Alfoz

Etiquetas:
26/02/2023

A Reserva da Biosfera Terras de Miño da Deputación Provincial de Lugo levará a cabo en Alfoz unhas Xornadas sobre castiñeiro de froito os días 18 e 25 de marzo.

O horario será de 10:00h a 14:00h ambos días e o lugar de realización o Salón de Actos da Casa da Cultura.

A primeira xornada, 18 de marzo, será teórica e incluirá toda a información sobre:
1.    época de plantación
2.    preparación do terreo
3.    elección da planta (boas aptitudes para froito, madeira e/ou ambas)
4.    liñas de axudas para o fomento da plantación e recuperación de soutos (Neste momento está aberto o prazo de solicitude)
5.    normativa legal na plantación, distancias, tipos, corta....
6.    coidados: guía de cultivo
7.    pragas e enfermidades
8.    beneficios que pode xerar
9.    mercado do sector da castaña

A segunda xornada, 25...

leer más
Etiquetas:
22/02/2023

Dentro do Programa de Dinamización das Parroquias o Concello de Alfoz organiza dous cursos de primeiros auxilios para o vindeiro mes de marzo. Serán os domingos 12 e 26 de marzo nas escolas de Bacoi e de Chao (O Pereiro), respectivamente, de 17:30 a 19:30 horas. 

Estes cursos serán impartidos por persoal sanitario e a participación é de balde. Están abertos a todas as persoas interesadas en aprender técnicas que poden salvar vidas, recoñecer os síntomas dun ictus ou dun infarto, facer a reanimación cardiopulmonar, cómo actuar nun atragantamento ou ante unha hemorraxia.

Para inscribirse só hai que chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 2) ou pasar polo Concello.

Etiquetas:
20/02/2023

O Concello de Alfoz celebrará o Xantar da 3ª Idade o 4 de marzo, sábado. Será ás 14:30 horas en Finca Galea e antes, ás 13:00 horas, haberá misa na igrexa de San Pedro.

O Concello explica que “a organización da comida é a mesma que en anos anteriores. As persoas xubiladas de Alfoz, independentemente da súa idade, e as súas parellas (sexan matrimonio ou parella estable) non pagan nada. Considérase acompañante a aquelas persoas (fillos, coidadores, etcétera) que vaian cun xubilado/a que por algún motivo necesite axuda; nese caso tampouco pagaría o menú (a diferenza doutros anos que si o facían). Entregarase un detalle aos participantes de maior idade e tamén ás parellas que cumpran as súas vodas de ouro, non só neste 2023 senón nos anos anteriores en que non se puido celebrar esta comida por mor da pandemia. Haberá misa ás 13:00 horas na...

leer más
Etiquetas:
15/02/2023

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo organiza unha festa de Entroido no pavillón municipal de Alfoz para o vindeiro luns, 20 de febreiro.

Ás 21:00 horas empezará o desfile, con premios para os mellores participantes e para o que haberá que inscribirse desde ás 19:30 horas. E ao rematar terá lugar a festa amenizada pola orquestra Compostela.

Os organizadores anuncian: “o luns 20 de febreiro tedes todos unha cita no pavillón de Alfoz para a celebración do Entroido. Ao remate do desfile, festa amenizada pola Orquesta Compostela. Teremos servizo de bebidas e de bocadillos. Agardamos por todos vós”.

Para a organización deste evento a Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo conta coa colaboración do Concello de Alfoz, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia.

Etiquetas:
15/02/2023

A Comparsa Alfoz-Valadouro inaugura este xoves, 16 de febreiro, na Casa da Cultura de Alfoz, unha exposición temática sobre a súa traxectoria no Entroido. Poderase visitar ata o 10 de maio en horario de 15 a 20 h oras de luns a venres. 

Asemade, a exposición estará complementada cun taboleiro aberto para achegas fotográficas e receitas culinarias aportadas polos nosos maiores e relativas ó Entroido, todos os veciños que queiran compartir as súas fotos ou receitas tamén poderán facelo.

Por outro lado, contarase con doces de Entroido e unha chocolatada gratuíta para todos aqueles que se acheguen a inauguración da exposición.

Etiquetas:
12/02/2023

O vIndeiro 17 de febreiro ás 21:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz terá lugar a interpretación da obra "Menciñeiro á forza" a cargo da Asociación grupo de teatro Os Pícaros de Lagoa. 

A obra escollida é unha coñecida adaptación elaborada nos anos 60 polo escritor chairego Xosé Manuel Carballo. Trátase dun texto baseado na famosa comedia de Molière "O enfermo imaxinario". 

 

Etiquetas:
24/01/2023

Dentro do programa municipal de fomento do deporte o Concello de Alfoz oferta a modalidade de ioga, que se leva a cabo na Escola de Nenos de Adelán en dous grupos diferentes: grupo A, con 2 horas á semana (martes e xoves de 17:00 a 18:00 horas); e grupo B, con 1 hora á semana (martes de 18:30 a 19:30 horas). 

Para máis información os interesados poden chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 1) e as inscricións realízanse na Oficina de Rexistro do Concello de Alfoz.

 

Etiquetas:
17/01/2023

A parroquia de Lagoa, en Alfoz, celebrará as súas festas na honra de San Vicente os días 21 e 22 de xaneiro, sábado e domingo.

O sábado a partir das 21:00 horas terá lugar a Festa dos Callos, con queimada popular gratuíta, e verbena amenizada pola orquestra Gran Parada.

E o domingo a partir das 13:00 horas celebrarase misa solemne e a continuación procesión co grupo de gaitas Amado Lar e sesión vermú amenizada polo grupo folclórico Amador Lar e o dúo Epo-K.

Haberá recinto cuberto con carpa e calefacción.

Etiquetas:
12/01/2023

O espectáculo Cine Marabillas, de Raquel Queizás, presentarase en Alfoz o 28 de xaneiro, sábado, ás 18:30 horas. Será no salón de actos da Casa da Cultura.

É unha actividade organizada polo Concello de Alfoz, que anuncia: “Ver para Ler. Vide descubrir a amizade entre o cine e a literatura infantil e xuvenil. Gozaremos durante 50 minutos vendo as primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos marabillosos e nos libros clásicos da literatura. O obxectivo é facerlles ver as crianzas e as súas familias que esas historias que coñecen poden contarse de diferentes maneiras. Que descubran que o cine mudo é unha expresión que pode resultar moi divertida. Non faltará a aventura, o humor, misterio, tenrura, maxia, fantasía e sobre todo moita imaxinación. A literatura é e sempre será unha gran fonte de inspiración para o cine. O cinema...

leer más
Etiquetas:
06/01/2023

O 4 de febreiro, coincidindo co Día Mundial contra o Cancro, celebrarase na Finca Galea de Alfoz unha nova gala benéfica Alfoz Solidario, a favor da Asociación Española Contra o Cancro (Aecc). O evento, non se puido realizar nos últimos dous anos debido á pandemia coo Covid 19, é promovido por un grupo de oito persoas interesadas en colaborar coa xunta provincial da Aecc en Lugo. O grupo está formado por Conchita Pardiñas, Marisa Rubal, María José Seco, Dora Trobo, Nati Andón, Carmen Geada, Ana Carballo e Xabier Pardiñas.

Desde a organización indican que, como sempre, existen varias formas de colaborar con Alfoz Solidario, “poderase participar na propia gala, composta por unha cea e baile, ou mediante donativos á Mesa Cero para aquelas persoas interesadas en colaborar que non podan asistir”. Os tickets poñeranse á venta a partir da próxima...

leer más