Proaza

Etiquetas:
27/02/2015
Os Sendeiros de Foz realizarán unha ruta ao Desfiladero de las Xanas, en Asturias, o vindeiro 15 de marzo. A inscrición está aberta.
 
Os Sendeiros de Foz teñen programada unha nova saída ao Desfiladero de las Xanas, en Proaza (Asturias). Será o 15 de marzo, domingo.
A saída está prevista para as 7.30 horas desde as inmediacións do Concello focense. O prezo para os socios é de 30 euros e para os non socios de 35 euros. No mesmo inclúese o xantar. 
As persoas interesadas en asistir a este andareiro poden anotarse ata o 11 de marzo nos seguintes teléfonos: 670 369 017 ou 696 236 020. Tamén poden facelo enviando un correo electrónico a ossendeiros@yahoo.es
Desde a organización recomendan levar equipo de sendeirismo. A dificultade da ruta é media.