Gastronomía

Etiquetas:
22/10/2026

Del 23 al 25 de octubre tendrán lugar las novenas jornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo. Están organizadas por Acisa y participarán 19 establecimientos hosteleros.

La presidenta del colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado, señala que “todo está listo para las jornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que se van celebrar del 23 al 25 de octubre, como actividad dinamizadora de nuestra hostelería. Con esta iniciativa, que llega a su novena edición, queremos rendir homenaje a nuestras vecinas y vecinos asturianos, que muchos fines de semana del año se acercan a Ribadeo a tomar los vinos y los vermús, a comer, a cenar, a pasear o a comprar en el comercio local”.

El gerente de la Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios y Autónomos ribadense, Jesús Pérez, indica que “en esta ocasión son 19 los...

leer más
Etiquetas:
20/10/2026

Oito restaurantes da Mariña ofrecerán do 22 de outubro ao 22 de novembro menús saudables con produto do mar dentro do proxecto Pesca Saúde, dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP). Son A Cociña de Rocío, de Burela; Restaurante Boa Vista, de Celeiro (Viveiro); O Almacén Hotel Restaurante, de Cervo; Casa Damián e Restaurante O Rincon do Mis, de Foz; El Oviedo e Restaurante San Miguel, de Ribadeo; e Restaurante Pepe, de Xove. Anunciouno o GALP A Mariña-Ortegal, que engade: “baixo o lema Come o mar, come saúde, os restaurantes participantes incluirán, dentro da súa carta habitual, suxestións e menús deseñados en colaboración con nutricionistas que teñen como protagonista o produto pesqueiro”.

O GALP A Mariña-Ortegal destaca que “os produtos do mar están cheos de sabor e tamén de propiedades nutricionais. Co...

leer más
Etiquetas:
15/10/2026

Del 23 al 25 de octubre tendrán lugar las novenas jornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo. Están organizadas por Acisa y participarán 19 establecimientos hosteleros.

La presidenta del colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado, señala: “desde Acisa decidimos apostar un año más por las jornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que se van celebrar del 23 al 25 de octubre, como actividad dinamizadora de nuestra hostelería. Con esta iniciativa queremos rendir homenaje a nuestras vecinas y vecinos asturianos, que muchos fines de semana del año se acercan a Ribadeo a tomar los vinos y los vermús, a comer, a cenar, a pasear o a comprar en el comercio local. La presencia de quienes se desplazan desde Asturias es muy importante para nosotros y por eso decidimos seguir organizando estas jornadas, que llegan a su novena edición. La cita es...

leer más
Etiquetas:
13/10/2026

O Concello de Cervo anuncia que este xoves, día 15 de outubro, a hostalería de San Ciprián “volve poñerse en modo tapeo coa iniciativa Sanci Tapeando, unha proposta que ofrece cada xoves unha oportunidade para gozar da gastronomía local a un prezo accesible e nun ambiente de proximidade”.

A iniciativa, que conta coa colaboración do Concello de Cervo, reúne aos establecementos Cervecería A Penúltima, Cervecería Las Titas, Bar Maruxaina, Bar O Faro, Terraza O Noso Lar, Bodega De Ana e Bar La Habana. Todos os xoves cada local ofrece unha tapa diferente e elaborada, ao prezo único de 3 euros. Ademais as persoas que participen na ruta gastronómica poderán optar ao sorteo mensual presencial, que irá rotando polos 7 locais participantes, explica o Concello de Cervo.

As persoas interesadas poden seguir semana a semana...

leer más
Etiquetas:
09/10/2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou na lonxa de Burela na presentación da sétima edición do Camiño Gastronómico do Mar, organizada pola Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela (OPP-7) e a Asociación Amigos do Camiño do Mar. A iniciativa desenvolverase entre outubro e novembro a través de sete etapas que vinculan o sendeirismo, a gastronomía e o patrimonio cultural de 15 concellos da Mariña lucense, Ortegal e Ferrolterra. Serán percorridos a pé de entre 12 e 15 quilómetros que comezarán este domingo, 11 de outubro, coa ruta entre Ribadeo e Barreiros, e continuará por Foz-Burela, Cervo-Xove, Viveiro-O Vicedo, Mañón-Ortigueira e Cariño-Cedeira, ata concluír o 22 de novembro coa etapa entre Valdoviño, Narón e Neda.

