Ata o 30 de decembro está aberto o prazo de presentación de traballos ao Festival Imaxiña 2016, que organiza a Fundación Imdecum.

Ata o 30 de decembro está aberto o prazo de presentación de traballos ao Festival Imaxiña 2016, que organiza a Fundación Imdecum.
 
Ata o 30 de decembro, o estudantado da bisbarra poderá presentar as súas propostas en fotografía e vídeo para o Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2016, organizado pola Fundación Imdecum e co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo.  
 
A sexta edición da cita, que este ano tan só acollerá fase de concurso, estará aberta para os centros que xa participaron en anos anteriores: Monte Castelo e Perdouro (Burela), Marqués de Sargadelos (San Cibrao), Vilar Ponte (Viveiro), Dionisio Gamallo (Ribadeo), María Sarmiento (Viveiro), Illa de Sarón (Xove), Alfoz-O Valadouro e Foz. Coa chegada de 2017, a Fundación Imdecum fará público o nome dos gañadores, que recibirán unha cámara fotográfica como premio, na exposición dos traballos seleccionados.