións son comedias para todos os públicos e están programadas para as 20:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz, con entrada de balde.
Este sábado, día 24 de outubro, a Biblioteca Municipal de Alfoz acollerá dúas actividades -un obradoiro e unha representación teatral- para conmemorar o Día das Bibliotecas cunha programación “pensada para desfrutar da cultura e das historias en familia”.
O Concello de Alfoz explica que de 16:00 a 19:00 horas desenvolverase un obradoiro infantil, unha actividade dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos “para compartir unha tarde de creatividade na biblioteca”. E gratuíto e sen inscrición previa. E ás 19:00 horas haberá unha representación teatral titulada Latexos. As lendas do castro. A compañía K’Paparota Teatro presentará esta obra dirixida por Kevin Stewart destinada ao público infantil e familiar e aberta a todos os públicos.
Son actividades enmarcadas no Plan 2026 da Deputación de Lugo.
Con motivo do Día das Bibliotecas este venres, día 23 de outubro, hai unha cita cos contos e a imaxinación na Casa da Cultura de Alfoz. Cris de Caldas presentará A bibliotecaria estrafalaria, “un espectáculo para desfrutar en familia, compartir historias e deixar voar a imaxinación”, anuncia do Concello de Alfoz.
Será ás 13:00 hora, é unha actividade dirixida ao público a partir de 3 anos e contará coa asistencia dos nenos e nenas do CEIP Castro de Our, pero está aberta a todo o público.
Unha proposta enmarcada no programa Ler Conta Moito, “para celebrar o pracer de ler, contar e escoitar historias”, remata o Concello de Alfoz.
O Concello de Alfoz celebrará o domingo 25 de outubro o XXXII Festival da Terceira Idade, unha xornada de encontro e convivencia destinada ás persoas maiores de 65 anos ou pensionistas empadroadas no municipio, que poderán asistir acompañadas dos seus cónxuxes.
A programación comezará ás 13.00 horas cunha misa na igrexa parroquial de San Pedro de Mor. A continuación terá lugar a tradicional comida de confraternidade no Pavillón Municipal de Deportes, acompañada de diferentes actos ao longo da xornada. Como é habitual, durante a celebración o Concello terá tamén un recoñecemento especial para as persoas asistentes de máis idade, así como para os matrimonios que ao longo deste ano cumpren 50 anos de unión, nunha xornada coa que se pretende “poñer en valor a convivencia, a traxectoria vital e a contribución das xeracións de máis idade á vida...
leer másO Concello de Alfoz pon en marcha unha nova edición do programa ActivaMENTE, unha iniciativa dirixida a pensionistas e persoas maiores de 55 anos que busca promover o envellecemento activo e saudable a través da estimulación cognitiva. As sesións desenvolveranse no Centro Sociocultural de Alfoz a partir do 13 de outubro e a inscrición permanecerá aberta durante todo o ano.
“O programa ofrece un espazo de aprendizaxe, participación e socialización no que se traballan aspectos como a memoria, a atención, a linguaxe, o razoamento ou a orientación, favorecendo así o mantemento das capacidades mentais e o benestar emocional das persoas participantes”, explica o Concello de Alfoz. E a alcaldesa, Efigenia Maseda, salientou que “ActivaMENTE é un programa moi valorado pola veciñanza de máis idade porque ofrece un espazo para...
leer másOs concellos de Alfoz e O Valadouro presentaron a V Carreira Popular Alfoz-Valadouro, que se celebrará o vindeiro sábado 3 de outubro, “consolidándose como unha cita deportiva e de convivencia entre os dous municipios”.
Na presentación participaron Manolo Cadramón, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo; Daniel García, deputado provincial de Mocidade; Efigenia Maseda, alcaldesa de Alfoz; José Manuel Lamela, alcalde do Valadouro; e Eliseo Lorenzo e Senén A. Castro, concelleiros de Deportes de Alfoz e do Valadouro respectivamente.
Nesta quinta edición a proba absoluta partirá do pavillón municipal de Alfoz ás 10:30 horas e terá a meta no pavillón municipal do Valadouro, cun percorrido de 6,6 quilómetros. Previamente, ás 10:00 horas, terá lugar a andaina popular sobre a mesma distancia....
leer másO Concello de Alfoz pon en marcha unha nova edición das actividades deportivas dirixidas á poboación adulta, cunha oferta que “combina propostas xa tradicionais con outras incorporadas nos últimos anos e que, tras a boa acollida, se consolidan dentro da programación municipal, como pilates e pádel”.
O prazo de inscrición permanecerá aberto do 15 ao 22 de setembro, podendo realizarse a solicitude a través da sede electrónica ou de maneira presencial na oficina de rexistro do Concello. As prazas son limitadas.
O Concello de Alfoz explica que “a programación inclúe ximnasia de mantemento, ioga, aeróbic, pilates e pádel. A ximnasia de mantemento desenvolverase os martes e xoves, de 18:30 a 19:30 horas, no Pavillón Municipal; o ioga, os luns e mércores, de 19:30 a 20:30 horas, na Escola de Nenos de Adelán; e o aeróbic...
leer más












