Empresas
A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro (CCHV) pon en marcha unha nova campaña de dinamización comercial con motivo do Día do Pai, baixo o lema A semana de papá, “unha iniciativa pensada para premiar a fidelidade da clientela e incentivar as compras no comercio local. A campaña desenvolverase do xoves 12 ao mércores 18 de marzo e consistirá no sorteo dun premio sorpresa cada día entre as persoas usuarias da App ViveiroCCH. Cada premio diario está valorado en 200 euros, polo que serán un total de 1.200 euros en premios”.
O CCHV explica que “durante toda a semana, quen realice compras nos establecementos asociados poderá participar no sorteo a través da aplicación, optando así a gañar un premio diario que se dará a coñecer cada xornada. Con esta acción, o Centro Comercial Histórico busca dinamizar a actividade...
leer másFaro Norte Comunicación agradece a participación e a asistencia ao parladoiro feminino Experiencias de vida, celebrado este sábado, 7 de marzo, no Salón dos Alcaldes do Concello de Ribadeo. A empresa de comunicación ribadense quixo conmemorar o seu 18 aniversario arredor do 8M co obxectivo de renderlle homenaxe á muller compartindo experiencias de vida das 18 mulleres que acudiron a esta cita: Carmela López, presidenta da Deputación de Lugo e alcaldesa de Burela; Rocío López, alcaldesa de Lourenzá e presidenta da Mancomunidade de Concellos da Mariña; Ana Ermida, alcaldesa de Barreiros e vicepresidenta da Mancomunidade; Efigenia Maseda, alcaldesa de Alfoz; Begoña Sanjurjo, primeira tenente de alcalde do Concello de Ribadeo; Inés López, primeira tenente de alcalde do Concello de Foz; Ana Díaz, labrega e presidenta da asociación A Sucadoira; as empresarias...
leer másAta o 22 de marzo se desenvolve a campaña do día do pai de Acia Foz-CCA, que arrincou o pasado día 2.
O presidente do colectivo empresarial, José Carlos Paleo, comentou que “as persoas que realicen as compras por un importe superior a 10 euros entre o 2 e o 22 de marzo terán a posibilidade de entrar no sorteo de cinco sesións fotográficas. Queremos que as persoas gañadoras teñan un bonito recordo desta data tan especial, o día do pai”.
Paleo anima “a mercar no comercio local todo o que precisamos para o día do pai, para os Pepes e as Pepitas e a celebralo na hostalería de Foz”.
A campaña foi presentada polo presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, que estivo acompañado polo alcalde, Fran Cajoto, e pola concelleira de Comercio, Kathy Navarro.
Acia Foz-CCA...
leer másAcisa Ribadeo ven de aprobar, na súa asemblea anual, por primeira vez un calendario unificado para o sector comercial. Trátase dunha recomendación que contou co respaldo maioritario dos asistentes.
Carmen Cruzado, presidenta de Acisa, explicou que “na asemblea ordinaria, que tivemos onte, aprobouse o primeiro calendario unificado de aperturas e peches para o comercio da nosa entidade. Trátase dun calendario que nace como orientación e coma unha recomendación xeneralizada, coa que Acisa promocionará os días que se fixaron de apertura e que busca que todo o comercio da vila abra e peche de forma unánime en cada ocasión. Non é unha medida obrigatoria, pero gustaríanos que a maior parte do comercio a asuma como propia. Todos os socios e socias coñecen xa o calendario aprobado, e o que buscamos é evitar esa confusión que soe haber cada dia...
leer másGrupo Iriarte Artes Gráficas abre delegación en Foz, en la calle Calvario, 1.
En sus instalaciones trabajará una persona de 8:00 a 15:30 horas. Este viernes, día de la apertura, el horario excepcional será de 10 a 14 horas. Los servicios que prestará el grupo son imprenta offset y digital, serigrafía tradicional DTF y DTFUV, rotulación, estructuras publicitarias, señalización y equipamiento para entornos naturales y toldos.
Grupo Iriarte Artes Gráficas cuenta con instalaciones en Ribadeo desde hace 28 años y en Vegadeo desde hace 12 años en las que trabajan nueve personas.
