Tour

Etiquetas:
19/07/2018

Hoxe pola mañá, tivo lugar no Pavillón de Deportes do Concello de Xove a presentación da I Doble Milla San Bartolo – Xove. No acto estivo presente o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, a concelleira de Deportes, Cristina Iglesias, o xerente de CC NORTE, representación do Progreso e representantes das asociacións colaboradoras Pau da Vella, ACD Xove e Clube Ciclista Komando Xoviético.

A I Doble Milla San Bartolo 2018 vaise desenrolar en Xove o vindeiro día 29 de xullo durante a maña. É a primeira vez que se celebra en Xove unha carreira pertencente ó TOURMARIÑA 2018,  a cal é puntuable en dito Tour.

Desde a organización animan “a todos os veciños da Mariña, e tamén de fora, a que se apunten a unha carreira que nos parece unha das máis atractivas para participar, xa que o seu percorrido vaise celebrar integramente...

leer más