Tradicional

06/12/2023

Touporroutou Teatro, coa colaboración do Concello de Foz, organiza as segundas Xornadas de Recuperación da Memoria Gastronómica Tradicional Galega, denominadas Touporroucaldo, este venres, 8 de decembro, a partir das 13 horas.

O evento será na vila focega, concretamente está previsto que se desenvolva nos Calexóns da Viela e na Praza Pardo de Cela, aínda que en caso de mal tempo trasladaríase ao pavillón do colexio Martínez Otero.

O menú está composto por caldo, compango, pan, queixo con marmelo e viño ou auga. O prezo é de 10 euros.

Tamén haberá sesión vermú amenizada pola Touporroubanda.

Etiquetas:
16/10/2023

O vindeiro sábado, 21 de outubro, no auditorio da Casa da Cultura de Burela, terá lugar o concerto de Airiños da Freba como parte da programación da delegación municipal de Cultura.

Galardoados nos Premios Martín Códax da Música 2022, estes lucenses con máis dunha década de traxectoria farán vivir aos asistentes unha viaxe no tempo aos anos 30, 40 e 50 do século pasado, co seu repertorio orixinal inspirado na música dos conxuntos desa época. 

En discos como ‘O’ de Lacón’ (2017) e ‘Con grelos’ (2020) amosan a súa música 100% tradicional da provincia de Lugo, coa que farán bailar ao público ao tempo que reivindican o noso patrimonio etnomusical.

A billeteira abrirá ás 18:00 horas, e o concerto, apto para todos os públicos, comezará ás 19:00. O prezo da entrada será de 4 euros.

27/04/2022

O vindeiro domingo, 1 de maio, seguirá en Cervo o ciclo A Caixa de Música coas actuacións dos grupos Rebolaxe e Mistura. Será na Praza dos Campos, en San Ciprián, a partires das 12 do mediodía. 

26/09/2021

O colectivo Gaita Escola de Mondoñedo ofrece clases de música tradicional impartidas polo profesor Roberto Salas desde o 7 de outubro. Serán no local veciñal de Masma todos os xoves a partir das 19:30 horas.

Haberá aula infantil e de adultos para os seguintes instrumentos: gaita, percusión, pandeireta e canto, requinta, frauta traveseira, clarinete, guitarra e bodhram.

Os interesados poden contactar con Gaita Escola de Mondoñedo a través do teléfono 605.07.47.17 ou do correo gaitaescola@gmail.com.

 

17/08/2021

Este xoves, día 19 de agosto, ás 21:30 horas haberá un concerto na terraza da Casa da Cultura de O Vicedo a cargo de Acordeireta, un grupo formado por Patricia González e Alejandro Balbuena.

Coa música do acordeón e da pandeireta acompañados polas súas voces ofrecerán un concerto moi variado de música galega.

Para asistir a esta actuación a entrada é libre ata completar o aforo.

15/08/2019

A Asociación Cultural Ronqueta xunto co Concello organizan a terceira edición do Festival Tradicional de Ribadeo que se celebrará o vindeiro domingo, 18 de agosto, ás 20:00 horas no Cantón dos Moreno (en caso de inclemencias meteorolóxicas trasladarase ao Teatro de Ribadeo). 

Nesta ocasión os grupos participantes serán A. C. Santa Columba de Ribadelouro (Tui),  A. C. Peleriños (Sarria), Grupo Tradicional Marbadás (Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo) e os anfitrións Cuarteto Illa Pancha. 

Ás 19:45 horas as agrupacións farán un breve pasarrúas desde o Teatro ata o Cantón.

20/07/2018

Este domingo, día 22, celebrarase a segunda edición do Festival Tradicional de Ribadeo, que organizan a Asociación Cultural Ronqueta e o Concello ribadense coa colaboración da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo e o cuarteto tradicional Illa Pancha.

Será ás 20:00 horas no parque de San Francisco e actuarán os grupos da Asociación Cultural Abelladeira, de Ponferrada; da Agrupación Folclórica Mistura, de Lieiro-San Cibrao; e o grupo tradicional Marbadás, da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.

Antes do festival farán un pasarrúas desde o Teatro ata o parque de San Francisco.

 

17/07/2017

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, e o Concelleiro de Cultura de Ribadeo, Xosé Farruco Graña Rama, presentaron este luns nos xardíns do Pazo de San Marcos, o I Festival Tradicional de Ribadeo Seráns Musicais,que organiza a Asociación Cultural Ronqueta e que terá lugar o vindeiro 23 de xullo no parque de San Francisco, de dito municipio. O Goberno da Deputación financia integramente con 8.000 euros este certame musical.

García Porto destacou que “dende o Executivo Provincialcolaboramos con esta primeira edición do festival co obxectivo de impulsar a música e o baile tradicional galego, ao tempo que dinamizamos a economía e o turismo da Mariña, pois espérase que participen centos de persoas. Esta iniciativa enmárcase na aposta do Goberno da Deputación coa cultura na nosa provincia, pois achegamos gratuitamente a...

leer más