Ollomao

27/03/2026

O colectivo cultural Ollomao organiza no municipio de Barreiros un ciclo de obradoiros de artesanía, titulado SanArte, os días 29 de marzo, 26 de abril, 30 de maio e 13 de xuño.

Ollomao anuncia que “con este ciclo de obradoiros convidámosvos a parar, respirar e reconectar co ritmo pausado do traballo artesanal. A través de diferentes propostas creativas achegarémonos ao poder terapéutico de crear coas mans, ao contacto cos materiais naturais e á inspiración que nos ofrece a natureza. Serán encontros para aprender, experimentar e compartir, pero tamén para atoparnos nun espazo seguro, entre iguais, onde conversar sen présa e deixar que o benestar xurda do colectivo. Porque ás veces crear tamén é iso: escoitar, compartir e sentir que formamos parte de algo común”.

Este domingo, día 29 de marzo na Escolas...

leer más
21/03/2026

O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, organiza un obradoiro de teatro comunitario este domingo, día 22 de marzo. Será nas Escolas Vellas de San Miguel de Reinante de 17:00 a 20:00 horas.

“Este domingo 22 temos unha nova oportunidade para xuntarnos arredor do teatro, compartir, crear e deixarnos levar pola experiencia colectiva. Da man de Raquel López Cendán, abrimos un espazo para explorar, xogar e descubrir o que pode xurdir a través do corpo, da voz e da escoita compartida. Unha tarde para experimentar sen présas, para rir, para probar e para construír comunidade a través do teatro”, anuncia o Colectivo Cultural Ollomao.

 

Etiquetas:
13/01/2026

O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, representará en Ribadeo a obra teatral Dona Clara, inspirada en A visita da vella dama, de Friedrich Dürrenmatt. Será este domingo, día 18 de xaneiro, ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval.

O prezo da entrada é de 3 euros.

 

25/12/2025

O Apalpador estará este domingo, día 28 de decembro, desde as 18 horas na Praza do Concello de Barreiros.

Esta visita está organizada polo Colectivo Cultural Ollomao, que anuncia: “xa chegou o señor Apalpador e este ano vén acompañado de música, cantigas e encontro arredor da tradición, nun obradoiro en familia con Blanca Villares. Esta actividade vén promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Barreiros para completar así unha tarde de lecer e cultura. E volveremos ter chocolatada”.

Etiquetas:
12/12/2025

O grupo teatral do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, representará en Viveiro a obra titulada Dona Clara. Será este sábado, día 13 de decembro, no Teatro Pastor Díaz ás 20:30 horas. É unha actuación incluída no Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A entrada é de balde ata completar aforo e non é necesario facer reserva previa.

O Concello de Viveiro anuncia que é unha traxicomedia para público adulto cunha duración de 90 minutos. Tamén explica que se trata dunha tradución e adaptación da obra orixinal O regreso da vella dama, de Friedrich Dürrenmatt, a cargo de Ramón Casas, que ademais é o director.

O elenco está formado por: Juan Rodríguez, Benito Pérez, Patricia Pérez, Ramón Ángel Ares, Sandra Novo, Xosé Friol, Tino González, Fanny Pedre, Miriam Bouso,...

leer más
14/11/2025

O grupo teatral do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, representará a obra Dona Clara este domingo, día 16 de novembro, ás 19:00 horas no Centro Social de Cangas de Foz.

A entrada é de balde.

Etiquetas:
31/10/2025

A Casa da Cultura do Vicedo acollerá dúas representacións teatrais esta fin de semana, o sábado 1 o domingo 2 de novembro.

 O Concello do Vicedo anuncia: “o sábado ás 20 horas teremos unha obra de teatro do grupo Avelaíña, de Pontevedra, titulada Almas na Gloria: D. Paco, coa seguinte sinopse: cumpridos trece anos do seu pasamento, a Real Academia Galega acordou dedicarlle o día das Letras Galegas do ano 2023 a quen foi o creador desa efeméride, Don Francisco Fernández del Riego. Os amigos de Don Paco (Ramón Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro, Ricardo Carballo Calero, Ramón Piñeiro, Enrique Peinador, Fermín Penzol e Manuel Gómez Román) acompañan a Del Riego na súa apoteose de elevación ao retablo dos Galegos Ilustres. No encontro rememoran a súa mocidade universitaria no Seminario de Estudos Galegos, nas Irmandades da Fala e no...

leer más
20/10/2025

O Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme de Barreiros, acollerá unha charla sobre as velutinas este venres, día 24 de outubro, ás 20 horas.

É unha actividade organizada polo Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, que explica que “As Lambiscadas Científicas son charlas de divulgación científica para público xeral. Teñen unha duración aproximada dunha hora ou hora e media e realízanse a través de asociacións e colectivos locais. Están impulsadas por XuvenLab, en colaboración coa Área de Medio Rural, do Mar e Mocidade da Deputación Provincial de Lugo, dentro do proxecto Ciencia á Feira financiado pola FECYT. Trátase dun proxecto interxeracional, comunitario e itinerante, que leva o coñecemento científico a lugares onde habitualmente non chega, e sempre en diálogo coas realidades locais. E no noso caso escollemos...

leer más
03/09/2025

O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, estreará unha nova obra de teatro, titulada Dona Clara; con representacións nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante os días 19, 21 e 28 de setembro.

Ollomao anuncia: “prepárate para coñecer a Dona Clara, unha historia chea de ironía, segredos e contas pendentes … Corenta anos despois de marchar Clara regresa á súa vila convertida nunha das mulleres máis ricas do mundo. Chega disposta a “axudar”, pero a súa proposta porá a proba a moralidade de todo o pobo. O que parece xenerosidade agocha un prezo difícil de asumir …”.

As funcións serán nos Colexios Vellos de San Miguel o venres 19 de setembro ás 22:00 horas, o domingo 21 ás 20:00 e o domingo 28 ás 20:00 horas. O prezo da entrada é de 5 euros e poden reservarse previamente no teléfono 678.546.526 (Marisa,...

leer más
Etiquetas:
27/05/2025

O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, organiza un obradoiro de teatro este sábado, día 31 de maio. Será no Centro Social Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme, de 17:00 a 20:00 horas.

“Nesta ocasión trasladámolo ao Centro Social Manuel Díaz Sampedro debido ás Xornadas Etnográficas da Mariña que se celebran nas Escolas Vellas durante todo o fin de semana. Recordámosvos que podedes asistir sen ningún tipo de compromiso, probar e pasar unha tarde diferente. O teatro comunitario é moito máis ca unha obra sobre un escenario: é encontro, é memoria compartida, é a voz dun pobo que se conta a si mesmo. A través del veciños e veciñas convértense en protagonistas da súa propia historia, fortalecendo os lazos que nos unen”, explica o Colectivo Cultural Ollomao.