Fcam
A campaña da FCAM De Compras pola Mariña conta estes días co escritor e xornalista José Ribagorda, que está visitando o comercio local desta comarca “nunha defensa e aposta polos negocios dos nosos pobos, que son os que enchen de luz e de vida as rúas mariñás”.
Da man da FCAM (Federación de Comercio A Mariña) Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais históricos, algúns que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen.
A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño, en Foz. e o Centro de Interpretación da Faba, en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá durante esta fin de semana, sábado e domingo.
A FCAM promociona as compras no comercio da Mariña con 2.000 bolsas de tela e a visita do xornalista e escritor José Ribagorda.
A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explicou: “dentro da campaña De compras pola Mariña, que arrincamos o ano pasado traendo a persoas coñecidas do mundo da comunicación, do deporte ou da cultura a pasar unha fin de semana nesta comarca, este ano decidimos facer promoción do comercio local facendo estas dúas mil bolsas, que pronto poderemos ver polas rúas de Viveiro, Burela, Foz, Ribadeo ou A Pontenova. Son de tela, en tons azuis e o que queremos é seguir apostando polas compras en clave local, nos comercios das nosas vilas, que son os que enchen de luz e de cor as rúas e os que crean emprego”.
Cruzado Iglesias dixo que “a campaña, financiada por Comercio Galego e pola Xunta de Galicia...
leer másA FCAM e Logística Reyco veñen de renovar o convenio de colaboración polo que a empresa de Fazouro (Foz) estará presente na terceira edición do ciclo de charlas sobre o futuro laboral na Mariña que a FCAM levará adiante ao longo dos vindeiros meses polos centros de ensino da comarca. A FCAM e Reyco así o plasmaron no documento asinado polo CEO da empresa de transporte e loxística, Iván Marrube, e pola presidenta da federación empresarial mariñá, Carmen Cruzado.
Cruzado Iglesias agradeceu a colaboración: “desde a FCAM queremos agradecerlle o seu apoio económico a Logística Reyco, xa que estará presente como entidade patrocinadora na terceira edición do ciclo O futuro laboral na Mariña. Volveremos así aos centros de ensino da comarca para seguir contándolle á mocidade que aquí hai traballos moi dignos en moitos sectores e empresas e que na...
leer másCinco mulleres son as gañadores da campaña da Volta ao Cole da FCAM. O sorteo tivo lugar nas últimas horas e o vídeo xa pode verse nas redes sociais de A Mariña Federación.
A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explicou que “a cada tícket enviado ao correo electrónico de A Mariña Federación ao longo de todo o mes de setembro foille asignado un número por orden de recepción ou chegada. Todos foron introducidos nunha urna e os extraídos e premiados son o 135, o 3, o 110, o 10 e o 13”.
O número 135 foi por unha compra realizada en Mimimó Viveiro por Margarita; o 3 correspondeu a unha adquisición feita en O Bispo Roupa, na Pontenova, por Vanesa; o 110 foi por unha compra en Librería Nobel, en Burela, por Paula; o 10 por unha en Telbar, na Pontenova, por Carmen; e o 13 foi por unha compra feita tamén en O Bispo Roupa,...
leer másA FCAM (A Mariña Federación) organiza este xoves, 24 de setembro, unha mesa redonda para facer balance turístico do verán. O evento terá lugar ás 12:00 da mañá no Cenima, en Foz.
A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explica: “queremos pulsar a opinión de persoas e de empresas que están a pé de rúa en contacto cos milleiros de turistas que ano tras ano pasan por esta comarca durante o verán e entre todos facer unha reflexión. Esta será a segunda edición desta mesa redonda na que faremos balance do verán que despedimos hoxe”.
Cruzado Iglesias indica tamén que “é importante saber o que pensa o sector do que está a acontecer na Mariña, onde cada vez recibimos máis visitantes. Somos refuxio climático e iso vai a máis. Hai moitas preguntas no aire ¿estamos preparados? ¿hai que poñerlle freo dalgún xeito? ¿que impacto...
leer másAta o día 30 de setembro segue a campaña da Volta ao Cole da FCAM (Federación de Comercio A Mariña), que sortea 500 euros en vales de compra.
