Actividades

13/09/2022

Volve o programa As parroquias en marcha, que organiza o Concello de Ribadeo. A primeira parte xa tivo lugar de maio a xullo e a segunda desenvolverase do 15 de setembro ao 15 de decembro. Para participar é preciso inscribirse chamando á Casa da Xuventude ao teléfono 982 129 889. A veciñanza das parroquias de Ribadeo poderá asistir a actividades de memoria, obradoiros de novas tecnoloxías, cociña, xogos de mesa, tertulias, excursións e teatro.

O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que “tras o descanso estival volve outra vez o programa de actividades ás nosas parroquias. Toda a programación deseñada está dirixidas aos veciños e veciñas que queiran participar e sexan maiores de idade e a todas aquelas persoas que queiran compartir un tempo de lecer”.

O rexedor lembrou que “as actividades das Parroquias en marcha van...

leer más
Etiquetas:
10/08/2022

O Concello de Cervo segue a apostar neste verán pola conciliación familiar a través dun completo programa de actividades lúdico-educativas enmarcada no programa bautizado como “Cervo Concilia”, que se desenvolverá ata o 7 de setembro, coincidindo co comezo do curso escolar, en horario de 9:00 a 14:30 horas.

Máis de 125 pequenos/as de entre 3 e 12 anos participan cada día nesta iniciativa municipal de balde, que coordina a edil de Educación, Dolores García Caramés, xunto cun equipo humano conformado por 10 monitores/as e 6 voluntarios/as.

O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Educación, achegáronse ata a Casa do Mar onde se habilitaron cinco aulas para impartir as diferentes actividades que se complementan con saídas diarias ao exterior para participar en rutas de sendeirismo, actividades acuáticas ou deportivas...

leer más
06/08/2022

Desde este domingo e ata o mércores, 10 de agosto, na praza dos Campos en San Ciprián haberá tobogáns acuáticos con entrada de balde. 

Os tobogáns selva acuática e X-treme estarán abertos de 16:30 a 20:00 horas, agás o mércores que tamén funcionarán en horario de mañá. Para gozar desta proposta inscriben no mesmo lugar no que se atopan instalados. 

 

Etiquetas:
15/07/2022
Este verán volven As Noites. A rapazada poderá gozar de fútbol praia, wipeout, volei praia, baloncesto, fútbol sala e kickboxing.
 
As Noites é un programa que ofrece unha alternativa ás saídas nocturnas de botellón, fomentando actividades de desenvolvemento social, así como o deporte e os hábitos de vida saudables.
 
O martes 19 de xullo, a partir das 22 horas, comeza con fútbol praia, na Rapadoira para rapaces e rapazas de 10 anos en adiante. 
 
As persoas interesadas en participar tan só deben inscribirse o primeiro día antes de cada actividade. Aquelas que sexan menores de 18 anos necesitarán autorización asinada. 
 
As...
leer más
Etiquetas:
05/07/2022

A Delegación de Deportes do Concello de Burela anuncia cursos de iniciación ao balonmán e un programa de Fit dance para este verán, dúas propostas totalmente gratuítas para aquelas persoas que desexen acudir ou inscribirse.

No caso do Fit Dance, realizarase na praia urbana todos os mércores de xullo e agosto a partir das 20:30 horas, e non será necesario inscribirse previamente. A actividade estará impartida por Belinda Canoura, do ximnasio Hawk, que ensinará nesta disciplina unha forma novidosa, divertida e sociable de facer exercicio, redundando positivamente na forma física, a saúde, a coordinación e a expresión corporal.

O pavillón dos Castros será o lugar onde se imparta o curso de iniciación ao balonmán, financiado pola Secretaría Xeral para o Deporte dentro do Plan Corresponsables. Será do 11 ao 22 de xullo...

leer más
Etiquetas:
04/07/2022

O Concello de Cervo comeza a desenvolver os seus programas de Noites Alternativas e Enredando no Verán con actividades durante os meses de xullo e agosto.

