A asociación Aturuxeiros, de Bravos (Ourol), celebra o seu décimo aniversario cunha festa o 20 de abril

A Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros, de Bravos (Ourol), organiza unha festa para celebrar o seu décimo aniversario e pechar a tempada de actividades da tempada 2023-24. Será o día 20 de abril, sábado, no seu local social a partir dar 13:00 horas.

Haberá sesión vermú, amenizada por Sandra, e despois comida, sorpresas e sorteos.

A inscrición para participar pode facerse a través do WhatsApp +34722105850 ata o 16 de abril.