Concerto

08/08/2026

O Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O venres 14 de agosto ás 20.30 horas o Auditorio da Casa da Cultura acollerá un concerto da man do tenor Santiago Ballerini, a soprano Berna Perles e o pianista Javier Carmena.

O programa estará dividido en dúas partes: a primeira reunirá unha selección de pezas de Mozart, Donizetti, Verdi e Puccini, coas obras Idomeneo, Le nozze di Figaro, Don Giovanni, L'elisir d'amore, La forza del destino e La bohème.

Na segunda parte interpretaranse pezas de Amadeo Vives, Pablo Sorozábal, Manuel Fernández Caballero, Javier Carmena e Federico Moreno Torroba, con fragmentos de Doña Francisquita, La del manojo de rosas, El dúo de la Africana, El orgullo de quererte e Luisa...

leer más
Etiquetas:
06/08/2026

A Orquesta Mondragón e Fórmula V encherán Ribadeo de ritmo este sábado, 8 de agosto, co Gran Guateque do Xacobeo. 

A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, explicou que “este sábado, 8 de agosto, terá lugar o Gran Guateque do Xacobeo, a partir das dez da noite na Praza de España, coa participación en directo da Orquesta Mondragón, con Javier Gurruchaga ó fronte e Fórmula V co incombustible Paco Pastor.  Disfrutaremos dun concerto gratuíto e será unha noite para recordar, cantar e bailar temas que todos coñecemos como  Viaje con nosotros, Soy yo tu lobo ou Lola, entre outros moitos éxitos da Orquesta Mondragón e os inesquecibles temas de Fórmula V como Cuéntame, Eva María ou Vacaciones de Verano”.

A edil ribadense anima a acudir ao Gran Guateque este sábado, 8 de agosto: “convidámosvos a pasar unha noite...

leer más
Etiquetas:
24/07/2026

A Banda Municipal de Música de Ribadeo estará acompañada por gaitas no concerto do Día da Patria que ofrecerá este sábado, día 25 de xullo ás 20:30 horas no Campo de San Francisco.

O director da formación, David Ballester Martínez, anunciou que “o repertorio será moi variado e mesturaremos obras de temática galega con pezas doutros estilos. Como novidade este ano imos estrear algunhas obras que vai ser a primeira vez que estean enriba dos atrís da Banda Municipal e nelas haberá música de gaitas”.

David Ballester anima á xente a que se achegue mañá, sábado, ás oito e media da tarde ao Campo de San Francisco “para desfrutar deste concerto. Esperamos que nos acompañe o tempo, pero en caso de que non sexa así trasladarémolo ao auditorio Hernán Naval”.

Etiquetas:
01/07/2026

Esta semana está tendo lugar na Escola Municipal de Música de Burela un curso de iniciación ao jazz que se está a desenvolver ata este venres, 3 de xullo, en horario de tarde. Trátase dun curso gratuíto aberto á cidadanía, centrado na aprendizaxe, a improvisación e o traballo en grupo. A actividade concluirá cun concerto final para celebrar o remate do curso este venres, día 3 de xullo, ás 20:30 horas, na praza do Concello de Burela.

O tenente de alcaldesa de Burela e responsable da Escola de Música, Mario Pillado, destacou a importancia de promover actividades que acheguen a música á veciñanza e explicou que este curso “é unha oportunidade para que persoas con interese polo jazz poidan achegarse a este estilo musical nun ambiente de aprendizaxe e colaboración”. Tamén animou á veciñanza a acudir ao concerto final, que “permitirá compartir...

leer más
Etiquetas:
28/06/2026

O Auditorio Municipal de Burela acollerá o venres 21 de agosto ás 20:00 horas o concerto solidario do grupo ugandés Aba Taano, “unha das formacións de góspel africano con maior recoñecemento internacional. A actuación, organizada a beneficio da ONG Música para Salvar Vidas, combinará música, solidariedade e compromiso social nunha proposta cultural de gran nivel” anuncia o Concello de Burela, que engade: “a través das súas voces, da súa enerxía e da música tradicional africana, Aba Taano ofrecerá un espectáculo cheo de ritmo, emoción e esperanza, no que o público poderá coñecer de primeira man un proxecto no que a música se converte nunha ferramenta de transformación social. Os cinco integrantes da formación forman parte da ONG Música para Salvar Vidas, unha iniciativa que traballa para ofrecer educación, formación e oportunidades de futuro a nenos e mozos en situación de...

