Foz vivirá os días 28 e 29 de xuño un fin de semana comercial co inicio das rebaixas de verán e a celebración da 6ª Festa Vintage, que organiza o CCA.

Foz vivirá un fin de semana comercial co inicio das rebaixas de verán e a celebración da 6ª Festa Vintage, que organiza o CCA. 

Os comercios participantes na nova edición da Festa Vintage ofrecerán descontos especiais durante esas dúas xornadas. Trátase de Vagaluz, Hola Ola, 5 Lobiños, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Outlet, Don Zapato, Alma Libre, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Vas´s, Vas´s Outlet, Longarela, Chinela Nenos, Lourdes Lencería y Baño, Chuvia, María Docampo, Sueños, N1 Deportes, Xanela Complementos e Agasallos, La Flor Abulense, Arrullos, Calzados Pirde, Unique-2 e Lencería Esther.

A fin de semana do 28 e 29 de xuño será un bo momento para facerse con prendas de temporada no comercio focense asociado ao CCA a prezos moi interesantes. Con esta cita darán comezo as rebaixas de verán.

Ademais haberá actividades de animación nas rúas, algunhas dedicadas especialmente aos máis pequenos e a música tamén será protagonista para amenizar a sesión vermú. Xoyma colabora coa Festa Vintage organizando unha sesión vermú a mediodía e un concerto pola noite o sábado. Será a carón deste local. E Pastelería Anduriña tamén ofrecerá unha sesión vermú o sábado nas inmediacións deste establecemento.  E diante da xoguetería Buxo, na glorieta de Vilalba, haberá unha sesión de globoflexia para nenas e nenos. 

O CCA conta coa colaboración do Concello de Foz e da Xunta de Galicia para a organización deste evento.