Sesións

Etiquetas:
29/02/2020

O proxecto Apego de Ribadeo organiza novas sesións de matronatación que se celebrarán no mes de marzo. Os destinatarios son nenos e nenas entre 9 meses e 4 anos e o prazo para inscribirse remata o vindeiro luns, 2 de marzo.

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, explicou que “o proxecto Apego de Ribadeo, que xira arredor da transmisión do galego ás novas xeracións, inicia este martes, 3 de marzo, unhas sesións de actividades de matronatación, que xa o ano pasado gozaron de moita aceptación polas familias con crianzas entre 9 meses e 4 anos”.

A edil nacionalista sinalou que “agora mesmo a quenda das cinco e media está ocupada, máis aínda hai algunha praza nas outras quendas, a das catro, a das catro e media e a das cinco. As sesións van ter lugar os martes de marzo, é dicir os días 3, 10, 17 e 24. E van ser...

leer más