leer más
Etiquetas:
17/06/2026

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo continúa a desenvolver o seu programa Musiqueando polas parroquias, unha iniciativa que busca descentralizar a oferta cultural do municipio e achegar o traballo do alumnado a todos os veciños e veciñas. A vindeira cita terá lugar en Ove o luns 22 de xuño ás 19:00 horas. O escenario elixido será a antiga escola, onde se ofrecerá unha pequena mostra do esforzo realizado por unha parte do alumnado do centro ao longo do presente curso académico.

Segundo explica o responsable da EMMeD, Hugo García, “esta actividade responde a un dos piares fundamentais da institución: un dos nosos obxectivos prioritarios é consolidarnos como un motor sociocultural para todo o concello de Ribadeo, e non só para o seu núcleo urbano”.

García sinala que esta programación...

leer más
Etiquetas:
13/06/2026

O grupo Estrellas de Buena Vista y Más ofrecerá o concerto estelar do XI Ribadeo Indiano o vindeiro 12 de xullo na rúa San Roque. A formación cubana porá o punto final a tres días de irmandade cultural.

A organización do Ribadeo Indiano explica que Estrellas de Buena Vista y Más “naceu en 2021 baixo a dirección musical de Pancho Amat, recoñecido como o mellor tresero do mundo. O proxecto xurdiu coa misión de preservar o patrimonio do Buena Vista Social Club. O grupo está conformado por membros orixinais e novas xeracións de talentosos músicos, que buscan transmitir as raíces más profundas da música cubana, respectando as tradicións e integrando influencias contemporáneas que enriquezan o seu repertorio. Comparten alegría e ritmo vibrante nas súas actuacións, nas que combinan a experiencia dunha parte dos seus compoñente coa frescura dos...

leer más
12/06/2026

O Concello de Ribadeo continúa coa promoción da programación organizada arredor do Día do Orgullo LGTBIQ+ e anima á veciñanza e ás persoas visitantes a participar na gran celebración prevista para o próximo 21 de xuño, domingo. A xornada desenvolverase a partir das 13:00 horas no Quiosco do Parque San Francisco cunha sesión vermú que “combinará música, cor, convivencia e reivindicación da diversidade. O acto central será o concerto de Eris Mackenzie, unha das voces emerxentes máis destacadas da nova escena musical galega”.

A organización do evento destaca que Eris Mackenzie “ofrece unha proposta innovadora na que fusiona a electrónica contemporánea con elementos da música tradicional galega, creando unha sonoridade única que o converteu nun dos nomes con maior proxección dentro do panorama musical galego actual. O seu traballo combina...

leer más
22/05/2026

A Banda de Música de Foz ofrecerá un concerto dedicado ás Letras Galegas. Será na vila focega, concretamente na Praza Conde de Fontao, este sábado, día 23 de maio, ás 20:00 horas.

O Concello de Foz anuncia: “Este sábado temos unha cita moi especial coa nosa cultura galega: a Banda de Música de Foz ofrecerá un concerto homenaxe á cultura galega na Praza Conde de Fontao”.

En caso de choiva a actuación trasladarase á Sala Bahía.

Etiquetas:
13/05/2026

O Círculo Habanero da Devesa, no municipio de Ribadeo, acollerá este venres, día 15 de maio, ás 20:30 horas un concerto das cantautoras Eva Rosado e Celia Pía. O prezo da entrada é de 10 euros.

É un evento organizado pola Asociación Cultural A Tribo da Travesía, que explica: “dúas cantautoras do Norte, de Ortegal e do Occidente Asturiano. Eva Rosado, de Castropol, abre con catro temas. Ela compón desde unha parte íntima e intuitiva construíndo cancións "a ratos" cunha guitarra antiga e baixo a crenza que a música traza pontes e une almas.

Logo Celia Pía acompañada de Xavier Melgar (a Buguina Terraquea) ofrece un concerto con temas do seu ultimo disco, Estado Natural, que podedes escoitar en todas as plataformas. As súas cancións son reflexo da súa experiencia vital liberando na composición o que lle...

leer más