Auga

Etiquetas:
05/08/2021

O Concello de Mondoñedo pon en marcha a creación dun museo sobre as traídas de augas de Mondoñedo dentro do espazo da Fonte Vella, amosando sistemas de canalización dende o século XVIII ao XXI. O centro de interpretación ofrecerá tanto obxectos coma descricións e informacións relacionadas coas traídas de auga a Mondoñedo.

O novo centro de interpretación de Mondoñedo situarase no espazo interior de bóveda de canón onde se localizan as captacións de auga da Fonte Vella, sen que afecte ás captacións internas que na actualidade están canalizadas.

Entre os elementos que se poderán ver neste museo atópase un cano de pedra de finais do século XVIII que formaba parte da traída de abastecemento de auga do pazo episcopal e continuaba ata a praza do Seminario. Tamén un exemplo de tubo de cerámica usado nos séculos XVIII e...

leer más
Etiquetas:
29/02/2020

O proxecto Apego de Ribadeo organiza novas sesións de matronatación que se celebrarán no mes de marzo. Os destinatarios son nenos e nenas entre 9 meses e 4 anos e o prazo para inscribirse remata o vindeiro luns, 2 de marzo.

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, explicou que “o proxecto Apego de Ribadeo, que xira arredor da transmisión do galego ás novas xeracións, inicia este martes, 3 de marzo, unhas sesións de actividades de matronatación, que xa o ano pasado gozaron de moita aceptación polas familias con crianzas entre 9 meses e 4 anos”.

A edil nacionalista sinalou que “agora mesmo a quenda das cinco e media está ocupada, máis aínda hai algunha praza nas outras quendas, a das catro, a das catro e media e a das cinco. As sesións van ter lugar os martes de marzo, é dicir os días 3, 10, 17 e 24. E van ser...

leer más
Etiquetas:
12/02/2020

O alcade de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, asinaron un convenio de colaboración cultural co coordinador de Negocio Institucional en Lugo de ABANCA, Óscar Rodríguez, e a coordinadora institucional para Ourense e Lugo de Afundación, Beatriz Fernández-Anguiano, que permitirá á veciñanza de Cervo poder desfrutar da mostra “Auga. O sangue da terra”, obra do monfortino Manuel Valcárcel.

Este proxecto, que pretende concienciar sobre a importancia do uso responsable da auga, poderase visitar desde o día 20 de febreiro, ata o 22 de marzo, na sala de exposicións, en horario de 9:00 a 14:30 horas, e de 16:00 a 20:00 horas, de luns a venres.

Para o vindeiro xoves, 20 de febreiro, está prevista a súa inauguración cunha visita guiada.

A exposición itinerante...

leer más
Etiquetas:
31/08/2017

Chega o remate do verán e con él a clausura da piscina municipal de Alfoz o 3 de setembro; non sen antes despedir a tempada cunha festa acuática infantil organizada polo Concello.

O evento terá lugar nas propias instalacións o vindeiro domingo, día 3, en horario de 16:00 a 20:00 horas e na que haberá hinchables acuáticos, waterball e xogos acuáticos gratuitos.

Etiquetas:
31/08/2017

O Concello de A Pontenova organiza unha Festa Acuática-Fin do Verán o venres, 1 de setembro.

Haberá xogos acuáticos e inchables acuáticos, e terá lugar na Piscina Municipal de A Pontenova.

Esta actividade é gratuíta e desenvolverase entre as 16:00 e as 20:00 horas.

 

Etiquetas:
03/08/2016
A praia focense de Tupide acollerá este venres, 5 de agosto, unha festa acuática para nen@s a partir de 5 anos.
 
A praia focense de Tupide acollerá este venres, día 5, unha festa acuática para nenos e nenas a partir de 5 anos de idade.
 
A Delegación de Xuventude do Concello de Foz anunciou hoxe, mércores, que “este venres a partir das 16:30 horas teremos unha festa acuática con inchables na praia de Tupide. Os nenos e nenas, a partir de 5 anos de idade, que o desexen poderán gozar dunha tarde de xogos na auga”.
 
 
Etiquetas:
21/07/2016
A praia focense de Tupide acollerá un bautismo náutico en motos de auga para maiores de 6 anos. Será este domingo, 24 de xullo.
 
A praia focense de Tupide acollerá un bautismo náutico en motos de auga para maiores de 6 anos este domingo, día 24, ás 17:30 horas.
 
A concelleira de Xuventude e Deportes, Mercedes González Alonso, anunciou hoxe que “o vindeiro domingo, 24 de xullo, teremos a oportunidade de gozar das motos náuticas na ría de Foz. Grazas ao club Galijet o Concello de Foz ofrece a posibilidade de dar un paseo en moto de auga pola ría de Foz a todas as persoas que o desexen. Será a partir das 17:30 horas na praia de Tupide”. 
 
Mercedes González engadiu que “dezaseis motos de auga achegaranse a Foz para que pequenos e pequenas, desde 6 anos de idade, e maiores gocen deste...
leer más