Publicaciones

15/07/2026

Este sábado, día 18 de xullo, ás 20:00 horas o salón de actos da Casa da Cultura da Pontenova acollerá a presentación do novo libro de José Antonio Gómez Martínez, titulado El ferrocarril de Villaodrid a Ribadeo, “unha obra imprescindible para coñecer a historia do noso ferrocarril e o seu papel no desenvolvemento da comarca”, anuncia o Concello da Pontenova, que explica: “un volume de 416 páxinas, con 334 ilustracións e un plano despregable do ferrocarril de 80x27 centímetros, que recompila anos de investigación e documentación”.

A presentación contará coa participación de: José Antonio Gómez Martínez, autor do libro; Gabriel Ramallal Fernández, prologuista; e Darío Campos Conde, alcalde da Pontenova.

“Convidamos a toda a veciñanza e ás persoas apaixonadas pola historia e o patrimonio ferroviario a...

leer más
14/07/2026

O organismo supramunicipal explica que “son moitos os plans e programas que vén desenvolvendo nos últimos anos a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense cun obxectivo principal: acadar un modelo turístico sostible no territorio, que xere valor para as persoas que nos visitan e tamén para a comunidade local, acadando un equilibrio beneficioso e enriquecedor para todos os axentes do sector. Agora que chega a época estival, temporada de maior presión turística no territorio da Mariña, a Mancomunidade aproveita para concienciar e sensibilizar sobre a importancia de practicar un turismo respectuoso, minimizando os impactos negativos naqueles lugares visitados. Concretamente, a Mancomunidade vén de compartir dúas publicacións lanzadas o pasado ano e que tiveron unha gran acollida por parte da comunidade local e das persoas que nos visitaron. Trátase da Guía do...

leer más
Etiquetas:
14/07/2026

A Librería Bahía, de Foz, acollerá o día 22 de xullo, mércores, ás 20:30 horas a presentación da novela titulada Punto de araña, da xornalista e escritora luguesa Nerea Pallares, gañadora do Premio García Barros 2025 e do Premio Follas Novas do Libro Galego 2026 na categoría de Narrativa. O acto celebrarase dentro do ciclo Contos e conversas e contará coa presenza da autora, que conversará co público arredor da obra. A entrada é libre ata completar o aforo.

Librería Bahía explica: “editada por Galaxia, Punto de araña é unha novela mariñeira e coral ambientada en Camariñas, na Costa da Morte. Tecida coas voces de tres xeracións de mulleres -palilleiras, redeiras, mariscadoras e traballadoras da conserveira-, entrelaza realismo social, memoria colectiva e mitoloxía para reivindicar o papel das mulleres do mar e...

leer más
Etiquetas:
09/07/2026

Xa está na rúa o décimo número de A Gaceta Ribadense, o xornal que edita Faro Norte Comunicación con motivo da celebración do Ribadeo Indiano. Está sendo distribuído nos negocios e institucións participantes, ademais de nos principais puntos de venda de xornais da vila ribadense.

Esta publicación, que conta con 32 páxinas e unha tirada de 4.000 exemplares, é posible grazas ao extraordinario apoio que recibe en cada edición por parte dos anunciantes e dos autores que colaboran cos seus artigos. Neste apartado este número conta con escritos de Juan López Rico, Carlos Álvarez Lebredo, Aida Álvarez e María José Fernández Azpeitia. E recóllense ademais testemuñas e historias, en formato reportaxe ou entrevista, da pregoeira desta edición do Ribadeo Indiano, a xornalista e escritora María Xosé Porteiro; do director da Banda de Música...

leer más
Etiquetas:
25/06/2026

O libro La parroquia de A Devesa, de Antonio Cuervas-Mons García-Braga, preséntase este sábado, día 27 de xuño, ás 19:00 horas no Círculo Habanero da Devesa. O acto será conducido polo profesor Lourenzo Fernández Prieto.

O Concello de Ribadeo anuncia que “a historia, a memoria e a identidade da Devesa reúnense nunha nova publicación que afonda nas raíces desta parroquia ribadense. Co apoio da Xunta de Galicia”.

Etiquetas:
23/06/2026

Este venres, día 26 de xuño, ás 20:30 horas terá lugar na librería Bahía, de Foz, a presentación do libro titulado Mazarelos, escrito por Manuel Portas e editado por Galaxia.

Acompañando ó autor estará o filólogo e escritor Ramón Reimunde.

Etiquetas:
18/05/2026

Este martes, día 19 de maio, terá lugar na Casa da Cultura de Burela a presentación do libro de Paco Rivas titulado Bóreas, da man da Editorial Medulia.

Será ás 19:30 horas e acompañarán ó autor Bernardo Penabade, crítico literario, e Lina Gómez, concelleira de Cultura en Burela.

07/05/2026

A sala de exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro acollerá a presentación do libro titulado No me rompí del todo, de María Timiraos Martínez, “un relato autobiográfico que trata a depresión silenciosa, as relacións que desgastan e a reconstrución emocional”.

O acto será este venres, día 8 de maio, ás 19:00 horas.

06/05/2026

Este venres, día 8 de maio, ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, preséntase o cómic titulado O día de San martiño, de Cristian F. Caruncho.

É unha acto organizado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, que anuncia: “este venres 8 de maio vannos acompañar Cristian F. Caruncho e o noso veciño Xermán Viluba para falarnos do excelente cómic O día de San Martiño. Imos poder escoitalos ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Xermán Viluba xa fixo unha interesante introdución ao mundo do fanzine cando presentamos o libro Fanzines en Galiza, de Ramón Mariño, establecendo un fecundo nexo entre os anos 90, nos que el era estudante, e nos que protagonizou destacados capítulos no mundo da cultura alternativa na Mariña. Nesta ocasión vai poder mergullarse un chisco máis no...

leer más
02/05/2026

O día 17 de maio, Día das Letras Galegas, ás 19:00 horas o Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) presentará o caderno titulado Cancioneiro do Valadouro. Será na Casa da Cultura Manuel Lourenzo.

O SEVA anuncia que será “un encontro único arredor da nosa tradición oral e música popular con recompilación de coplas e pezas recollidas a xentes do Valadouro. Unha cita imprescindible para gozar, lembrar e manter viva a nosa cultura e tradición!”.