Libro
A Agrupación Cultural Francisco Lanza presentará o 29 de agosto unha edición facsímile do “Ribadeo Antiguo”. Será ás 20:30 horas na Biblioteca El Viejo Pancho.
Participarán o cronista oficial de Ribadeo, e ex presidente da AC Francisco Lanza, Eduardo Gutiérrez Fernández, un representante da Editora Gráficas Lar, de Viveiro, o deputado provincial da Mariña, Daniel García Fernández, e o presidente da Agrupación Cultural Francisco Lanza, Farruco Graña.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora un ano máis coa organización da Feira do Libro de Foz, que se celebra do 16 ao 19 de agosto na Praza Conde Fontao.
O deputado de Mocidade Daniel García participou na inauguración da cita cultural, que convidou “a visitar o posto do Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo na feira e aproveitar a feira para mercar nos postos de venda das librarías. “Estas feiras danlle á lectura unha visibilidade e unha dimensión colectiva que resulta moi propicia para crear e fidelizar lectoras e lectores. Ademais, supoñen unha oportunidade para coñecer novidades editoriais e impulsar as vendas das librarías, que son fundamentais para soster unha rede cultural forte nos nosos concellos, no noso país”, destacou durante o acto de inauguracion,que tivo como pregoeiro a Lois Pérez.
... leer másA Feira do Libro de Viveiro celebrarase nos Xardíns de Noriega Varela do luns 12 ao xoves 15 de agosto. Abrirá de 12 a 14 e de 18 a 22 horas, agás o xoves 15, que o peche será ás 14.30 horas.
A Federación Librarías de Galicia anuncia que na Feira do Libro de Viveiro estarán “Libraría Porta da Vila, Libraría Cartabón, Galgo Azul (Libros, grolos e moito máis), Libraría Pedreira, Libraría Lume, Libraría Uróboros, Editorial Canela - Libros Lar, Libraría Aenea, A Gata Tola, A Libraría de Rosa - Nobel Boiro, Central Librera Real, Seminario de Estudos Terra de Viveiro e Servizo de Publicacións Deputación De Lugo”.
O día 10 de maio, venres, ás 19:30 horas presentarase no xardín da Casa Museo de Álvaro Cunqueiro o libro de Alfonso Armada titulado “Cuaderno de viaje al País Natal”.
O Concello de Mondoñedo explica que “é un libro froito dunha proposta do seu primeiro xornal, Faro de Vigo, que levou de volta, ao autor, ao seu país natal e á súa infancia, pasando por Mondoñedo, polo Mondoñedo de Cunqueiro. Nun entorno cunqueiriano o autor falará desta obra de viaxes moi ao estilo do mindoniense universal. A presentación contará con presenza institucional por parte do Concello de Mondoñedo”.
O libro titulado “Mariña inmaterial. Xeografías míticas e sagradas”, escrito por Rafael Quintía Pereira, será presentado na Sala As Carboeiras, local do Concello de Cervo situado no conxunto histórico artístico de Sargadelos. Será este sábado, 27 de abril, ás 18:00 horas.
No acto participarán o autor, Rafa Quintía; o presidente da asociación Mariña Patrimonio, Manolo Miranda; e Irene Sineiro, editora. “Xuntos exploraremos o rico patrimonio inmaterial da Mariña Lucense, destacando a importancia de preservar as nosas tradicións e lendas para as xeracións vindeiras”, explica a editorial Ouvirmos.
A Concellería de Dinamización de Barreiros organiza unha serie de actividades con motivo da celebración do Día internacional do Libro.
Este martes, 23 de abril, o alumando do CEIP de San Cosme visitará a Biblioteca Pública Municipal de Barreiros para coñecer de primeira man como funciona unha biblioteca e participar na creación dun mural.
Con motivo do Día internacional do Libro, este mesmo martes o Concello de Barreiros instalará na Praza do Souto, en San Miguel de Reinante, unha caseta coa que se creará a primeira biblioteca libre de Barreiros, que conterá máis de 50 libros en libre circulación. Ao longo da mañá, o alumnado do CEIP San Miguel de Reinante, visitará a Praza do Souto e coñecerá esta forma de intercambio de libros coñecida popularmente como bookcrossing.
O venres...
leer másO Concello de Burela celebra o Día do Libro cun rastrillo de libros na praza da Mariña. Terá lugar o propio día 23 de abril, martes, de 17:00 a 19:30 horas. Nel poderase intercambiar, mercar e vender libros para darlles unha segunda vida.
Todas as persoas, tendas e asociacións que queiran poñer un posto neste mercado poden apuntarse a través do correo electrónico cultura@burela.org.
“Feminismo en cen palabras” é o título do libro que recolle os termos imprescindibles para falar de feminismo co rigor necesario e que será presentado pola súa autora, Luca Chao (Lugo, 1988), este sábado, 20 de abril de 2024, ás 19 horas na Casa de Cultura de Foz.
É un acto organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade, colectivo que explica: “observamos habitualmente que para describir accións e políticas feministas aparecen termos e palabras que se ven distorsionadas e baleiras de contido ao ser mal utilizadas e banalizadas en contextos inapropiados. Xunto a Luca Chao descubriremos o valor da linguaxe, a importancia de nomearnos a través das palabras e de recoñecer o seu correcto significado para a comprensión do feminismo. Animamos a participar no acto para coñecer o libro e á súa autora”.
O vindeiro domingo, 7 de abril, ás 12 do mediodía, o escritor Lionel Rexes poñerá fin á etapa de presentacións da novela A montaña do poeta na Casa da Penela (Vilamor, Mondoñedo), xa que en maio chegará ás librarías a súa nova obra, desta volta publicada por Edicións Embora, trátase de Nove lúas, gañadora do Premio de Novela Neira Vilas o pasado ano.
A montaña do poeta obtivo o premio de novela Lueiro Rey do Concello do Grove en 2021, e foi publicada por Xerais hai ano e medio.
Despois de ter sido presentada en diversas localidades, o autor alfocés pon fin á tempada de promoción desta obra, colofón que se celebrará nun establecemento emblemático para o mundo da cultura, o espazo turístico Casa da Penela, lugar onde o autor se inspirara para escribir a súa primeira novela, A raíña das velutinas.
... leer másO vindeiro sábado, 30 de marzo, presentarase unha nova obra inédita de Álvaro Cunqueiro, titulada “La Taberna de Galiana” un conxunto de relatos sobre tabernas recuperados por Ediciones 98.
A presentación terá lugar no Real Seminario Conciliar Santa Catalina ás 19:30 horas e contará co editor da obra e director da editorial, Jesús Blázquez, co Alcalde de Mondoñedo e co Cóengo da Catedral de Mondoñedo.
No eido literario cunqueiriano, Ediciones 98, está a traducir obras de Álvaro Cunqueiro ao castelán, achegando así a súa obra a un amplo e diverso público.
Encadrada nesta liña de traballo, sae á luz esta obra inédita de Cunqueiro, que Ediciones 98 titula “La Taberna de Galiana”.
A obra está editada, traducida y con epílogo de Jesús Blázquez González, que será o...
leer más












