Historia Local

22/01/2017
 
O Pazo de Tovar acollerá os días 27 e 28 deste mes, venres e sábado, as primeiras Xornadas de Historia Local de Lourenzá, que están organizadas polo Concello. Foron presentadas na propia fortaleza pola alcaldesa, Rocío López; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango; a técnico municipal de Cultura, María José López; o dono do Pazo de Tovar, José Ventoso; e o veciño de Lourenzá Miguel Gavín.
 
A rexedora municipal anunciou que “este fermoso lugar foi o escollido para facer este percorrido que nos levará anos atrás na historia do noso pobo. Dende o Concello facemos extensible esta invitación a todos os laurentinos  e a outras xentes de comarcas limítrofes. Dende aquí invitámolos a participar nestas xornadas que, sen dúbida, nos remontarán ós inicios que foron dando...
leer más
Etiquetas:
28/07/2016
Do 1 ao 5 de agosto celébranse en Foz as XXI Xornadas de Historia Local, que organiza a Pomba do Arco.
 
A Asociación Cultural A Pomba do Arco vai celebrar entre o 1 e o 5 de Agosto a XXI edición das Xornadas de Historia Local con 5 conferencias que se realizarán en horario de 20:30 na Casa da Cultura poeta Manuel María de Foz.
 
O programa das xornadas é o seguinte:
 
O condado de Fontao
José Manuel Romero Moreno
Luns 1 de Agosto ás 20:30 h Casa da Cultura de Foz
 
...
leer más
17/06/2016
O Concello de Mondoñedo organiza as I Xornadas de Historia Local "Enrique Cal Pardo", que se desenvolverán do 5 ao 8 de xullo.
 
A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, deu a coñecer hoxe o programa que conforma as I Xornadas de Historia Local ‘Enrique Cal Pardo’ que organiza o Concello e que se desenvolverán os días 5, 6, 7 e 8 de xullo na cidade. 
 
As actividades, de carácter gratuíto, desenvolveranse na Casa da Xuventude e están pensadas para todos os públicos. Ademais de varios relatorios, haberá un obradoiro para nenos e nenas para que coñezan máis de preto a historia de Mondoñedo, así como unha visita guiada cultural e literaria pola cidade.
 
5 de xullo
O día 5 de xullo ás 20:30 horas Xulio Pardo de Neira ofrecerá un...
leer más
Etiquetas:
28/07/2015
O 3 de agosto darán comezo en Foz as XX Xornadas de Historia Local, que organiza a Pomba do Arco. Abordarán cuestións coma a crónica negra ou a posguerra, entre outras.
 
 
A Asociación Sócio-Cultural “A Pomba do Arco” dará comezo o vindeiro luns, 3 de agosto,  á XX edición das Xornadas de Historia Local, que esta asociación ven celebrando de xeito ininterrompido nas primeiras semanas do mes de Agosto.
As Xornadas de Historia Local téñense convertido xa a esta altura en toda unha referencia da proposta cultural do Concello de Foz, pola súa contribución a pór en valor o pasado de Foz.
Estas xornadas son referencia para os focegos pois nela ven o compromiso por parte da Pomba do Arco en recuperar a nosa historia local e incorporala dentro da historia xeral de Galiza.
As Xornadas de Historia Local confirman que tanto Foz, como a Mariña e Galiza...
leer más
28/07/2015
As XIII Xornadas de Historia Local, de Ribadeo, abordarán a presenza deste concello na literatura. Será os días 30 e 31 de xullo.
 
A nova edición das Xornadas de Historia Local de Ribadeo estarán dedicadas á pegada da vila na literatura. Son xa trece as edicións deste evento organizado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza coa colaboración do Concello de Ribadeo. 
A proposta deste ano desenvolverase no Salón de Actos da Casa do Mar de Ribadeo ás 20:30 horas os días 30 e o 31 de xullo. Na xornada do xoves 30 o profesor Suso Fernández Acevedo pronunciará a conferencia Ribadeo na literatura.
Ao día seguinte, 31 de xullo, tres autores debaterán nunha mesa redonda sobre a presenza da vila na súa escrita. Os participantes serán Carmen Blanco, Xavier R. Baixeiras e Santiago Jaureguizar.