Terras da Mariña organiza un concerto de habaneras e voces tradicionais, que terá lugar en Mondoñedo o 16 de abril.

Terras da Mariña organiza un concerto de habaneras e voces tradicionais, que terá lugar en Mondoñedo o 16 de abril.
 
A A.S.D.R. Terras da Mariña, tras o éxito do recital organizado en San Cibrao o pasado 20 de febreiro, organiza de novo un evento musical de habaneras e voces tradicionais, neste caso en Mondoñedo. A cita será o 16 de abril ás 20:15 horas no Auditorio Pascual Veiga, e contarase coa actuación dos grupos Mar Aberto, de Foz, e Escolma de Meus, de Viveiro. A entrada terá unha colaboración de 2,50 euros.
 
É colaborador especial do acto o Concello de Mondoñedo, e patrocinan: Zoñán, Autos Morán, Almacenes Otero, Padornelo, A Taberna do Valeco, A Tasca, Hotel-Restaurante-Cafetería Montero, O Rincón de Mondoñedo, Peluquería Ana, A Cova, Pastelería Val de Brea, AgroMondoñedo, Sertek Auto, O Rei das Tartas e Tu Día de Algodón.
 
Este recital forma parte dunha serie de eventos organizados por Terras da Mariña que se seguirán anunciando en próximas datas.