Gastronómico
Desde a organización sinalan que “mañá venres quen queira colaborar co mercadiño gastronómico a favor da AECC de Ribadeo, pode levar os seus postres, comida.... a partir das 12 da mañá ao bar A Menchina ata a hora de celebrar o mercadiño no Parque de San Francisco”.
Alí poranse á venda empanadas, tortillas, biscoitos, rsoquiñas, tartas e freixós, refrescos, sangría.
A recadación irá destinada á AECC de Ribadeo.
Hoxe foi presentado o cartel da décimo quinta edición do Ribadeo de Tapeo, o concurso gastronómico que se desenvolverá do 14 ao 22 de maio en máis de 30 locais hostaleiros. Haberá sobremesas culturais, soños gastronómicos, Letras no Campo ou O Renacer do Cantil, entre outras actividades. O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, subliñou que unha das novidades será a fase previa voluntaria de asesoramento para os locais que o desexen a cargo do chef Daniel López, do restaurante O Camiño do Inglés e membro do coñecido Grupo Nove.
O edil ribadense manifestou que “un ano máis o Concello de Ribadeo organiza o Ribadeo de Tapeo, que xa vai pola súa décimo quinta edición e que terá lugar entre o 14 ao 22 de maio. Este concurso, decano dos fogóns da gastronomía de Galicia, é un dos nosos mellores escaparates gastronómicos. Nesta ocasión máis dunha...
leer más