Buxiganga

Etiquetas:
09/06/2017

O Goberno da Deputación ofrece dende os meses de xuño a outubro 104 actuacións de grupos teatrais en 44 Concellos da provincia co Buxiganga. Trátase da iniciativa posta en marcha polo Executivo Provincial para dinamizar a actividade cultural nos municipios, cun orzamento de 40.000 euros, e para dar a coñecer e promover a actuación de grupos de teatro afeccionado lucenses.

Buxiganga está dirixido tanto aos municipios da provincia que solicitaron a celebración de actuacións, como ás asociacións sen ánimo de lucro que teñen entre as súas finalidades a promoción da cultura. En concreto, nesta edición participan 34 Concellos e 30 asociacións que acollerán as actuacións de 35 grupos teatrais da provincia.

A programación teatralcomeza mañáás 12:00 horas no salón de actos do CEIP Albeiros de Lugo da man da súa ANPA no que...

leer más
Etiquetas:
21/09/2016
Os Baluros representarán este sábado, 24 de setembro, en Burela a obra "O Menciñeiro á forza". A función enmárcase no proxecto Buxiganga da Deputación de Lugo.
 
A Concellería de Cultura presenta este sábado, 24 de setembro, ás 21:30 horas no auditorio da Casa da Cultura de ao grupo de teatro de Castro de Rei Os Baluros, que representarán a obra O menciñeiro á forza. Esta función enmárcase dentro do proxecto teatral educativo Buxiganga da Deputación Provincial de Lugo.
 
O grupo dos Baluros comezou a súa andaina con Xosé Manuel Carballo a máis algúns dos seus compoñentes actuais, alá polo ano 1974 coa peza Coser e cantar de Trapero Pardo. Seguidamente pasaron a representar Menciñeiro a xasteirazos, obra que ao ser publicada na Colección O Moucho trocou en O Menciñeiro á forza. Seguiron a esta obra pezas como Vaise pechar  outra casa máis, Bo Nadal, Recobrou o sorriso Eleuterio e Noite de...
leer más
Etiquetas:
21/10/2015
O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme de Barreiros, acolle este domingo, 25 de outubro, a obra de teatro "Soños cumpridos", do grupo Ardora.
 
O grupo teatral Ardora leva este domingo, 25 de outubro, ao Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro a súa peza Soños cumpridos, unha sesión de teatro coa que colaboran a Concellaría de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil do Concello de Barreiros. O evento, que comeza ás 18 horas, está enmarcado no programa Buxiganga que patrocina a Deputación de Lugo.
 
Etiquetas:
28/09/2015
O novo grupo teatral O Centiño, de Foz, estreará a súa primeira obra o 24 de outubro en Ferreiravella. Despois actuará en Alfoz, Begonte e Pantón.

 

Un novo grupo teatral vai nacer no concello de Foz. En concreto, na parroquia de San Martiño. Trátase do Grupo O Centiño, que o vindeiro 24 de outubro vai estrear a súa primeira obra, titulada "O caldeiro máxico". A estrea terá lugar no local que a veciñanza de San Martiño ten en Ferreiravella. Logo o grupo actuará, dentro do programa Buxiganga, nos concellos de Alfoz, Begonte e Ferreira de Pantón.

20/11/2014
A obra Os Putativos chega este sábado a Lourenzá da man do grupo de Teatro de Ribadeo. A representación comezará ás 8 da tarde no Salón de Actos da Casa do Concello.

 

A Concellería de Cultura do Concello de Lourenzá presenta unha nova actuación teatral no municipio para o vindeiro sábado  22 de novembro. Este día a partir das 8 da tarde o Grupo de Teatro de Ribadeo interpretará, no Salón de Actos da Casa do Concello, a súa obra Os Putativos. A actividade forma parte do proxecto Buxiganga, unha iniciativa cultural posta en marcha pola Área de Cultura da Deputación de Lugo. O custe da entrada terá un prezo de 1 euro por asistente.

...

leer más