Teatro

06/11/2025

O grupo teatral Improdutivas actuará este sábado, día 8 de outubro, na Pontenova. Representará a obra titulada Improducións na Casa da Cultura ás 18:00 horas.

“Chega a A Pontenova unha tarde chea de risas e improvisación! Dentro do Ciclo de Teatro Amador o grupo Improdutivas presenta a súa función máis tola e divertida: Improducións, unha obra completamente improvisada onde todo pode pasar”, anuncia o Concello da Pontenova, que engade: “un espectáculo para todas as idades, cargado de humor, creatividade e participación do público”.

É unha actividade organizada pola ANPA do CEIP A Pontenova coa colaboración da Deputación de Lugo e do Concello da Pontenova.

Etiquetas:
05/11/2025

O Concello de Alfoz organiza un ciclo de teatro afeccionado que inclúe representacións todos os sábados deste mes de novembro na Casa da Cultura.

Comezará este sábado, día 8 de novembro, ás  20:00 horas coa comedia titulada O Randiña vai ó médico, do grupo O Torques, de Burela.”Unha divertida historia chea de humor e enredos, perfecta para gozar en familia”, anuncia o Concello de Alfoz. Ten unha duración de 60 minutos e está destinada a todos os públicos. Con entrada libre ata completar aforo.

O sábado 15 representarase a obra Aire fresco, a cargo de Ardora (Cervo); o día 22 Metátese Teatro (Palas de Rei) ofrecerá O xuízo; e o 29 rematará o ciclo coa obra titulada Estes vellos saben moito… ou non, de Os Pícaros de Lagoa (Alfoz).

 

Etiquetas:
28/10/2025

A compañía Nova Escena Teatro representará a obra titulada Expectativa Loxana na Casa da Cultura de Trabada este sábado, día 1, de novembro ás 21:00 horas.

O Concello de Trabada anuncia que é “unha historia chea de emoción, talento e maxia sobre o escenario. Dirixida por María Márquez e escrita por Xoan C. Laxe. Unha oportunidade perfecta para gozar da cultura en directo no noso concello”.

Etiquetas:
27/10/2025

O Concello de Lourenzá deu a coñecer as oito obras seleccionadas para participar no VII Certame de Teatro Concello de Lourenzá, que comezará este domingo, día 2 de novembro.

As obras e compañías son as seguintes: Sen frores nin coroas, da Asociación 57 Palabras, de Viveiro; Sursum Corda, de O Catre Teatro, de As Pontes; Deus non quere calderilla, de The-sastre Teatro, de Barbadás (Ourense); Dona Clara, de Ollomao, de Barreiros; Campanas de Bastabales, de Imaxina-T Asociación Cultural Celeuma, de Narón; Os vellos deberían namorarse e non morrer, de Teatro Coles, de Coles (Ourense); A xuntanza, da Compañía de Teatro El Ruiseñor, de Culleredo; e O caso do cadáver asasinado, de Teatro do Asteleiro da ACRD Grupo Bazán, de Ferrol.

O...

leer más
Etiquetas:
21/10/2025

Esta semana chega a Foz chea de actividades, tanto na Casa da Cultura coma na Sala Bahía. Haberá teatro e cine o mércores 22, o xoves 23 e o venres 24 de outubro.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “a biblioteca municipal Salgado Toimil conmemora o seu día cunha obra de teatro infantil este mércores 22 ás 18.30 horas no salón de actos da Casa da Cultura. A obra é As peripecias de Xurxo, de Malasombra produccións. A entrada é gratuíta”.

Ademais este xoves 23 ás 20.30 horas na Sala Bahía continúa o teatro de outono. A compañía Tarabela Creativa levará a cabo a representación da obra Boa Sorte, Mala Fama. “É un espectáculo que nace de contar, precisamente, aquilo do que pouco se fala: a historia da emigración galega e aqueles lugares onde gañamos mala fama por ir buscar a nosa...

leer más
03/10/2025

A obra teatral titulada Apaga o candil, en lembranza do artista galego Carlos O Xestal, representarase en Ribadeo este domingo, día 5 de outubro. Será no auditorio municipal Hernán Naval ás 20:00 horas.

A concelleira de Cultura ribadense, Begoña Sanjurjo, anunciou que “o domingo estará dedicado ao teatro. Ás oito da tarde no auditorio Hernán Naval Avelino González porá en escena Apaga o Candil. Como sempre, esperámosvos a todos nos espazos culturais”.

05/09/2025

O Concello de Mondoñedo continúa coa programación infantil do verán co espectáculo de Cristina Collazo, que presenta Costureiriña Bonita este domingo, día 7 de setembro.

Será ás 12:30 horas na Praza do Concello mindoniense.

Etiquetas:
03/09/2025

O mes de setembro comeza con novas actividades no concello de Foz: as charlas San Martiño no Camiño, teatro amador na Casa da Cultura e a festa da Peregrina en Cordido.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “a cultura non para en Foz. Despois dun verán de intensa actividade o mes de setembro comeza tamén con múltiples opcións para os amantes do patrimonio, a historia, o teatro e como non, a festa. Estamos encantados de que aínda que xa vexamos próxima a finalización do verán a actividade cultural siga presente en Foz. Este é só o comezo dunha programación de outono que ven cargada de actividades, en colaboración con asociacións, AGADIC, a Academia Galega do Audiovisual e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, o Concello de Foz elaborou un completo programa de outono que se publicará en breve e que trae actividades para...

leer más
Etiquetas:
01/09/2025

A XXXIX edición da semana do teatro afeccionado do Valadouro celébrase desde este luns, día 1 de setembro, ata o venres 5. Todas as representacións serán no salón de actos da Casa da Cultura do Concello do Valadouro ás 22:00 horas con entrada de balde.

O Concello do Valadouro anuncia: “nesta edición contamos con cinco grupos da bisbarra da Mariña. Dous dos grupos é a primeira vez que se achegan ó escenario do Valadouro e o resto xa estiveron en varias ocasións polo escenario de Ferreira. A programación son 5 días ininterrumpidos desde o luns 1 ata o venres 5 de setembro de 2025. O luns 1 setembro o grupo Mecanismo Teatro, de Viveiro, representará a obra titulada Parad@s; o martes 2 o grupo de teatro da Asociación Cultural Recreativo Deportiva Aturuxeiros, de Bravos, representará a súa adaptación da obra Vaia co pronóstico...

leer más
Etiquetas:
21/08/2025

A Concellería de Cultura de Lourenzá convoca a sétima edición do Certame de Teatro Concello de Lourenzá, no que poderán participar unicamente compañías ou grupos de teatro afeccionado que superen un proceso previo de selección, admitíndose calquera tipo de xénero e empregando preferentemente a lingua galega en calquera das súas variantes dialectais.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explica que “os grupos interesados en participar deberán inscribirse nas oficinas municipais do Concello de Lourenzá ou por correo, enviando a seguinte documentación: ficha de inscrición, que aparece na páxina web do Concello, fotocopia do CIF da compañía ou grupo, ficha artística e técnica e DVD, pendrive ou tarxeta coa gravación dunha representación da obra presentada a concurso. O prazo de presentación das solicitudes comezará ao día seguinte...

leer más