Forte
O 14 de agosto terá lugar unha nova edición do Soa Forte, un festival alternativo que pretende pór en valor o Forte de San Damián. Os artistas que se darán cita neste espazo son Catuxa Salom, Río & Daiv e Amoebo e Tecor Societario. O evento foi presentado pola concelleira de Cultura, Pilar Otero.
A edil explicou que “este 14 de agosto volve o Soa Forte, un festival que podemos denominar alternativo, nos seus protagonistas e músicas, e que pretende tamén pór en valor o Forte de San Damián como espazo privilexiado para este tipo de actividades culturais. A cita comezará ás 18.00 horas do domingo 14 de agosto cun prezo de entrada de 5 euros. Coma o ano anterior, o colectivo artístico ribadense As Vacas Fracas acompañarán os concertos cunha intervención plástica”.
Pilar Otero contou que “o cartel inclúe as...
leer másO Concello de Ribadeo, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organiza Soa Forte, un ciclo de concertos que se desenvolverá os domingos de agosto no Forte de San Damián. Arrinca o día 8 con Roma e seguirá con Beetle Judge, Remakers e Astra.
A edil de Cultura, Pilar Otero, explicou que “Soa Forte é un ciclo de concertos que pretende aproveitar e pór en valor o forte de San Damián, á parte de como sitio expositivo ou mostra de arquitectura militar, como lugar onde escoitar música. O ciclo que hoxe presentamos ocupará os domingos de agosto ás 20.30 horas, co público sentado e gardando o resto das medidas anti covid 19”.
A concelleira ribadense contou que “este domingo actúa Roma, unha banda de pop-rock, proxecto persoal de dous irmáns logo de tocar coas mellores orquestras e influídos por Leiva, Quique...
leer másHoxe, venres, inaugúrase no Forte de San Damián, en Ribadeo, a exposición Nordesía, unha viaxe artística de Bergantiños á Mariña, que recolle obras de creadores e creadoras procedentes de Carballo. Será ás 19:00 horas e alí permanecerá aberta ata o 15 de setembro. Ademais na Sala de Turismo continúa ata o 22 de setembro unha mostra de esculturas de César Castaño.
O concelleiro de Cultura en Ribadeo, Farruco Graña, lembrou que “segue aberta ao público a exposición de César Castaño A fuego y martillo, que se pode visitar na Sala de Turismo en horario de 10:00 a 13:30 horas, e de 16:00 a 19:00 horas. Trátase de esculturas labradas a fuego y martillo como ben reza o título da exposición, e que se poden contemplar ata o 22 de setembro”.
Farruco Graña anunciou que “desde a terra de Bergantiños chega unha mostra...
leer más