Certame
O Concello de Cervo, a través das delegacións de Educación e Xuventude, convoca un ano máis con motivo do Día dos Namorados o tradicional certame de amor na rede que xa vai pola IX edición.
Tal e como avanzaron as edís responsables, Dolores García Caramés e Denise Galán, nesta ocasión os traballos deberán compoñerse en torno á idea do Amor Propio ou “autoamor”, “no que será unha homenaxe a un/unha mesmo/a”.
Todos aqueles/as interesados/as poderán presentar o seu traballo en tres formatos diferentes: unha carta que non supere o espazo dun DIN-A4, un vídeo que non supere a duración de un minuto, ou unha foto. Estableceranse dúas categorías en función da idade: unha para maiores e outra para menores de 18 anos.
O prazo de presentación para a entrega dos traballos remata o domingo 12 de...
leer másEste domingo, 27 de novembro, rematan as representacións das obras presentadas a concurso no IV Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá. Será coa obra O documento, do grupo Ollomao, de Barreiros. O horario da representación, que foi modificado respecto á programación inicial, será ás 18:30 horas no multiusos Ponte de Cuñas.
As actividades deste certame, organizado polo Concello de Lourenzá coa colaboración da Deputación de Lugo, concluirán coa gala de entrega de premios, que está prevista para o 17 de decembro, sábado, ás 20:00 horas.
O vindeiro martes, 1 de novembro, ás 20:30 horas dará comezo no multiusos Ponte de Cuñas o IV Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anuncia que “a obra que abrirá o concurso será A morte morrida, unha divertida comedia representada polo grupo de teatro O Centiño, de San Martiño (Foz). A entrada terá un prezo simbólico de 3 euros. A programación completa deste certame, que se desenvolverá ao longo do mes de novembro, pode verse nas páxinas oficiais do Concello, nos folletos distribuídos en comercios e bares da localidade, nun panel que estará instalado na Praza do Concello e tamén se repartirán folletos os días das representacións. Antes de cada función repartiranse entre o público asistente, de maneira aleatoria, unhas tarxetas para que dean o seu parecer sobre a obra a concurso e...
leer másYoutubeiras, proxecto organizado polos servizos de normalización lingüística de doce concellos, das tres universidades galegas e da Deputación da Coruñaco obxectivo de fomentar a creación no Youtube en galego con temáticas e formatos diversos, así como promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas xeradoras de contidos na Rede, abre o prazo de inscrición para a sexta edición dos seus premios. As bases que rexen esta nova convocatoria, os seus obxectivos, os datos de participación da última edición e o xurado que decidirá os galardóns en xaneiro foron as novidades que se anunciaron en Pontevedra nunha rolda na que participaron o concelleiro de Normalización Lingüística do Concello Pontevedra, Alberto Oubiña; a concelleira de Cultura de Rois, Victoria Quiroga; o concelleiro de Normalización Lingüística de Moaña, Aldán Santamaría, e a vicerreitora de...
leer másA Delegación de Cultura do Concello de Burela vén de facer pública a lista cos 9 finalistas do certame de pintura mural “Amarte”, o que califican de máis internacional de todas as edicións. Os artistas seleccionados comezarán a plasmar as súas obras sobre o muro da explanada portuaria a partir do xoves 4 de agosto e ata o domingo día 7, coincidindo como xa é habitual coa celebración da Feira do Bonito.
Desde o Concello destacan a alta participación deste ano, con 80 propostas presentadas a concurso dn total de 10 países distintos. A decisión do grupo de finalistas foi tomada entre o persoal de cultura e tres artistas participantes de edicións anteriores e con dilatada experiencia no mundo do graffiti e da pintura acrílica: David Catá, presidente do xurado nas últimas dúas edicións tanto da final como da preselección de propostas; Marcos...
leer másA Concellería de Cultura convoca a cuarta edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá, que se celebrará durante os meses de novembro e decembro.
Anunciouno hoxe o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, quen explica que “as bases do certame aparecen publicadas na páxina web do Concello e o prazo de inscrición remata o 30 de setembro. As representacións das obras seleccionadas desenvolveranse durante o mes de novembro e a entrega de premios terá lugar nunha gala especial a celebrar no mes de decembro. O premio á mellor representación terá unha dotación económica de 750 euros e cada grupo seleccionado recibirá 300 euros en concepto de gastos de desprazamento, material, montaxe, etcétera. Ademais haberá premios para as mellores interpretacións, mellor montaxe e un premio especial do público. Nesta edición está previsto...
leer másA Delegación de Cultura do Concello de Burela anima a artistas mariñaos, da provincia de Lugo, de toda España e mesmo doutros países do mundo a participar na penúltima edición do certame de pintura Amarte que se celebrará a primeira semana de agosto deste ano 2022.
Por sexto ano consecutivo, o muro portuario continuará sendo un referente da arte mural cun espectáculo visual que se poderá seguir en directo, coincidindo coa Feira do Bonito de Burela. A tres semanas que remate o prazo de inscrición, que será o próximo 15 de xullo, xa hai entregados preto de 50 traballos, chegados tamén de varios países como Portugal, Italia, Francia, e por suposto España.
“O espazo existente fai que tan só queden dúas edicións”, explicou o edil de Cultura, José Díaz, “polo que convidamos a todos os artistas gráficos especializados en...
leer másO Concello de Lourenzá convoca un concurso de poesía co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2022. Anunciouno o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron.
Nas bases do certame explícase que “o tema da poesía será A Paz e establécense tres categorías: A) ata 9 anos; B) de 10 a 14 anos; e C) máis de 14 anos. As obras, escritas en galego, serán presentadas de forma anónima, cos datos persoais do concursante (nome e apelidos, idade, enderezo e teléfono de contacto) introducidos nun sobre, que levará na parte exterior a categoría á que pertence. Só se admitirá unha obra por participante. Establécese un premio para cada categoría, consistente en 50 euros e figura institucional”.
As obras presentaranse na Biblioteca Municipal de Lourenzá ata o venres 20 de maio. A Concellería de Cultura encargarase de nomear un...
leer másA Delegación de Cultura, Educación e Xuventude do Concello de Burela convoca a sexta edición do Certame Internacional de Pintura Mural Amarte que terá lugar no porto burelés do 4 ao 7 de Agosto de 2022.
Os artistas interesados en participar poden enviar as súas propostas ata o 15 de xullo a amarteburela@gmail.com
BASES REGULADORAS
CAPÍTULO 1.-
DOS PARTICIPANTES. PRIMEIRA. Ao certame poderá presentarse calquera persoa ou colectivo cuxos integrantes superen a maioría de idade. Non poderan presentarse os gañadores de a edición anterior.
CAPÍTULO 2.-
REQUISITOS DAS OBRAS SEGUNDA. Ofertaranse 9 murais coas seguintes dimensións: 5.90 m. x 2.10 m TERCEIRA. Os murais deberán ser completados nun máximo de 4 días...
Un ano máis convócase o concurso de narración e debuxo da Letras Galegas 2022 co tema "O que pasa ao meu arredor". Ata o día 10 de maio poderanse entregar os traballos na Biblioteca Pública de Alfoz, das 3 categorías establecidas: categoría A ata 8 anos, categoría B de 9 a 11 anos e categoría C de 12 a 16 anos. Os premiados na fase local participarán no certame da Biblioteca Pública de Lugo.
Bases e inscrición: pincha no seguinte enlace para acceder
https://drive.google.com/.../16kC6wfA6qWOcS.../view...