Mariñeiro

Etiquetas:
14/12/2023

A Fundación Expomar organiza a celebración do chamado “Día do Orgullo Mariñeiro”, que terá lugar en Burela e en toda a Mariña Lucense este venres 15 de decembro, combinando a divulgación nas escolas, a exaltación da cultura mariñeira e a gastronomía do mar.

A primeira parte da xornada denomínase “Orgullo Mariñeiro nas Escolas” e terá lugar nos comedores escolares de 8 colexios públicos da Mariña Lucense, onde máis de 700 nenos comerán ese día “Merluza de Burela” nos seus menús. Os centros educativos que recibirán pescada da lonxa de Burela nos seus comedores serán o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme e CEIP Plurilingüe Vista Alegre de Burela; o CEIP Plurilingüe de Foz Número 1; o CEIP Península da Paz de San Cibrao; a Escola de Educación Infantil San Roque, o CEIP Lois Tobío e o IES María Sarmiento de Viveiro; e o CEIP Antía Cal Vázquez de...

leer más
Etiquetas:
05/12/2023

A Fundación Expomar organiza a celebración do chamado “Día do Orgullo Mariñeiro”, que terá lugar en Burela e en toda a Mariña Lucense o vindeiro 15 de decembro.

No acto de presentación do "Día do Orgullo Mariñeiro", que tivo lugar este martes no Hotel Nordés de Burela, participaron a alcadesa de Burela e presidenta da Fundación Expomar, Carmela López, e o xerente, José M. González ‘Brais’, xunto coa delegada territorial de Pesca da Xunta de Galicia, Mariña Gueimunde, e o concelleiro de mar e turismo de Burela, Ramiro Fernández.

Tamén estiveron presentes representantes do comité organizador Expomar e do padroado da fundación, os directores dos colexios públicos de Burela, as responsables das empresas de cáterin que se van encargar do reparto da comida nos colexios, Eurest e Twitty, e outros representantes...

leer más