Libro

Etiquetas:
17/07/2026

Este venres, 17 de xullo, presentouse en Mondoñedo o libro titulado Enxeñería hidráulica do século XVIII na cidade de Mondoñedo, editado polo Servizo de Publicacións da Vicepresidencia da Deputación, que explica que o volume recolle o traballo realizado por Xurxo Lorenzo, Javi Fouz, Andrés G. Doural, Miguel Chao e Magdalena Domenech arredor da traída histórica, unha infraestrutura que comezou a construírse en marzo de 1726 e que canalizou a auga ata Mondoñedo ata os anos vinte do 1928. O libro explica o proceso histórico de e construción da traída, concibida inicialmente para abastecer edificios relixiosos e fontes públicas na vila, e describe de forma pormenorizada con mapas e recursos topográficos os elementos desta infraestrutura que perduran, entre eles, as galerías polas que se conducía a rede, alxibes e decantadores.

Na presentación o deputado...

leer más
15/07/2026

Este sábado, día 18 de xullo, ás 20:00 horas o salón de actos da Casa da Cultura da Pontenova acollerá a presentación do novo libro de José Antonio Gómez Martínez, titulado El ferrocarril de Villaodrid a Ribadeo, “unha obra imprescindible para coñecer a historia do noso ferrocarril e o seu papel no desenvolvemento da comarca”, anuncia o Concello da Pontenova, que explica: “un volume de 416 páxinas, con 334 ilustracións e un plano despregable do ferrocarril de 80x27 centímetros, que recompila anos de investigación e documentación”.

A presentación contará coa participación de: José Antonio Gómez Martínez, autor do libro; Gabriel Ramallal Fernández, prologuista; e Darío Campos Conde, alcalde da Pontenova.

“Convidamos a toda a veciñanza e ás persoas apaixonadas pola historia e o patrimonio ferroviario a...

leer más
Etiquetas:
25/06/2026

O libro La parroquia de A Devesa, de Antonio Cuervas-Mons García-Braga, preséntase este sábado, día 27 de xuño, ás 19:00 horas no Círculo Habanero da Devesa. O acto será conducido polo profesor Lourenzo Fernández Prieto.

O Concello de Ribadeo anuncia que “a historia, a memoria e a identidade da Devesa reúnense nunha nova publicación que afonda nas raíces desta parroquia ribadense. Co apoio da Xunta de Galicia”.

17/03/2026

Luís Alberto López Muños presentará en Mondoñedo o seu libro titulado Galicia: Afectos y Vivencias. Será este venres, día 20 de marzo, ás 20:00 horas no Pazo Santomé.

O Concello de Mondoñedo explica que esta publicación é unha “obra de carácter intimista e autobiográfico a través de vivencias persoais acaecidas en Mondoñedo e outras áreas de Galicia. Luís Alberto López Muñoz, fillo do ilustre mindoniense Victoriano López, é un galego nado en Madrid que presenta en Mondoñedo Galicia: Afectos y Vivencias, na a súa localidade de referencia en Galicia durante toda a súa vida. Esta obra, de carácter intimista e, en parte, autobiográfica, achéganos feitos, afectos, anécdotas persoais e profesionais e, en definitiva, vivencias, tal como reza o título, acaecidas na vida de Luís Alberto a través de 10 capítulos que recollen 10...

leer más
Etiquetas:
11/03/2026

Renata Otero presentará en Viveiro o seu libro titulado Más barro y menos drama. Será este venres, día 13 de marzo, ás 20:30 horas na sala de exposicións de Regalxunqueira. A entrada é libre ata completar aforo.

O complexo Regalxunqueira anuncia: “servirase un viño e algo de comer” e explica que “este texto é o froito de varios anos de investigación e convida a profesionais da educación, terapeutas e calquera persoa curiosa allea ao tema a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e fomenta unha transformación persoal profunda. Con exercicios prácticos, enfoques innovadores e anécdotas curiosas, Renata Otero -coa súa ampla experiencia en arteterapia e como docente de arte- demostra que a creación con barro non é só unha practica creativa senón que ademais abre unha vía accesible cara ao benestar integral. O acto contará...

leer más
27/02/2026

O libro titulado Literatura insólita, de Armando Requeixo, será presentado este sábado, día 28 de febreiro, ás 19:00 horas na Biblioteca Municipal de Viveiro.

É un acto organizado polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro e, ademais do autor da publicación, intervirán o escritor Xoán Neira e o cronista oficial de Viveiro, Carlos Nuevo.

 

18/02/2026

O escritor Armando Requeixo presentará o seu libro titulado Literatura insólita este xoves, día 19 de febreiro, en Mondoñedo. Será ás 11:00 horas no salón de actos do IES San Rosendo.

Ademais do autor no acto participarán o alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero Legide, e o crítico literario e profesor do IES San Rosendo Javier Gómez Vázquez.

10/02/2026

O día 20 de febreiro, venres, ás 20:30 horas terá lugar a presentación do libro titulado Espiritualidad no salón de actos da Casa da Cultura da Pontenova.

O coordinador da publicación, Pepe Vázquez Peinó, explica: “teño que agradecer a inestimable axuda de Rocío Oliva e o seu constante compromiso coa cultura e as actividade comunitarias na organización deste evento. Tamén debemos mostrarnos especialmente agradecidos ao Concello da Pontenova por cedernos o acolledor espazo da Casa da Cultura para dar a coñecer a obra que presentamos. O libro Espiritualidad, obra de oito autores, entre os cales me atopo eu como coordinador, é unha reflexión longa e profunda sobre a parte inmaterial do ser humano, organizada desde o principio reitor da empatía, o respecto e a busca común de xente de diversas orientacións espirituais....

leer más
Etiquetas:
13/01/2026

Valín Libros presentará en Ribadeo a reedición facsímile da publicación titulada Historia fin de siglo: descripción histórico-geográfica de la provincia de Lugo con las biografías de sus habitantes e hijos más notables en el último año del siglo XIX, do médico Antonio Correa Fernández, unha obra publicada en 1900 con financiamento da Deputación Provincial e editada pola Tipografía de A. Villamarín (Armañá, 2, en Lugo). A presentación será este sábado, día 17 de xaneiro, na Biblioteca Pública Municipal de Ribadeo El Viejo Pancho ás 12:00 horas. Intervirán Martín Fernández Vizoso, xornalista e escritor; Luis Emiliano Correa Fernández de Carrascosa, neto  do autor, e Xosé Manuel Valín Barreiro, editor do libro.

No 125 aniversario da publicación de Historia fin de siglo, Valín Libros saca á rúa a edición facsímile desta “...

leer más
03/01/2026

O profesor, escritor e músico César Morán Fraga presentará a súa obra titulada O eco das ondas. Caminhos arredor da música, libro publicado o pasado ano 2025 pola editoral Medulia. O acto será o mércores 7 de xaneiro ás 19:00 horas no salón de plenos do Concello de Mondoñedo.

Na presentación o autor estará acompañado pola violinista e xestora cultural Rebeca Maseda Longarela.