O 11 de agosto terá lugar en Ribadeo unha nova edición do Mercadillo Gastronómico a beneficio da AECC.

O 11 de agosto terá lugar en Ribadeo, no parque de San Francsico, unha nova edición do Mercadillo Gastronómico a beneficio da AECC.

Dará comezo ás 19:00 horas. Os organizadores contan coa colaboración de 21 locais hostaleiros de Ribadeo ademais de particulares, que tamén achegan as súas elaboracións. 

Ademais van poñer á venda rifas ao prezo dun euro e haberá o sorteo de diferentes experiencias gastronómicas. 

A AECC de Ribadeo mantén tamén o seu mercadillo semanal aberto os mércores nun local na rúa Deputación entre as 11 e as 14 horas. Será ata despois das festas patronais.