O 30 de marzo será presentado en Mondoñedo o libro La Taberna de Galiana, de Álvaro Cunqueiro

O vindeiro sábado, 30 de marzo, presentarase unha nova obra inédita de Álvaro Cunqueiro, titulada “La Taberna de Galiana” un conxunto de relatos sobre tabernas recuperados por Ediciones 98.

A presentación terá lugar no Real Seminario Conciliar Santa Catalina ás 19:30 horas e contará co editor da obra e director da editorial, Jesús Blázquez, co Alcalde de Mondoñedo e co Cóengo da Catedral de Mondoñedo.

No eido literario cunqueiriano, Ediciones 98, está a traducir obras de Álvaro Cunqueiro ao castelán, achegando así a súa obra a un amplo e diverso público.

Encadrada nesta liña de traballo, sae á luz esta obra inédita de Cunqueiro, que Ediciones 98 titula “La Taberna de Galiana”.

A obra está editada, traducida y con epílogo de Jesús Blázquez González, que será o encargado de presentar o libro ao público en Mondoñedo o vindeiro sábado 30.

A obra, en palabras da propia editorial, fálanos dun «Cunqueiro inédito», dun «Rescate del libro que no llegó a publicar en vida Álvaro Cunqueiro» e describe a obra “La taberna de Galiana” diciendo que “es el libro que soñó Álvaro Cunqueiro durante toda su vida y no alcanzó a publicar. EDICIONES 98 ha recuperado diversos textos compuestos por Cunqueiro arrumbados en hemerotecas y fonotecas relativos a la taberna de Galiana y a otras tabernas fantásticas y reales visitadas o imaginadas por él. Se publican todos ellos ahora en este volumen que rinde homenaje a esa ensoñación cunqueiriana, cuarenta años después de la muerte de Cunqueiro y ochenta después de que redactara las primeras páginas sobre la evocadora taberna. Muchos de los textos aquí incluidos son inéditos en forma de libro y algunos de ellos se editan por primera vez en español”.