
O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, organiza un obradoiro de teatro comunitario este domingo, día 22 de marzo. Será nas Escolas Vellas de San Miguel de Reinante de 17:00 a 20:00 horas.
“Este domingo 22 temos unha nova oportunidade para xuntarnos arredor do teatro, compartir, crear e deixarnos levar pola experiencia colectiva. Da man de Raquel López Cendán, abrimos un espazo para explorar, xogar e descubrir o que pode xurdir a través do corpo, da voz e da escoita compartida. Unha tarde para experimentar sen présas, para rir, para probar e para construír comunidade a través do teatro”, anuncia o Colectivo Cultural Ollomao.


