Gospel
O Auditorio Municipal de Burela acollerá o venres 21 de agosto ás 20:00 horas o concerto solidario do grupo ugandés Aba Taano, “unha das formacións de góspel africano con maior recoñecemento internacional. A actuación, organizada a beneficio da ONG Música para Salvar Vidas, combinará música, solidariedade e compromiso social nunha proposta cultural de gran nivel” anuncia o Concello de Burela, que engade: “a través das súas voces, da súa enerxía e da música tradicional africana, Aba Taano ofrecerá un espectáculo cheo de ritmo, emoción e esperanza, no que o público poderá coñecer de primeira man un proxecto no que a música se converte nunha ferramenta de transformación social. Os cinco integrantes da formación forman parte da ONG Música para Salvar Vidas, unha iniciativa que traballa para ofrecer educación, formación e oportunidades de futuro a nenos e mozos en situación de...
leer másEste sábado, día 14 de xuño, na Sala Bahía de Foz, poderá escoitarse a mellor música cun fin solidario. O grupo de góspel Aba Taano, actuará ás 20:00 horas. O prezo da entrada é de 10 euros. Anunciouno a concelleira de Cultura, Inés López Couto, que explica: “Aba Taano é un grupo que canta música góspel. Os beneficios obtidos polo concerto destínanse ao proxecto Música para salvar vidas, para axudar a nenas e nenos orfos de Uganda a medrar e aprender a través da música e a danza co fin de encontrar un futuro no seu propio país. As entradas poderán adquirirse no sitio web giglon.com de forma anticipada, facilitando a xestión das mesmas, ou tamén dende unha hora antes do concerto, na propia Sala Bahía”.
“Dende o Concello de Foz apoiamos estes proxectos que buscan mellorar vidas a través da cultura. Agardamos que o público asista e...
leer más





