Redes

Etiquetas:
26/04/2021

Dio comienzo en Ribadeo el curso sobre venta online y redes sociales, organizado por Apaga. Desde ayer se celebrará todos los domingos por la tarde hasta el próximo 23 de mayo. Está siendo impartido por Andrea Lombardía y Silvia Martínez. Los destinatarios son el comercio local, las pymes y las microempresas. 

El presidente de Apaga, Álvaro Doural, señalaba hace unos días que “gozamos de tener unos productos de alta calidad y de dar unos servicios francamente formidables. Eso lo sabemos todos, pero muchas veces no se llega a la gente o no se sabe cómo llegar, y por eso al final se va a otro sistema de compra que resulta más fácil. Pienso que este tipo de cursos están abiertos a todo tipo de entidades, no sólo las que vendan algo sino para aquellas que quieran posicionarse en las redes para dar a conocer lo que están haciendo. Eso es...

leer más
Etiquetas:
09/04/2021

A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia organiza un curso presencial de redes sociais e venta online, que está destinado ao comercio local, pymes e microempresas que necesiten crear ou mellorar a súa imaxe na rede. Terá lugar en Ribadeo os domingos de catro a oito da tarde desde o 25 de abril ao 23 de maio. As doce prazas ofertadas xa están cubertas. Apaga prepara xa a segunda edición deste curso, que van impartir Andrea Lombardía e Silvia Martínez. 

Andrea Lombardía, deseñadora gráfica e web explicou que “o principal é que está enfocado a pequenos comerciantes para que intenten darlle visibilidade ao seu negocio mediante as redes e internet, é dicir, que si buscas un produto que aparezan os comercios porque moitas veces non aparecen. Se un busca, por exemplo, unha mercería que aparezan as que hai pola zona, que saian os...

leer más
Etiquetas:
08/10/2020

Mariña Patrimonio continúa co ciclo de conferencias online, que iniciou o pasado mes de maio, organizando con Miguel Losada, arqueólogo e antropólogo, unha nova charla titulada "O Enigma do Formigoso: Unha fortificación no Castelo Pequeno de Santigoso", que se poderá seguir na canle de Facebook de Mariña Patrimonio mañá, 9 de outubro, a partir das 19.30 horas. 

Desde a organización achegan un texto no que Miguel Losada introduce o tema: 
“Houbo alguén, non sabemos quen, que, non sabemos cando, deseñou, moveu e colocou non menos de 100.000 toneladas de materiais, áridos e pedras, para construír unha enorme estrutura arquitectónica dunhas 13 hectáreas, integrada por murallas, foxos, noiros e áreas de pedras fincadas visible inda hoxe dende quilómetros no cimo dunha montaña galega de case que 1300 msnm e tampouco sabemos o porqué....

leer más
Etiquetas:
29/05/2020

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, anima aos xoves de máis de 14 anos a participar no concurso Youtubeir@s 2020. Esta cita ten como obxectivo a creación de vídeos en galego e así aumentar a presenza da nosa cultura nas redes. 

A edil contou que “xa están publicadas as bases dos premios Youtubeir@s 2020, que teñen como finalidade animar á creación de vídeos en galego e así aumentar a presenza da nosa cultura nas redes. Esta convocatoria está aberta a todas as persoas maiores de 14 anos. Pódese participar cun so vídeo, con varios vídeos ou incluso cunha canle de calquera temática ou formato sempre que se promova unha mensaxe adecuada. A participación está aberta ao ámbito internacional e é de balde”.

Otero Cabarcos engadiu: “como dixemos cada participante pode inscribir tantos vídeos ou canles coma desexe e hai...

leer más
Etiquetas:
26/04/2020

O cuarto programa #cervoquedanacasa comezará mañá, luns, co xogo Efecto Dominó, a idea é que os participantes coloquen unha serie de pezas coas que consigan crear este efecto e que o compartan no facebook do Concello.

O mércores, 29 de abril, Recicla con botellas. Deixa voar a túa imaxinación utilizando botellas ou envases. O venres, 1 de maio, Disfrázate de cine. Caracterízate da túa personaxe de cine ou serie favorita. 

O luns, 4 de maio, Circuíto. Idea e constrúe un circuíto de obstáculos para que rode unha pelota. O 6 de maio Recicla con tubos. Deixa voar de novo a túa imaxinación utilizando o tubo sobrante do papel hixiénico. E o 8 de maio O Circo na casa. Caracterízate dalgunha personaxe do circo. 

Desde o Concello de Cervo lembran que se premiará a orixinalidade en todas as...

leer más
Etiquetas:
02/04/2020

O Concello de Foz acaba de convocar dous novos concursos on line: a segunda edición do de fotografía na casa e a terceira edición do de debuxo. Neste caso a temática é reducir, reutilizar e reciclar. O prazo para entregar os traballos comezou hoxe, xoves, e remata o día 14 deste mes ás 23:59 horas. Hai que envialos á dirección de correo electrónico concurso@concellodefoz.es.

O 15 de abril daranse a coñecer os gañadores e publicaranse as obras recibidas na páxina de facebook do Concello, onde xa están as bases dos dous certames.

No segundo concurso de fotografía na casa poden participar todas as persoas empadroadas no concello de Foz e hai tres categorías: infantil (ata 12 anos), xuvenil (de 13 a 18 anos) e adultos (maiores de 18 anos).  As fotos deben ser de dentro da...

leer más
Etiquetas:
01/04/2020

O Concello de Cervo, co obxectivo de tentar facerlle á veciñanza o máis levadías posible estas xornadas nas que todos temos que quedar na casa, puxo en marcha diferentes iniciativas lúdico-deportivas a través das redes, que tamén se poden desfrutar en familia.

Entre elas destacan os concursos de instagram e facebook, con diferentes propostas divertidas e que están a xerar gran interese, e tamén as rutinas deportivas que colgan regularmente na páxina de facebook que son impartidas polos monitores das Escolas Deportivas.

Desde o Concello sinalan: “aquí vos deixamos os enlaces a dúas das sesión que compartimos, e que todos poden facer desde as súas casas, porque pensamos que a exercicio é fundamental sempre, pero nestes tempos é imprescindible para poder manter a nosa mente e o noso corpo sans”.

... leer más