A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explica que “o obxectivo é premiar a fidelidade da clientela no comercio asociado da Mariña. Esta campaña ven complementar ás que están levando adiante algunhas das asociacións que forman parte da FCAM e axudar a aquelas outras que non teñen campaña propia de Volta ao Cole nestas datas”.
Cruzado Iglesias lembra que “participar na campaña da FCAM é moi sinxelo. Aquelas persoas que durante o mes de setembro fagan as súas compras nos comercios asociados a calquera das nosas Acias/CCAs o único que terán que facer é mandar unha foto do seu tícket de compra ao correo electrónico ...
leer másA FCAM (Federación de Comercio A Mariña) sorteará 500 euros en vales de compra na campaña da Volta ao Cole, que se desenvolverá do 1 ao 30 de setembro.
A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explica que “o obxectivo é premiar a fidelidade da clientela no comercio asociado da Mariña. Esta campaña ven complementar ás que están levando adiante algunhas das asociacións que forman parte da FCAM e axudar a aquelas outras que non teñen campaña propia de Volta ao Cole nestas datas”.
Cruzado Iglesias di que “para as familias mariñás toda axuda con vales de compra será moi ben recibida, xa que setembro é un mes de moitos gastos coa adquisición de material escolar, de uniformes, de roupa deportiva, calzado, etcétera”.
A presidenta da Federación de Comercio A Mariña subliña que “participar na campaña...
leer másA Federación de Comercio A Mariña (FCAM) distribúe materiais gratuítos de rebaixas entre as asociacións que a integran. Trátase de 25.000 tarxetas para os prezos co antes e co despois e máis de 1.000 carteis.
A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explicou que “o obxectivo é asumir custes que doutro xeito terían que afrontar as asociacións de comerciantes da Mariña que están integradas na FCAM. Recorremos a un deseño fresco e estival composto por carteis en dous formatos e as tarxetas para os prezos co antes e co despois”.
Cruzado Iglesias aproveitou a ocasión para animar á veciñanza da Mariña “a mercar tamén nas rebaixas nos negocios locais, nos que temos a carón da casa, eses que crean emprego, que fan e lle dan vida aos nosos pobos. Nos nosos comercios podemos ver, tocar e probar os produtos e se nos gustan...
leer másEste sábado, 29 de novembro, terá lugar en Burela o quinto e último sorteo da campaña De compras polo comercio da Mariña Lucense, que organiza a FCAM. En xogo estarán outros 500 euros en vales de compra.
A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explica que “todas as persoas que desde o 24 ao 29 de novembro estean a facer as súas compras nos negocios asociados a Acia Burela poderán participar no sorteo. So teñen que achegarse entre as sete e as oito da tarde pola Praza da Mariña, a obter as súas papeletas. Por cada tícket de compra que nos amosen recibirán un boleto para participar no sorteo que realizaremos a partir das 20:00 horas de mañá, sábado. Haberá tres premios en xogo en vales de compra de 250, 150 e 100 euros”.
Cruzado Iglesias sinala que “este é o quinto e último sorteo desta campaña da FCAM que...
leer másA campaña da FCAM titulada De compras polo comercio da Mariña Lucense chegará o 29 de novembro a Burela con novos convidados.
A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explica que “o sistema será o mesmo que viñemos realizando nos sorteos anteriores que tiveron lugar en Barreiros, Mondoñedo, A Pontenova e Xove. As persoas que fagan as súas compras nos comercios asociados a Acia Burela entre o 24 e o 29 novembro entrarán no sorteo de 500 euros en vales de compra. O día 29, o vindeiro sábado, ás 20:00 horas na Praza da Mariña, terá lugar o devandito sorteo. E os convidados especiais cos que imos contar serán os encargados de entregar os vales de compra ás persoas afortunadas. Con eles imos visitar diferentes enclaves turísticos de Burela e ademais imos amosarlles a excelente gastronomía coa que contamos na Mariña Lucense”.
... leer más












