Ourol

Etiquetas:
27/04/2017

O Concello de Ourol organiza obradoiros de robótica para rapaces co obxectivo principal de que se inicien no mundo da programación de forma sinxela e amena. Haberá dos grupos, un para os que teñen entre 8 e 12 anos e o outro para os de 13 a 18 anos.

Os obradoiros desenvolveranse os días 6, 20 e 27 de maio e 3 de xuño na Casa da Cultura de Ourol. O prazo de inscrición remata o 5 de maio e pode facerse chamando ao teléfono 982.55.90.19. 

 

Etiquetas:
17/04/2017

A Biblioteca Municipal de Ourol organiza o obradoiro titulado A ciencia é divertida o dia 22 de abril.

Esta actividade, dirixida a nen@s de 3 a 7 anos, consiste nun obradoiro de contos e experimentos. Os seus organizadores aseguran que nos primeiros anos da nosa vida movémonos pola curiosidade, e por iso é importante que os máis pequenos experimenten e gocen descubrindo.

O obradoiro dará comezo ás 11:00 horas do sábado 22 de abril, e terá lugar na Casa da Cultura-Biblioteca Municipal.

A inscrición pode facerse no número de teléfono 982 55 90 19, antes do venres 21 de abril.
Esta actividade inclúese no programa Ler conta moito.

 

Etiquetas:
04/04/2017

A asociación Chao de Castro Altair de Burela organiza un ano máis un campamento de primavera os días 8, 9 e 10 de abril. Terá lugar no centro social de Xerdiz en Ourol e está dirixido a nen@s de 7 a 14 anos.

O programa que se desenvolverá vai desde lecer ao aire libre, música, cociña, sendeirismo, xogos e actividades sobre animais e natureza. O prezo é 38 euros para socias/os e 56€ para non socias/os. Inclúe o transporte ao campamento, comidas, tendas de campaña, material de actividades, seguro e cota do mes de abril para as persoas que non sexan socias e queiran seguir participando nas actividades semanais en Burela, os domingos entre as 17:00 e as 20:00 horas.

O prazo para anotarse remata o venres 7 de abril, e as inscrición pode facerse no sitio web da asociación...

leer más
Etiquetas:
13/03/2017

A Concellería de Cultura, Xuventude e Deporte de Ourol e a Biblioteca Municipal organizan un obradoiro de Creatividade Artística, que terá lugar o 21 de marzo.

Neste obradoiro realizarase unha técnica de debuxo que consiste en trazar patróns repetitivos para crear imaxes. Utilizarase ademais un método para fomentar a tranquilidade e a concentración desenvolvendo a creatividade e a sensibilidade artística. Non é necesario ter coñecementos previos de debuxo xa que se trata de relaxarse realizando sinxelos debuxos e mellorar a concentración e o benestar persoal. Será impartido pola profesora Elisabet Hillerud.

Este obradoiro de Zentagle será o 21 de marzo na Casa da Cultura de Ourol, ás 11:00 horas. As inscricións poden facerse chamando ao número de teléfono 982 55 90 19.

 

Etiquetas:
03/03/2017

O Concello de Ourol, a través do departamento de Servizos Sociais, organiza varios actos para conmemorar o Día Internacional da Muller que se celebra o 8 de marzo.

O sábado, 11 de marzo, haberá unha xuntanza de mulleres cunha charla de sensibilización e comida-baile.

Dará comezo ás 13:30 horas no edificio multiusos do Concello de Ourol . O custe da comida é 10 euros e o prazo para anotarse remata o mércores 8 de marzo. O abono é previo a retirada de entradas no departamento de Servizos Sociais.

 

Etiquetas:
28/02/2017

A Casa da Cultura de Ourol acolle o xoves, 2 de marzo, unha charla sobre nutrición infantil.

Organizada polo Concello de Ourol, a Biblioteca Municipal e o Centro de Fisioterapia, dará comezo ás 17:30 horas e está dirixida a pais, nais e profesionais que traballen con alimentos e nenos/as. O teléfono de inscrición é o 982 55 90 19.

