Actividades

28/05/2026

O Concello de Lourenzá organiza o programa de actividades de dinamización infantil Tempo de lecer. Está destinado a nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31 de decembro de 2022. E desenvolverase desde o día 22 de xuño ata o 4 de setembro de 9:00 a 14:00 horas, aínda que tamén haberá servizo madrugadores, de 8:00 a 9:00 horas.

O Concello de Lourenzá explica que este programa inclúe “obradoiros, xogos cooperativos, xincanas, saídas, actividades interxeracionais e moita diversión para desfrutar das vacacións facendo amizades e aprendendo”.

As bases para solicitar praza e os formularios están dispoñibles no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Lourenzá.

15/05/2026

O Concello de Burela celebrará o Día das Letras Galegas cunha programación cultural que inclúe literatura, tradición, música, maxia, teatro e actividades “participativas para todos os públicos, co obxectivo de poñer en valor a lingua galega e achegar a cultura á veciñanza dun xeito atractivo e diverso”. Desenvolverase ata o día 19 de maio.

Tamén anuncia que “unha das iniciativas destacadas será a intervención artística nalgúns pasos de peóns da vila, na que a Aula Medioambiental Gaia, persoal municipal da área de Obras e diferentes colectivos locais, coa colaboración da Biblioteca Pública Municipal, pintarán versos de autoras e autores homenaxeados ao longo da historia do Día das Letras Galegas. Segundo explicou a concelleira de Cultura, Lina Gómez, “esta acción é unha maneira moi bonita de facer visible a nosa literatura no día a día....

leer más
11/05/2026

A Delegación de Cultura do Concello de Foz programa varios actos esta semana para celebrar o Día das Letras Galegas.

“Este domingo 17 celebraremos as nosas letras. É un día moi especial no que berramos orgullosos na nosa lingua. O seu uso no noso día a día faraa máis forte”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto, que engade: “a homenaxeada deste ano é Begoña Caamaño, unha escritora que por desgraza nos deixou moi nova, pero cunha obra moi bonita. E queremos mostrala con varios eventos para todos os públicos. O mércores 13 ás 18.30h no salón de actos da Casa da Cultura de Foz chegará a obra A gran viaxe das letras galegas, da compañía A Xanela do Maxín, un espectáculo que nos convida a embarcar nunha travesía única, onde as palabras non son só sons, senón que se converten en pontes entre pasados distantes e presentes...

leer más
06/05/2026

Este venres, día 8 de maio, Lourenzá recibirá a visita da Garda Real cunha xornada de actividades abertas á veciñanza.

De 12:30  14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos.

O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.

Etiquetas:
05/05/2026

A Compañía Mar Océano, da Garda Real, chega a Foz este mércores, día 6 de maio, nos exercicios institucionais que está realizando pola provincia de Lugo. Durante eses tres días realizarán diversas actividades para achegar o seu traballo á cidadanía.

Na Praza Conde de Fontao instalarase unha exposición de material e armamento militar. Estará o mércores en horario de mañá (de 10.30 a 13.30 horas) e o xoves e venres en horario de tarde (de 17.30 a 20.30 horas). O mesmo mércores na mesma situación haberá unha pista de obstáculos infantil, para que podan desfrutar os máis pequenos. Ás 20.00 horas a actividade trasladade ao Paseo de Colón (praia da Rapadoira) para a exhibición de movementos floreados e o arriado de bandeiras.

O xoves 7 de maio a Compañía e todos aqueles que desexen acompañalos realizará unha marcha...

leer más
04/05/2026

Viveiro será escenario esta semana, concretamente o mércores día 6 e o xoves 7, de varias actividades da Garda Real, no marco da súa presenza na provincia de Lugo.

O programa “está pensado para achegar á cidadanía o traballo e as capacidades da unidade a través de propostas abertas ao público”, explica o Concello de Viveiro, que anuncia: “entre as actividades previstas figuran as visitas a centros educativos, que terán lugar o mércores 6 e o xoves 7 pola mañá. Con elas búscase achegar o labor da Garda Real aos alumnos e ofrecerlles unha oportunidade de coñecer máis de preto o traballo que desenvolven as súas unidades. A programación continuará o mércores 6 de maio ás 18.00 horas cunha xornada de adestramento canino na Praza Maior. As persoas que así o desexen poderán acudir cos seus cans para recibir orientación por parte dos efectivos da...

leer más
02/05/2026

A Guardia Real será a encargada de izar as bandeiras no espazo habilitado a carón da Casa do Concello de Ribadeo. O acto terá lugar o vindeiro xoves, 7 de maio, pola tarde.

O alcalde, Dani Vega, anunciou que “dentro da programación de actos que está tendo a Guardia Real na provincia de Lugo, tamén se trasladan a Ribadeo. O primeiro que quero é mostrar o meu agradecemento á Casa Real e á Guardia Real por trasladar estas actividades, estes actos solemnes aos distintos municipios e que todos poidamos observar actos que non estamos acostumados a ver”. O rexedor cre que esta actividade “acerca a Guardia Real á poboación e podemos observar actos que son tamén de importancia. Nosoutros temos que mostrar o agradecemento profundo aos mandos militares da Guardia Real pola excelente coordinación e colaboración con este Concello para desenvolver este...

leer más
Etiquetas:
01/05/2026

O Concello de Foz abre o prazo de preinscrición para o programa de actividades Aberto x Vacacións, que se desenvolverá nos meses de xullo e agosto.

O concelleiro de Xuventude, Ángel Fernández Neira, anuncia que o Concello de Foz “volta un verán máis co Aberto por Vacacións. Temos programado un verán cheo de diversións  con actividades para nenas e nenos nadas/os  entre os anos 2014  e 2022. Haberá actividades por todo o pobo  e o campamento base será no CEIP O Cantel en horario de 10:30 a 13:30. E para para os que necesiten unha maior conciliación  dispoñemos da opción Érguete, con inicio as 09:00 horas”.

A preinscrición realizarase a través do envío do formulario por sede electrónica ou presentando a documentación por rexistro no Concello. Toda a información está dispoñible na web...

leer más
Etiquetas:
25/04/2026

Ribadeo presenta unha programación cultural diversa e para todos os públicos esta primavera. 

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, dixo que “se trata dunha proposta ampla e variada que consolida a aposta do Concello por unha programación accesible, diversa e de calidade”.

A edil ribadense subliñou que “a axenda inclúe unha trintena de actividades que abranguen disciplinas como a música, o teatro, a literatura, o cinema, a danza ou as artes plásticas, pensadas para todos os públicos e idades. Entre as citas máis destacadas figuran o Festival de Jazz xa celebrado a principios deste mes de abril, concertos do Vendaval Fest en maio ou a sexta edición de Ribadeo Ilustrado en xuño, así como numerosas funcións teatrais e presentacións literarias”.

Para Sanjurjo “esta programación é o...

leer más
22/04/2026

A Piscina Municipal de Viveiro pon en marcha novas actividades de TRX e adestramento de forza, pensadas para mellorar a forma física e o benestar xeral. O Concello de Viveiro anuncia que haberá sesións de proba gratuítas os días 27, 28, 29 e 30 de abril ás 08:15 horas e o inicio dos grupos será no mes de maio. E explica que son actividades dirixidas a traballar a forza, a estabilidade e a saúde.

Para máis información e inscricións as persoas interesadas deben ir ás instalacións da piscina municipal.