Orgullo

Etiquetas:
14/12/2023

A Fundación Expomar organiza a celebración do chamado “Día do Orgullo Mariñeiro”, que terá lugar en Burela e en toda a Mariña Lucense este venres 15 de decembro, combinando a divulgación nas escolas, a exaltación da cultura mariñeira e a gastronomía do mar.

A primeira parte da xornada denomínase “Orgullo Mariñeiro nas Escolas” e terá lugar nos comedores escolares de 8 colexios públicos da Mariña Lucense, onde máis de 700 nenos comerán ese día “Merluza de Burela” nos seus menús. Os centros educativos que recibirán pescada da lonxa de Burela nos seus comedores serán o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme e CEIP Plurilingüe Vista Alegre de Burela; o CEIP Plurilingüe de Foz Número 1; o CEIP Península da Paz de San Cibrao; a Escola de Educación Infantil San Roque, o CEIP Lois Tobío e o IES María Sarmiento de Viveiro; e o CEIP Antía Cal Vázquez de...

leer más
Etiquetas:
05/12/2023

A Fundación Expomar organiza a celebración do chamado “Día do Orgullo Mariñeiro”, que terá lugar en Burela e en toda a Mariña Lucense o vindeiro 15 de decembro.

No acto de presentación do "Día do Orgullo Mariñeiro", que tivo lugar este martes no Hotel Nordés de Burela, participaron a alcadesa de Burela e presidenta da Fundación Expomar, Carmela López, e o xerente, José M. González ‘Brais’, xunto coa delegada territorial de Pesca da Xunta de Galicia, Mariña Gueimunde, e o concelleiro de mar e turismo de Burela, Ramiro Fernández.

Tamén estiveron presentes representantes do comité organizador Expomar e do padroado da fundación, os directores dos colexios públicos de Burela, as responsables das empresas de cáterin que se van encargar do reparto da comida nos colexios, Eurest e Twitty, e outros representantes...

leer más
Etiquetas:
23/06/2023

A Área de Igualdade do Concello de Ribadeo organiza o vindeiro domingo, 25 de xuño, o concerto de Catuxa Salom para celebrar o Día do Orgullo LGTBIQA+.

A edil Begoña Sanjurjo anunciou que “o evento terá lugar o vindeiro 25 de xuño ás 13:30 horas, no Quiosco do Campo de San Francisco, e ofrecerá unha sesión vermú única para todos os asistentes”. Catuxa Salom é unha artista de gran recoñecemento na escena musical, cuxa proposta se centra na fusión de diversos xéneros e estilos, creando unha experiencia musical que atrapa e emociona ao seu público.

A celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBI é unha oportunidade para lembrar a loita histórica da comunidade LGTBI pola igualdade de dereitos e polo respecto á diversidade sexual e de xénero. Neste sentido, o Concello de Ribadeo súmase á celebración desta data tan...

leer más
Etiquetas:
20/06/2022

A Concellaría de  Igualdade, Ensino e  Mocidade  organiza, en colaboración co colectivo As Vacas Fracas, unha serie de actividades de carácter lúdico para conmemorar e reivindicar o próximo 28 de  xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBIQ (Lésbico, gai, trans, intersexual,  queer).

Cada ano conmemórase este día en recordo aos disturbios de Stonewall, Nova York, en 1969, cando a policía cargou con extrema violencia contra varios establecementos frecuentados por persoas LGTB. Desde entón, houbo un punto de inflexión, a  comunidade LGTB comezou a loitar polos seus dereitos e creou campañas que conseguiron converterse en símbolos internacionais pola defensa da liberdade e a promoción da igualdade de oportunidades para todas as persoas.

Desde a Concellaría de Igualdade sinalan que “a diversidade sexual e de xénero...

leer más