Rebaixas

Etiquetas:
09/01/2024

A Asociación de Comerciantes, Industria e Autónomos de Burela lanza unha forte campaña de rebaixas ata o vindeiro 8 de marzo para promocionar os grandes descontos dos establecementos de proximidade do municipio. Nesta actividade participarán 27 negocios que poñerán diversos artigos a prezos irresistibles.

Unha vez máis, a entidade empresarial quere premiar as compras no comercio local, durante o tradicional período de rebaixas, xa que con cada compra realizada entre o 8 de xaneiro e o 8 de marzo a clientela poderá conseguir vales de 10 euros en combustible para canxear en Estación de Servizos Vista Alegre.

Ademais, esta iniciativa terá un final espectacular, dado que os días 1 e 2 de marzo chegan os “Fóra Stocks” nos que determinados produtos terán grandes descontos. Un xeito de incentivar aos clientes e tamén de...

leer más
Etiquetas:
27/06/2023

En Ribadeo dan comezo as rebaixas de verán. Os negocios da vila ofrecen interesantes descontos e Acisa ambientará as rúas os primeiros días con música. 

O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Jesús Pérez, manifestou que “aínda que ata o dia 1 de xullo non se dan por inauguradas oficialmente as rebaixas, visto que moitas marcas nacionais adiantaron unha semana esta cita, dende Acisa quixemos dar comezo un pouco antes a este período de descontos comerciais. Por iso dende este luns damos por inauguradas oficialmente as rebaixas en Ribadeo, moitos comercios xa as adiantaron uns días, e outros estano a facer nesta semana. Durante xullo e agosto centos de negocios terán grandes descontos e múltiples artigos de tempada a prezos moi interesantes, polo que animamos á veciñanza e aos visitantes a aproveitar esta...

leer más
Etiquetas:
30/06/2022

Dan comezo as rebaixas de verán, os negocios da vila ofrecen interesantes descontos e Acisa Ribadeo ambientará as rúas os primeiros días con música. 

O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Jesús Pérez, manifestou que “mañá venres damos por inauguradas oficialmente as rebaixas en Ribadeo, moitos comercios xa as adiantaron uns días, pero dende Acisa preferimos sempre comezalas na data tradicional. Durante xullo e agosto centos de negocios terán grandes descontos e múltiples artigos de tempada a prezos moi interesantes, polo que animamos á veciñanza e aos visitantes a aproveitar esta cita”.

Pérez Prada subliñou que “desde Acisa apoiamos os nosos negocios con materiais gratuítos, que xa foron repartidos, como cartelería anunciadora das rebaixas, tarxetas co antes e o despois da...

leer más
Etiquetas:
25/08/2021

A Asociación de Comerciantes, Industria e Autónomos de Burela lanza unha campaña de Fin de Rebaixas para os días 26, 27 e 28 de agosto con grandes descontos nos comercios locais asociados. 

Unha magnífica oportunidade para facer as últimas compras da época estival a grandes prezos en produtos da anterior tempada. Esta iniciativa ten dúas vertentes: por un lado, os usuarios dos establecementos de proximidade atoparán prezos irresistibles para mercar os artigos de fin de verán; e, polo outro, os comercios asociados teñen así a oportunidade de darlle saída aos produtos da anterior tempada para así poder traer e expoñer xa os da nova. Polo tanto, esta acción beneficia tanto aos comerciantes como aos visitantes e á veciñanza que pase esta fin de semana pola vila. 

Logo deste ano marcado pola pandemia, na que os...

leer más
Etiquetas:
26/06/2019

Foz vivirá un fin de semana comercial co inicio das rebaixas de verán e a celebración da 6ª Festa Vintage, que organiza o CCA. 

Os comercios participantes na nova edición da Festa Vintage ofrecerán descontos especiais durante esas dúas xornadas. Trátase de Vagaluz, Hola Ola, 5 Lobiños, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Outlet, Don Zapato, Alma Libre, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Vas´s, Vas´s Outlet, Longarela, Chinela Nenos, Lourdes Lencería y Baño, Chuvia, María Docampo, Sueños, N1 Deportes, Xanela Complementos e Agasallos, La Flor Abulense, Arrullos, Calzados Pirde, Unique-2 e Lencería Esther.

A fin de semana do 28 e 29 de xuño será un bo momento para facerse con prendas de temporada no comercio focense asociado ao CCA a prezos moi interesantes. Con esta cita darán comezo as rebaixas de verán.

... leer más