Venda

Etiquetas:
17/02/2022

O Cenima acolleu este mediodía a presentación de afeira.gal, un marketplace de produtos agroalimentarios da Mariña “100% Galicia, 100% local e 100% local”.

Afeira.gal é unha nova forma de mercar os produtos rurais e de proximidade. O obxectivo desta plataforma “é que os produtores e tenda locais poidan compartir con toda España a calidade e os auténticos sabores desta comarca”, segundo explicou Antía Vázquez, de Donapubli. 

No acto celebrado este mediodía, a través de dous vídeos, expúxose aos asistentes o funcionamento deste marketplace, a sinxela forma de mercar para os clientes e cómo adherirse ou darse de alta de xeito doado para os produtores e produtoras da Mariña.

O presidente da FCAM, José Carlos Paleo, na súa intervención dixo que “hai que aproveitar as oportunidades e todas as...

leer más
Etiquetas:
05/05/2021

O vermú Arnao, elaborado en Ribadeo por Discosta Norte SL, acaba de poñerse á venda en hipermercados de toda España. Xa pode mercarse nas grandes superficies de Alcampo e en breve estará tamén nas de Carrefour e Makro, entre outras.

O xerente de Discosta Norte, José Antonio Veiga, explica que empezaron a elaborar o vermú Arnao no ano 2019 “para distribuílo a nivel comarcal, para os nosos clientes de hostalería. Queríamos ter un produto propio que supuxera un impulso para a imaxe da empresa, dentro dos cambios que estamos a facer. En principio só se vendía nos bares da zona, non estaba nin nas tendas da comarca. Pero como foi gustando moito e tendo boa aceptación ampliamos a distribución a tendas, que empezaron a pedírnolo para vendelo a particulares. E a partir de aí tivemos que traballar moito a nivel comercial porque a competencia é moi...

leer más
Etiquetas:
30/10/2019

O concelleiro de Cultura en Burela, José Díaz, anunciou que xa están á venta en ataquilla.com as entradas para asistir aos tres espectáculos dos que gozarán bureleses e mariñáns en decembro. O día 20 será o musical infantil Vaya Santa Claus, o día 25 terá lugar a actuación da Compañía Nacional de Danza de Ucrania e o 27 Manuel Manquiña chegará a Burela con Relatos Negros. Xan Carballal, director da Escola de Música de Burela, subliña a importancia da presenza na localidade da Compañía Nacional de Danza de Ucrania, xa que se trata dun grande espectáculo de música e danza a cargo dun dos mellores elencos do mundo. Por este motivo Carballal recoméndalle ao seu alumnado que se achegue a disfrutalo.

O edil de Cultura contou que “temos á venta en ataquilla.com entradas dispoñibles para ver a Manuel Manquiña o 27 de decembro ás oito da tarde. É...

leer más
Etiquetas:
17/11/2017

A Concellería de Cultura poñerá á venda anticipada a partir do vindeiro luns, 20 de novembro, as entradas para asistir ao monólogo de Enrique San Francisco, que terá lugar o 9 de decembro na Casa da Cultura. Ademais a partir do 1 de decembro tamén estarán á venda as entradas para presenciar o ballet clásico El lago de los cisnes.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “las entradas para el monólogo que vamos a tener aquí de Quique San Francisco, el día 9 de diciembre, sábado, a las nueve y media, van a salir a la venta en anticipada a 11 euros el día 20 de noviembre, el próximo lunes. A partir de las diez de la mañana, estarán a la venta estas entradas en la Biblioteca Municipal, también en la Casa da Xuventude y en el restaurante Mis en Plas, que la gente tome nota de los tres sitios porque hay un pequeño cambio en el local de...

leer más