obradoiro de teatro

21/03/2026

O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, organiza un obradoiro de teatro comunitario este domingo, día 22 de marzo. Será nas Escolas Vellas de San Miguel de Reinante de 17:00 a 20:00 horas.

“Este domingo 22 temos unha nova oportunidade para xuntarnos arredor do teatro, compartir, crear e deixarnos levar pola experiencia colectiva. Da man de Raquel López Cendán, abrimos un espazo para explorar, xogar e descubrir o que pode xurdir a través do corpo, da voz e da escoita compartida. Unha tarde para experimentar sen présas, para rir, para probar e para construír comunidade a través do teatro”, anuncia o Colectivo Cultural Ollomao.

 

15/04/2025

O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, organiza un obradoiro de teatro para este domingo, día 20 de abril, nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante de 17 a 20 horas.

“Gústache a interpretación, pero tamén che gustaría crear a túa propia peza teatral, subir ao escenario esa fermosa historia da túa familia ou veciñanza que doutro xeito ficaría no esquecemento? Gústache o teatro, pero preferirías algo fresco e dinámico no canto de memorizar longos parlamentos? Non tes experiencia teatral, mais gustaríache explorar a expresión corporal, a voz, o poder da palabra e as emocións, o clown, a escoita, o drama ou a comedia? Se queres bucear na intrahistoria da Mariña, crear, desfrutar do teatro e formar parte dun grupo ben xeitoso, achégate. Estas son as verbas da nosa condutora, guía, mestra teatral Raquel López Cendán, para describir o...

leer más