Aniversario

Etiquetas:
10/04/2024

A Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros, de Bravos (Ourol), organiza unha festa para celebrar o seu décimo aniversario e pechar a tempada de actividades da tempada 2023-24. Será o día 20 de abril, sábado, no seu local social a partir dar 13:00 horas.

Haberá sesión vermú, amenizada por Sandra, e despois comida, sorpresas e sorteos.

A inscrición para participar pode facerse a través do WhatsApp +34722105850 ata o 16 de abril.

28/02/2024

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo, dentro dos actos do trinta aniversario, xunto co Conservatorio Profesional de Música e Danza de Xixón, organizan un intercambio no que participarán as Big Band´s dos dous centros educativos.

O primeiro concerto será este venres, 1 de marzo, ás 20 horas no Teatro de Ribadeo, con entrada libre, e en segunda quenda terá lugar en Xixón o 7 de marzo (xoves).

En ambos concertos, cada agrupación fará unha parte do concerto en solitario para rematalos coa actuación conxunta dos dous grupos.

Este tipo de intercambios e xornadas de convivencia veñen formando parte ao longo dos anos da programación académica da EMMeD de Ribadeo. 

 

Etiquetas:
18/02/2024

Xa están á venda as entradas para ver a Roberto Vilar en Burela o vindeiro 9 de marzo co espectáculo Celebreixon. Podenb adquirirse en ataquilla.com

O xovense celebrará 30 anos pintando a mona na televisión presentando e acercando o seu humor ao público nunha sorprendente xira por Galicia. Trátase dun espectáculo cheo de risas e moitas sorpresas.

Celebreixon está programada para o 9 de marzo ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Burela.

09/12/2023

O 50º aniversario do CEIP Juan Rey, de Lourenzá, celebrarase cun xantar que terá lugar no Multitusos Ponte de Cuñas o día 17 de decembro, domingo, ás 14:30 horas.

O menú está composto por: mexillóns ao vapor, pescada en salsa de marisco, solombo de porco con cogomelos, pan, sobremesa, café viños tino e branco, cervexa, auga, refrescos e licores. 

O prezo é de 35 euros, pero para os nenos e nenas de ata 9 anos custa 17,50 euros.

O prazo para anotarse está aberto ata o 10 de decembro.

Etiquetas:
23/10/2023

A asociación cultural Saiñas, de Xove, celebrará o seu 40 aniversario cunha cea baile que terá lugar no restaurante Louzao, de Viveiro, o 4 de novembro, sábado, ás 22:00 horas.

A organización anuncia que “haberá sorpresas varias, momentos emotivos e moita troula”.

Os interesados en asistir poden apuntarse a través deste enlace:
https://forms.gle/Rpt4PnyD7bi3YWz87 ou enviando unha mensaxe de texto ao teléfono 679 66 71 94 cos datos (nome, apelidos e teléfono de contacto). A data límite para inscribirse é o 29 de outubro.

Etiquetas:
16/08/2023

A asociación cultural Saíñas, de Xove, celebra o seu 40 aniversario coa celebración da XXXVII edición do festival folclórico San Bartolo e cunha exposición.

O festival será este sábado, 19 de agosto, ás 20:00 horas no pavillón polideportivo de Xove e actuarán o grupo La Rotonda, de Viana de Cega (Valladolid) e a agrupación de Saíñas. A entrada é libre e gratuíta. Está organizado pola asociación cultural Saíñas coa colaboración do Concello de Xove e da Asociación de Festexos Montevelle.

A exposición sobre os 40 anos de Saíñas estará aberta ao público no salón de actos do Centro Cívico de Xove desde este mércores, 16 de agosto, ata o 3 de setembro.

 

24/07/2023

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá conmemora o sábado, 5 de agosto, o seu 10º Aniversario, desde que se constituíra aló polo ano 2013. 

Aproveitando o “Día do Socio” que celebran cada ano coincidindo coa andaina do mes de agosto, nesta ocasión, se cabe, toma un significado máis especial, por esa primeira década que levan compartindo camiñatas xuntos. 

Para esta ocasión, escolleron unha ruta “entre lusco e fusco”, que os levará por diversos puntos do Concello de Lourenzá, adentrándose nalgún lugar do veciño Concello de Mondoñedo, para rematar de novo en Vilanova. Será a denominada “Ruta da Algara” por ser esta unha das zonas polas que pisarán os camiñantes. Consta dunha distancia de 10kms e dificultade baixa; e recomendan desde a organización levar chalecos reflectantes para evitar perigo nas zonas de...

leer más
Etiquetas:
08/06/2023

Desde hoxe e ata o 14 de xuño pódense retirar no Ceip Plurilingüe Gregorio Sanz, de Ribadeo, os tíckets para asistir á merenda-cea do 50 aniversario, que terá lugar o 21 de xuño ás sete da tarde no recinto escolar. 

Para proceder á recollida dos tíckets o horario establecido é de 10 a 14 horas polas mañás e de 16 a 17 horas polas tardes na secretaría do centro. O prezo para os adultos é de 9 euros e para as nenas e nenos ata 12 anos de 3 euros. 

Durante a xornada do 21 pola mañá, e organizadas pola Anpa A Faxarda, haberá unha xincana por diferentes espazos da vila que Gregorio Sanz adoitaba a frecuentar, na que participará alumnado de 3º a 6º de Primaria. As nenas e os nenos de infantil e de 1º e 2º de Primaria participarán noutra xincana dentro das instalacións do colexio e gozarán tamén dun espazo de xogo libre...

leer más
06/06/2023

O Ceip Plurilingüe Gregorio Sanz, de Ribadeo, celebrará o seu 50 aniversario cun acto conmemorativo no auditorio municipal o vindeiro 19 de xuño. E o día 21 haberá unha merenda-cea aberta a toda a comunidade educativa a partir das sete da tarde. 

O lema escollido para esta importante data é o de Educando co corazón. Nesa cita intervirán, entre outros, Chemy Lombardero, que foi mestre no centro, o ex director Antonio Martínez, a actual directora, Lourdes Marqués, e un bisneto de Gregorio Sanz. Tamén tomarán a palabra o alcalde ribadense e o conselleiro de Educación. O colofón poñerao a Coral Polifónica de Ribadeo. 

A directora do Ceip Gregorio Sanz, Lourdes Marqués, anima “ao alumnado e profesorado, que ao longo destes 50 anos, pasaron polo noso centro a  acudir a esta conmemoración que pretende ser unha homenaxe a...

leer más
Etiquetas:
01/03/2023

A principios do ano 2008 nacía en Ribadeo a empresa Faro Norte Comunicación, polo que esta firma que dirixe desde entón a xornalista Carmen Cruzado acaba de cumprir 15 anos.

Nestes 3 lustros en Faro Norte ocupámonos da comunicación e a relación cos medios de concellos, grupos políticos, establecementos e outros negocios, asociacións empresariais e colectivos culturais, deportivos, veciñais, etcétera. Tamén levamos a cabo a coordinación, redacción e distribución de publicacións, como boletíns informativos e folletos, para diversas entidades. Contamos con locutores para a gravación de cuñas radiofónicas, audios de spots para televisión e cine, megafonías, etc. E xestionamos publicidade para os nosos clientes en xornais (en papel e dixitais), radios, televisións e cine.

No verán do 2014 publicamos o libro A praia das...

leer más