Imaxina
26/12/2020
A Fundación IMDECUM organiza a décima edición do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2020.
Poderán participar todas aquelas persoas que estean cursando estudos de formación, durante o ano académico 2020-2021, nos institutos Monte Castelo e Perdouro de Burela, Dionisio Gamallo de Ribadeo, Marqués de Sargadelos de San Cibrao, Vilar Ponte e María Sarmiento de Viveiro, Illa de Sarón de Xove, Alfoz-O Valadouro e Foz. Tamén estará dirixido aos usuarios e usuarias da Fundación Eu Son, Axuda ao Enfermo Mental da Mariña e Asociación Camiña.
Cada participante poderá presentar un máximo de tres fotografías e a temática é A Mariña. Deberán enviarse a través do servidor www.wetransfer.com ou ao correo electrónico contacto@imdecum.com. Os...
leer más 21/12/2016
Ata o 30 de decembro, o estudantado da bisbarra poderá presentar as súas propostas en fotografía e vídeo para o Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2016, organizado pola Fundación Imdecum e co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
A sexta edición da cita, que este ano tan só acollerá fase de concurso, estará aberta para os centros que xa participaron en anos anteriores: Monte Castelo e Perdouro (Burela), Marqués de Sargadelos (San Cibrao), Vilar Ponte (Viveiro), Dionisio Gamallo (Ribadeo), María Sarmiento (Viveiro), Illa de Sarón (Xove), Alfoz-O Valadouro e Foz. Coa chegada de 2017, a Fundación Imdecum fará público o nome dos gañadores, que recibirán unha cámara fotográfica como premio, na exposición dos traballos seleccionados.
...
24/11/2016
O Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2016, baixo a organización de Imdecum e o apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo, regresa un outono máis para dar renda solta á creatividade da xuventude da Mariña a través do mundo da imaxe.
Ata o 30 de decembro o estudantado da bisbarra poderá presentar as súas visións da Mariña nas categorías de fotografía e vídeo. A sexta edición da cita, que este ano tan só acollerá fase de concurso, estará aberta para os centros que xa participaron en anos anteriores: Monte Castelo e Perdouro (Burela), Marqués de Sargadelos (San Cibrao), Vilar Ponte (Viveiro), Dionisio Gamallo (Ribadeo), María Sarmiento (Viveiro), Illa de Sarón (Xove), Alfoz-O Valadouro e Foz. Coa chegada de 2017, a Fundación Imdecum fará público o nome...
leer más