Desde Grupo Iriarte Artes Gráficas su propietario, Francisco Iriarte, señala que “lo que pretendemos es atender de cerca toda la demanda de trabajos que tenemos en Foz y sus alrededores, al igual que en la localidad...
leer másO Centro Comercial Histórico (CCH) de Viveiro anuncia que dende este xoves, día 26, ata o sábado 28 de febreiro “serán preto de 30 negocios participantes os que liquidarán todo o stock de temporada cuns descontos incribles, chegando ata o 70% en varios casos. Trátase de converter o final de tempada de rebaixas nunha festa conxunta: haberá súper descontos, música, premios, bo ambiente e gastronomía. Coincidindo con esta campaña, 8 locais de hostalaría levarán a cabo a Ruta da Croqueta. A fin de semana será unha festa de compras con fantásticos descontos en miles de artigos e ó mesmo tempo desfrutar dunha delicia da gastronomía como son as croquetas”.
O CCH Viveiro engade que “para facelo máis chamativo, e se o tempo acompaña, unha parte dos negocios participantes sacarán os artigos á rúa, colocándoos diante das fachadas dos seus negocios...
leer másAcia Foz-CCA sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 12 locais hostaleiros. Esta campaña especial denominada "O teu café ten premio" enmárcase no Campionato Internacional de Baristas e de Cata de Cafés que se vai celebrar no IES de Foz a vindeira semana.
Aquelas persoas que tomen o café en A Rambla-Pachán, Anduriña, Bar 78, Cafetería Leyton, Coffee Urban Roasters Foz, Dandy, Los Dulces de Delphine, Marexada, O Muelle Bar, Tangarte, Xoíña Pizzería e Xoyma entre o 23 de febreiro e o 1 de marzo participarán no sorteo dunha cesta especial composta por produtos relacionados co mundo do café. O sorteo terá lugar en Radio Foz o día 6 de marzo.
O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, indica que “O teu café ten premio tivo unha boa acollida en 2024 e 2025 e neste ano agardamos repetir. Os...
leer másAcia Foz-CCA sorteou hoxe os premios da campaña de San Valentín: 400 euros en vales de compra e unha escapada romántica.
Ao número 17470, papeleta repartida en Fauna, correspondeulle o cofre coa escapada romántica; e catro números resultaron agraciados con 100 euros en vales de compra cada uno. Son o 8784, entregado en Xoguetería Bahía; o 12641, distribuído en Mapfre; o 3994, repartido en Hedra; e o 4361, entregado en Chinela.
O sorteo tivo lugar esta mañá en Radio Foz. Foi conducido por Anxo Rivas e contou coa asistencia do presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, que felicitou ás persoas afortunadas e agradeceu “a súa confianza e fidelidade nos negocios locais para esta tradicional cita e para as vindeiras campañas nas que estamos a traballar”.
Acia Foz-CCA contou para a...
leer másEn Acisa foron sorteados esta tarde e entregados os premios da campaña de San Valentín.
Roberto Rivas, de Ribadeo, é o gañador da estancia dunha noite no Hotel Pazo Carballo, de Ribadavia, e visita a Bodegas Docampo. A súa papeleta foille entregada en Ribamueble.
E Marisa Leirado, de Foz, é a gañadora da experiencia romántica a elixir entre 750 posibles destinos. A papeleta afortunada recibiuna por unha compra realizada en Dándara.
O sorteo, non presencial, tivo lugar esta tarde nas instalacións de Acisa Ribadeo, onde xa foron entregados os premios aos gañadores. No acto participaron a presidenta e o xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, que agradecen “a fidelidade no comercio local ribadense unha vez máis”. A campaña de San Valentín, na que se repartiron 10.000 papeletas, tivo lugar...
leer másDende Acisa con amor é a campaña de San Valentín que a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo desenvolverá do 5 ao 15 de febreiro. Acisa sorteará 1 experiencia dunha noite con cea romántica para dúas persoas a escoller entre 750 destinos e 1 noite no hotel Pazo Carballo, de Ribadavia, con visita a Bodegas Docampo.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, dixo: “presentamos unha nova edición da campaña de San Valentín na que imos sortear 1 experiencia dunha noite con cea romántica para dúas persoas a escoller entre 750 destinos e 1 noite no hotel Pazo Carballo, de Ribadavia, con visita a Bodegas Docampo, a desfrutar en noite de venres ou de sábado no mes de maio. Queremos que as persoas afortunadas celebren dun xeito especial o día dos namorados. Tras a campaña de Nadal, e agora que estamos en plenas...
leer más