Os obxectivos desta charla son: informar sobre o exceso de peso e a obesidade de nenos/as, detectar se a alimentación é correcta para a súa idade, proporcionar hábitos e costumes para elixir os alimentos e tratar a ausencia de educación alimentaria nos colexios. 

 

Etiquetas:
28/11/2016
O 3 de decembro chegará a Ourol o obradoiro da Fundación TIC "O móbil e o banco de recordos".
 
O obradoiro "O móbil e o banco de recordos" estará en Ourol o 3 de decembro. Esta actividade está organizada pola Fundación TIC da Deputación Provincial de Lugo, que invita a participar ás persoas maiores de 55 anos. Os asistentes deberán levar as súas fotos máis apreciadas para que se lles ensine a dixitalizalas co seu móbil e realizar posteriormente un álbum moi especial.
 
Os interesados poden anotarse no número de teléfono 982 559019. A Fundación TIC fai un chamamento á participación para que a memoria dos nosos maiores perdure na rede.
 
Este obradoiro "O móbil e o banco de recordos" terá lugar o 3 de decembro ás 16:00 horas na Casa da Cultura de Ourol.
 
Etiquetas:
18/10/2016
A Biblioteca Municipal de Ourol acollerá o 27 de outubro o primeiro obradoiro de saúde e exercicio, que se centrará no coidado da espalda infantil.
 
A Biblioteca Municipal e o Centro de Fisioterapia de Ourol van levar a cabo unha serie de obradoiros coa finalidade de educar aos nenos/as en hábitos de vida máis saudables e diminuír a dor de espalda entre a comunidade escolar.
 
Entre os obxectivos figuran coidar a nosa espalda, ensinar hábitos saudables, coñecer a importancia do exercicio físico e corrixir os erros máis común.
 
Os destinatarios son país e nais e nenos/as de entre 0 e 12 anos. A inscrición ata o 26 de outubro, pode realizarse na Casa da Cultura ou no número de teléfono 982 55 90 19.
 
O primeiro obradoiro de saúde e exercicio, que estará centrado no coidado da espalda infantil, será impartido por Víctor Rodeiro López,...
leer más
Etiquetas:
22/08/2016
En Ourol impartirase do 5 ao 7 de setembro un obradoiro de elaboración de conservas. A inscrición remata o día 2.
 
O grupo Ourelo organiza un obradoiro de elaboración de conservas os días 5, 6 e 7 de setembro.
 
Esta actividade desenvolverase en Bravos, Xerdiz e Ourol, sempre e cando se reúna un número suficiente de persoas para celebrar un obradoiro en cada parroquia, en caso contrario realizarase en Ourol. O horario será de 18:00 a 20:00 horas e o prazo de inscrición é ata o 2 de setembro no teléfono 982 55 91 09.
 
Nestas xornadas de carácter práctico se coñecerán os xeitos máis comúns de elaboración de conservas explicando as técnicas de conservación que mellor se adecúan a cada produto, todo elo de forma práctica. Elaboraranse conservas dos vexetais máis típicos...
leer más
Etiquetas:
10/08/2016
Ourol acollerá unha xornada de mecánica e robótica o 13 de agosto na praza do Concello. Está organizada por Ourelo.
 
O grupo Ourelo coa colaboración do Concello de Ourol, e a través do programa Iniciativa Xove, organiza este sábado, 13 de agosto, unha xornada de Mecánica e Robótica.
 
A partir das 16:00 horas na praza do Concello e no edificio multiusos haberá varios stands con diferentes actividades. Terán lugar charlas anticontaminación nas que se tratarán temas como o dieselgate, as emisións dos coches e novos sistemas de anticontaminación. Se abordará ademais o coche de hidróxeno e o seu funcionamento, e levarase a cabo un obradoiro do motor no que se explicarán as partes dun motor diésel e gasolina mediante a construción dunha maqueta. Nesta xornada abordarase ademais a mecánica básica impartíndose obradoiros prácticos para unha condución...
leer más