Villaverde referiuse aos distintos sectores que participan na iniciativa e á relación entre a...

leer más
Etiquetas:
08/10/2026

O Centro Comercial Histórico de Viveiro pon en marcha de novo os xoves de tapeo cunha nova edición do Juepeo, unha proposta gastronómica que “xa leva 11 anos en marcha e é unha iniciativa consolidada na vila”. Retoma este xoves, 8 de outubro, “unha das súas citas gastronómicas máis populares: o Juepeo, que regresa este mes de outubro para converter os xoves nunha oportunidade perfecta para saír, probar novas propostas e desfrutar da hostalería local”.

Cada xoves os 15 locais participantes ofrecerán unha tapa especialmente elaborada para a ocasión, “cunha ampla variedade de propostas gastronómicas: desde croquetas, hamburguesas e tortillas ata raxo, cachopo, polbo, vieiras, pratos internacionais e outras creacións pensadas para sorprender aos clientes. Os participantes son: Muro Restaurante, Vinoteca Los Leones, Cornelius Taberna, La...

leer más
Etiquetas:
26/09/2026

Do 2 ao 4 de outubro celebraranse en Ribadeo as xornadas gastronómicas de exaltación do mexillón, que organiza Acisa coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Na cita participarán 25 locais hostaleiros. 

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “a fin de semana do 2 ao 4 de outubro terán lugar en Ribadeo as xornadas gastronómicas de exaltación do mexillón nas que participarán 25 locais hostaleiros asociados a Acisa, que van ofrecer tapas e pratos preparados cun produto excepcional. Grazas á colaboración da Área de Mar da Deputación de Lugo puidemos desde Acisa organizar esta nova cita. Esta é xa a oitava vez que desde Acisa regalamos materia prima para a elaboración das tapas e dos pratos ás nosas asociadas e asociados, co que pretendemos deste xeito aforrarlles custes nalgunhas das campañas que lles propoñemos...

leer más
Etiquetas:
19/08/2026

Ribadeo acollerá este sábado, 22 de agosto, a IV Festa da Ría, que organizan a asociación cultural Catro Caños e Mariscadores a pé O Cerredo coa colaboración da Consellería do Mar, Concello de Ribadeo, Xacobeo 2027 e Unión Europea.

A concelleira de Turismo, Marta Saiz, contou que “a partires das doce da mañá haberá degustación de mexillóns, ostras da ría e empanada na carpa instalada a carón da lonxa. Haberá tamén música tradicional en directo para amenizar a xornada”.

A edil ribadense subliñou que “será un día para poñer en valor o produto do mar e da nosa ría, así como a música tradicional e a nosa cultura. Animamos a veciños e visitantes a achegarse este sábado ata a lonxa de Ribadeo a pasar unha xornada diferente. Agradecemos á asociación Catro Caños e Mariscadoes a pé O Cerredo a súa organización e a...

leer más
Etiquetas:
10/08/2026

Este venres, 14 de agosto, terá lugar a VIII Festa do Ovo Frito, que organiza o Celta Barreiros coa colaboración do Concello. Será no campo de fútbol do Cascabeiro a partir das 19:30 horas. 

O menú consistirá en 2 ovos, 1 chourizo, patacas fritas, pan e para beber viño, cervexa e auga. O prezo será de 12 euros por persoa. E de 10 euros para aqueles que retiren os tíckets de xeito anticipado no bar Miramar,  en Casa Melva ou a través dos membros da organización chamando ao teléfono 659 392 666.

Os organizadores explican que “as ceas empezarán a repartirse a partir das 19:30 horas”. Na VIII Festa do Ovo Frito haberá verbena a partir das 21:30 horas amenizada polo Dúo ÉPOKA e por Disco Móvil The Sound Project. 

Desde o CF Celta Barreiros animan “a achegarse ao Cascabeiro este venres, día 14...

leer más
30/07/2026

O atrio da igrexa de Landrove, no municipio de Viveiro, acolle a novena edición da Festa da Paella este venres, día 31 de xullo, ás 21:00.

É un evento organizado pola Asociación Cultural Deportiva Pequenos Pasos. Repartiranse racións de paella (inclúe tamén pan, sobremesa e café)  a 14 euros para as persoas asociadas e a 17 euros para o resto dos asistentes.

A festa será amenizada polo dúo Caramelo.