Habaneras

19/05/2016
Este sábado, 21 de maio, terá lugar en Barreiros o IV Festival de Habaneras, que organiza a Coral Polifónica barreirense.
 
Este sábado, 21 de maio, o Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro de Barreiros acolle o IV Festival de Habaneras, que organiza a Coral Polifónica barreirense. 
 
Participarán na cita a Coral Polifónica Eumesa de Pontedeume, a Coral Polifónica de Tapia de Casariego e a Coral Polifónica de Barreiros.
 
O evento comezará ás 20:00 horas e a entrada é gratuíta. Colabora na organización o Concello de Barreiros.
 
05/04/2016
Terras da Mariña organiza un concerto de habaneras e voces tradicionais, que terá lugar en Mondoñedo o 16 de abril.
 
A A.S.D.R. Terras da Mariña, tras o éxito do recital organizado en San Cibrao o pasado 20 de febreiro, organiza de novo un evento musical de habaneras e voces tradicionais, neste caso en Mondoñedo. A cita será o 16 de abril ás 20:15 horas no Auditorio Pascual Veiga, e contarase coa actuación dos grupos Mar Aberto, de Foz, e Escolma de Meus, de Viveiro. A entrada terá unha colaboración de 2,50 euros.
 
É colaborador especial do acto o Concello de Mondoñedo, e patrocinan: Zoñán, Autos Morán, Almacenes Otero, Padornelo, A Taberna do Valeco, A Tasca, Hotel-Restaurante-Cafetería Montero, O Rincón de Mondoñedo, Peluquería Ana, A Cova, Pastelería Val de Brea, AgroMondoñedo, Sertek Auto, O Rei das Tartas e Tu Día de Algodón.
... leer más
20/02/2016
A Casa da Cultura de San Cibrao será escenario este sábado, 20 de febreiro, dun recital de habaneras, que organiza Terras da Mariña.
 
A A.S.D.R. Terras da Mariña organiza para este sábado, 20 de febreiro, no auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao un recital de habaneras, que contará coa actuación dos grupos Mar Aberto, de Foz, e Escolma de Meus, de Viveiro.
 
A entrada terá un prezo de 2,50 euros, e incluirá un 2×1 en consumicións na cervexaría-cafetaría Nordesía.
 
É colaborador especial do acto o Concello de Cervo, e patrocinan: O Forno de Pepe, Suministros San Ciprián, Floristería Pétalos, Carnicería Ben & Vior, Librería Cantigas, e Ferretería e Bazar Cándido, todos eles de San Cibrao; Establecimientos Rey (Xove), Restaurante Sierra (Vilar, Lago, Xove), Sitio (Burela) e DeportIbérica (Lalín).
... leer más
01/05/2015
En Barreiros se celebra este sábado, 2 de mayo, el III Festival de Habaneras, que organiza la Coral Polifónica barreirense.
 
El sábado, 2 de mayo, tendrá lugar en Barreiros el III Festival de Habaneras, que organiza la Coral Polifónica barreirense. Dará comienzo a las 20 horas en el centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme. 
Acompañan a la Coral anfitriona: la Coral Polifónica de San Félix de Lugones y el Coro Astur de Oviedo. Además de habaneras los asistentes escucharán otros géneros “que harán las delicias del público”. Al final del concierto se sorteará un fin de semana en un balneario.