A segunda edición do Touporroucaldo celébrase en Foz este venres, 8 de decembro

Touporroutou Teatro, coa colaboración do Concello de Foz, organiza as segundas Xornadas de Recuperación da Memoria Gastronómica Tradicional Galega, denominadas Touporroucaldo, este venres, 8 de decembro, a partir das 13 horas.

O evento será na vila focega, concretamente está previsto que se desenvolva nos Calexóns da Viela e na Praza Pardo de Cela, aínda que en caso de mal tempo trasladaríase ao pavillón do colexio Martínez Otero.

O menú está composto por caldo, compango, pan, queixo con marmelo e viño ou auga. O prezo é de 10 euros.

Tamén haberá sesión vermú amenizada pola Touporroubanda.