Nesta primeira semana de xullo haberá volei praia na praia do Trono, ás 20:00 horas, e o mércores 6, ás 12:30 horas, balonmán no polideportivo A Veiga. Os días 11, 12 e 13 haberá fútbol praia na praia do Torno, ás 20:00 horas, e o xoves 14 terá lugar unha ruta nocturna de sendeirismo, a partir das 20:00 horas. Ademais o luns 11, ás 12:00 horas, na Casa da Cultura, desenvolverase un obradoiro de maxia; e o mércores 13, a partir das 12:30 horas, terá lugar unha ruta en kaiak dende o porto de San Ciprián. Os días 18, 19, 20, 21 haberá fútbol 3x3 na Praza dos Campos, ás 20:00 horas; o luns 18, ás 12:30 horas, na praia do Torno, haberá surf; e o mércores 20, ás 12:30 horas, balonmán no...

leer más
Etiquetas:
29/06/2022

A Delegación de Turismo do Concello de Burela presentou esta mañá a súa programación de visitas guiadas para o verán 2022, coa que se pretende dar a coñecer e poñer en valor os oficios tradicionais e artesanais ligados ao mar, o legado xeolóxico con fonda pegada na localidade e declarado de relevancia internacional, así como o patrimonio histórico-artístico, apostando por un turismo slow, sostible e de calidade.

No acto de presentación realizado no Barco Museo Reina del Carmen, estiveron presentes o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, a concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, a edil do Mar, Carmela López, e o xerente de ABSA, Miguel Neira, acompañando a distintos guías que realizarán as visitas este verán desde as súas asociacións ou entidades, como Mª Jesús Alonso, guía, redeira e presidenta da Asociación de Redeiras Cabo Burela;...

leer más
Etiquetas:
10/06/2022
Hoxe foi presentado o programa Verán Xove 2022 polas concelleiras de Servizos Sociais  e Xuventude e Deporte, Ana Abad  e Cristina Iglesias e respectivamente.
 
Trátase  de actividades deportivas e lúdicas en xeral. É un programa moi amplo que inclúe festas, xogos de todo tipo, excursións, competicións deportivas, obradoiros, etc.
As actividades que se van desenvolver son:
 
- Rutas San Antonio da Rigueira, que se van desenvolver o luns 13 de xuño. Prazo para anotarse ata o 10 de xuño.
 
- Programas “MÓVETE NO VERÁN” e “MÓVETE NO VERÁN CON SALA 5”, dedicado a nenos e rapaces dende 3 anos a maiores de 18. Inclúe xogos, full body, Pilates,etc. Inscricións ata...
leer más
Etiquetas:
08/06/2022

A Concellaría de Mocidade organiza actividades de verán para a infancia e a xuventude co obxectivo de facilitar a conciliación laboral e familiar. As colonias para nenas e nenos desde infantil ata 6º de primaria serán do 4 ao 29 de xullo. Para a rapazada, a partir de 12 anos, haberá actividades do 11 ao 15 de xullo e unha semana tecnolóxica do 1 ao 5 de agosto. A inscrición para participar nesta programación deberá facerse de xeito presencial do 14 ao 20 de xuño na Casa da Xuventude.

A concelleira de Mocidade, Mariluz Álvarez, anunciou que “dende a Oficina de Información Xuvenil e dende a Área de Igualdade do Concello de Ribadeo queremos dar coñecer as actividades que os nosos rapaces e rapazas e os máis pequeniños van ter durante todo este verán. Volvemos a unha nova normalidade, polo tanto volven con nós as colonias de verán que fixemos...

leer más
07/06/2022

A nova edición do Ribadeo Ilustrado desenvolverase desde este xoves, día 9, ata o domingo 12 cunha programación variada, chea de actividades vencelladas á xente do mar coa figura do Marqués de Sargadelos, Antonio Raimundo Ibáñez, como protagonista.

O xoves 9 ás 19:00 horas na Oficina de Turismo de Ribadeo inaugurarase a exposición Amar a mar: Mariñas, Marosas e Maruxainas, da Rede Museística Provincial de Lugo.

Ao día seguinte ás 19:30 horas no salón de plenos da Casa do Concello, que é o Pazo de Ibáñez, haberá unha conferencia a cargo de Pegerto Saavedra Fernández, catedrático de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela que falará de Antonio Raimundo Ibáñez e Ribadeo: un empresario nunha vila dinámica. A continuación, as 20:30 horas, terá lugar a representación teatral Chegada á vila de Ribadeo...

leer más