Ourol

Etiquetas:
28/09/2025

Ourol acollerá un curso sobre cultivos de outono inverno os días 1 e 2 de outubro, mércores e xoves. Será de 16:00 a 20:00 horas no Centro Social de Merille. A inscrición está aberta ata o 30 de setembro nos teléfonos 982.55.90.19 ou 608.69.40.51.

Os temas que se abordarán son: “o horto no inverno, coidados e principais cultivos; preparación do terreo e retirada dos restos de colleitas anteriores; preparación da sementeira e rotación de cultivos; cobertura da terra (acolchado); e materiais imprescindibles para a horta no inverno”.

Etiquetas:
20/09/2025

O día 27 de setembro, sábado, ás 18:00 horas no Centro Social de Merille (Ourol) representarase a obra de teatro O Randiña vai ó médico, da compañía de teatro O Torques, de Burela.

“Unha comedia divertida que nos fará pasar un momento agradable e disfrutar do teatro no noso concello. A entrada é libre e gratuíta”, anuncia o Concello de Ourol.

Etiquetas:
05/08/2025

Ourol celebrará as festas na honra á Nosa Señora os días 9, 10 e 15 de agosto.

As actividades comezarán este sábado, día 9 de agosto. De 14:00 a 20:00 horas no Edificio Multiusos poderá visitarse a exposición de cadros titulada Serie casas indianas, de José Manuel Hermida Blanco (Senel), con entrada gratuíta. Ás 14:00 horas haberá sesión vermú con orquestra Supertop e ás 15:00 empezará un xantar popular na carpa situada na Praza do Concello (para participar hai que inscribirse previamente e o prazo para anotarse está aberto ata este mércores, día 6 de agosto, ás 13:00 horas no teléfono 982.55.91.09 ou nas dependencias municipais). A continuación haberá baile de tarde con José Manuel, ex cantante da orquestra Abanico. E ás 22:30 horas comezará a verbena coas orquestras Supertop e Tοkio.

O domingo 10 desde...

leer más
Etiquetas:
18/07/2025

A parroquia de Bravos, no concello de Ourol, celebrará as festas na honra a Santiago Apostol os días 24 e 25 de xullo, xoves e venres.

As actividades comezarán o xoves ás 21:00 horas cunha churrascada e de seguido haberá verbena co dúo Dilema e Jorge Menéndez.

O venres 25 ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión;  a continuación haberá sesión vermú prolongada co grupo Superstar e xantar popular (para participar hai que reservar e o prazo remata o 20 de xullo).

Estas festas están organizadas pola Asociación de Veciños Vilar Ponte, de Bravos.

Etiquetas:
16/06/2025

Rego da Ponte, na parroquia de Bravos (Ourol), celebrará as festas na honra a San Xoán esta fin de semana, sábado 21 e domingo 22 de xuño.

As actividades comezarán o sábado ás 13:00 horas, cando haberá misa solemne e procesión; e a continuación, sesión vermú amenizada polo dúo Caramelo. Ás 15:00 horas empezará o xantar popular e ás 21:00 horas comezará a cea, nas que para participar hai que reservar previamente e o prazo remata o día 17 de xuño. Seguidamente haberá baile cos dúos Caramelo e Soni2.

E o domingo celebrarase a IV Ruta Cabalar, na que para participar hai que reservar previamente e o prazo remata o 18 de xuño. Tamén haberá verbena e baile de tarde co dúo Zafiro.

15/06/2025

A deputada provincial de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López Moreno, participou na presentación da décimo terceira edición do Festival Aturuxo de Bravos (Ourol), que tivo lugar na Sacabeira, en Sargadelos (Cervo), xunto á presidenta da Asociación Cultural Aturuxeiros, Carmen Rivera Vidal. O festival celebrarase os días 18 e 19 de xullo no concello de Ourol, coa colaboración da Deputación de Lugo, que “achega 5.000 euros para apoiar a organización desta cita xa consolidada dentro do calendario cultural da Mariña”.

Nesta edición, o cartel do festival Aturuxo inclúe concertos de Sonoro Maxín, Belém Tajes, Filophóbicas ou Zeltia Irevire, entre outros artistas.

Etiquetas:
12/06/2025

O Concello de Ourol organiza un ano máis a Ludoteca de Verán dirixida a rapaces e rapazas de 4 a 12 anos de idade. Levarase a cabo durante os meses de xullo e agosto en horario de 10:30 a 13:30.

Contará cun servizo de conciliación dende as 8:30 e ata as 14:00 para aquelas familias que o necesiten (para máis información deben contactar coa Casa da Cultura ou no teléfono 982.55.90.19).

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 16 de xuño de 2025.

Para máis información e inscricións poden dirixirse ó departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (982.55.90.19/677.48.94.57).

Etiquetas:
09/06/2025

O Concello de Ourol, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, vai a levar a cabo un curso de solo pélvico. Esta actividade terá lugar no Edificio Multiusos do Concello este mércores, día 11 de xuño, ás 17:00 horas.

Os obxectivos desta actividade son: mellorar a información e comprensión dos cambios evolutivos na muller; e previr enfermidades propias do colectivo feminino.

Todas aquelas persoas interesadas en participar poden realizar a súa inscrición no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol , chamando ós teléfonos 982.55.91.09 ou 677.48.94.57.

Etiquetas:
04/06/2025

A Asociación de Veciños de Ourol organiza unha comida homenaxe ó médico  Miguel González Núñez con motivo da súa xubilación. Será este domingo, día 8 de xuño, ás 14:30 horas no Edificio Multiusos de Ourol.

O prezo por persoa é de 35 euros e as tarxetas poden retirarse ata este xoves, 5 de xuño, en Casa Balsa e Farmacia de Ourol.

Etiquetas:
12/05/2025

A Biblioteca Municipal de Ourol acollerá un obradoiro da técnica de debuxo Zentangle este mércores, día 14 de maio, ás 17:30 horas.

O Concello de Ourol explica que “será un obradoiro para crear un caderno de lecturas a través da técnica de debuxo Zentangle. Non é necesario ter coñecementos de debuxo xa que do que se trata é de relaxarnos realizando sinxelos debuxos, mellorar a concentración e o benestar persoal”.

Está dirixido a todas as persoas interesadas e para participar hai que inscribirse a través dos teléfonos 982.55.90.19 ou 608.694.051.