Lourenzá
A escritora Lucía Ferro, de San Miguel de Reinante (Barreiros), presentará o libro titulado A faba e nós, de Alberto V. Serantes, en Lourenzá este sábado, 14 de novembro. Será ás 12:30 horas na Biblioteca Maravilhas, que está na Escola de Arroxo.
Despois da presentación do libro terá lugar o evento Xuntanza por un mundo mellor, sobre o cal a organización da actividade explica que “nalgún momento das nosas vidas todos somos vulnerables: na infancia, na vellez, na enfermidade ou cando o capitalismo nos abate con precaridade e usura. Hoxe vivimos con incerteza o futuro, por iso queremos xuntarnos para crear un mundo no que o coidado das persoas e o entorno sexan a prioridade. Vide a suxerir ideas, propoñer proxectos ou colaborar cos que xurdan, e creemos da nosa contorna un lugar máis confortable no que vivir”.
O Concello, en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais de Lourenzá, organiza unha serie de actividades con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, co obxectivo de “promover a igualdade, a sensibilización e a prevención da violencia de xénero”.
A programación desenvolverase o mércores 25 de novembro e comezará ás 11:00 horas cun taller de defensa persoal para mulleres, impartido por Eladio Esteban Santalla, instrutor de defensa persoal e cinturón negro sexto dan de karate. “Unha actividade pensada para ofrecer ferramentas e recursos que contribúan a reforzar a seguridade e a confianza das participantes”, explica a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, que engade: “xa pola tarde, ás 17:30 horas, terá lugar a proxección do curtametraxe Juntas, e ás 18:00 horas celebrarase o...
leer másEste sábado, día 7 de novembro, ás 17:30 horas a escritora Mar Ferreiro Rozas, natural de San Adriano (Lourenzá), presentará nos baixos da Casa do Concello de Lourenzá a súa segunda obra, Douche o que non teño, un poemario escrito integramente en galego e publicado por Medulia Editorial.
Anuncia este acto o Concello de Lourenzá, que explica: “a través desta nova publicación, a autora achéganos unha poesía que combina a crítica social coa expresión dos sentimentos, o amor e as emocións máis íntimas. Unha presentación especialmente significativa, xa que Mar escolleu a súa terra natal para dar a coñecer o libro por primeira vez”.
Na presentación haberá acompañamento musical de piano e rematará cunha sinatura de exemplares.
A Asociación de Mulleres Rurais de Lourenzá celebrará o seu primeiro magosto este venres, día 6 de novembro, ás 21.30 horas no Multiusos Ponte de Cuñas, “para celebrar o outono e desfrutar dunha noite de encontro e festa”.
Haberá empanadas, tortillas, bolos preñados, biscoitos, castañas, bebida, música e sorteos.
A actividade “está aberta a todo o mundo. Vide coa familia ou coas amizades e acompañádenos neste primeiro magosto da asociación. Unha boa ocasión para xuntarnos, compartir e crear comunidade”, destaca a Asociación de Mulleres Rurais de Lourenzá.
Comezan esta fin de semana as representacións do VIII Certame de Teatro Concello de Lourenzá, para o que foron seleccionadas oito obras doutros tantos grupos. Todas as actuacións serán no Multiusos Ponte de Cuñas. Este sábado, día 31 de outubro, ás 20:30 horas o grupo Trípode, de Alfoz, representará a obra Desequilibrados. E o domingo, 1 de novembro, ás 20:00 horas Pico do Castro, de Foz, porá en escena Trato a cegas.
Na seguinte fin de semana, o sábado 7 ás 20:00 horas The-Sastre, de Barbadás, representará e-MÉRITO. E o domingo 8, tamén ás 20:00 horas, a obra será Asemblea de mulleres, a cargo do grupo da asociación Melandraina, de Arteixo.
O día 14, sábado, ás 20:00 horas Avelaíña Teatro, de Pontevedra, ofrecerá a obra Pantasmas. E o domingo 15 ás 20:00 horas O Bicho...
leer másA Xunta de Galicia anuncia que o delegado territorial en Lugo, Alfonso Villares, participou na presentación da VI Feira do Cabalo de Lourenzá, que se celebrará este domingo, 25 de outubro, coa colaboración do Goberno galego.
A feira, organizada pola asociación Cabaleiros de Lourenzá, comezará ás 9:00 horas e “volverá reunir afeccionados, criadores e xinetes nunha xornada dedicada ao mundo ecuestre e á tradición cabalar, con gran arraigo na comarca”, explica a Xunta, que engade: “a programación inclúe probas de andadura, un concurso morfofuncional de poldros e a celebración do Campionato Cabalo Marchador Galego. Durante a xornada haberá tamén compravenda de gando equino, vacún, ovino caprino e porcino, así como propostas dirixidas ao público infantil, entre elas paseos gratuítos a cabalo. Entregaranse ademais premios aos mellores exemplares...
leer másLourenzá acollerá este domingo, día 25 de outubro, a sexta edición da Feira do Cabalo, “unha cita que, ano tras ano, foi gañando protagonismo ata converterse nunha das celebracións de referencia do calendario festivo local. O evento está organizado polo Concello de Lourenzá coa colaboración da Asociación de Cabaleiros de Lourenzá, unha entidade que desempeña un papel fundamental no impulso e na consolidación desta iniciativa”, anuncia a alcaldesa, Rocío López.
Ademais a rexedora municipal destaca que “desde a súa creación, hai xa uns anos, a Asociación de Cabaleiros de Lourenzá traballa para promover o mundo do cabalo de pura raza galega e contribuír á conservación e difusión desta raza autóctona. A súa implicación foi fundamental para impulsar a Feira do Cabalo e favorecer o seu crecemento, nun proceso no que a cita foi evolucionando...
leer másO domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López.
O prazo de inscrición para instalar postos xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
O Valadouro e Lourenzá acollerán a vindeira fin de semana as actividades enmarcadas nos Plans con corazón, iniciativa da Mancomunidade da Mariña, baixo os títulos A fraga das Lerias, un refuxio natural na serra do Xistral (o sábado 17 de outubro - O Valadouro) e Historias que se cultivan (o domingo 18 de outubro - Lourenzá).
A Mancomunidade da Mariña destaca que “son, sen dúbida, unha oportunidade única para coñecer algúns dos espazos naturais máis significativos destes concellos, ademais doutros dos seus atractivos patrimoniais e gastronómicos”, e explica que “quedan as últimas prazas libres para a actividade do sábado do Valadouro, polo que todas as persoas interesadas deben formalizar a inscrición o antes posible a través do enlace:...
leer másA alcaldesa, Rocío López, anuncia que o Concello de Lourenzá súmase á conmemoración do Día Mundial Contra o Cancro de Mama, “reafirmando o seu compromiso coa prevención, a sensibilización e o apoio ás persoas afectadas por esta enfermidade. O vindeiro 14 de outubro ás 17:30 horas celebrarase no Multiusos de Ponte de Cuñas unha charla informativa titulada Pautas para reducir o risco de cancro, impartida por María Amparo Vizoso García, psicóloga da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), e Rocío Fernández Alonso, traballadora da mesma entidade. Ao remate da charla terá lugar unha merenda solidaria, na que as persoas asistentes poderán gozar de manteigadas e chocolate, ao tempo que colaboran con esta causa”.
Ademais, un ano máis, o Concello de Lourenzá organizará unha recollida de donativos para a loita contra o cancro, que serán...
leer más












